Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Monday, 04 de December de 2006

A hora do adeus



Despois dun ano e medio comentando todo tipo de historias este blog remata aquí a súa actividade.
A verdade é que resulta algo triste sobre todo porque había moita ilusión cada vez que me poñía a escribir sobre calquera dos temas ou iniciativas audiovisuais que xurdían pola nosa terra, así como todas esas veces nas que decidimos levar a contraria a algunhas cousas que acontecían e que non nos parecían xustas.
O tempo deste espacio pasou, sobre todo polo cansancio, porque non se lle pode dedicar ó blog todo o tempo que precisaría, por incompatibilidades laborais, porque a páxina deixou de funcionar como debería e ás veces resultaba imposible desde escribir un post a contestar un comentario, porque o que en principio era un divertimento pasou a convertirse nunha especie de obriga e todo esto non aparecía no prospecto.
Con todo, quedan sensacións moi positivas como a de saber que un día se abriu este espazo e que foi lido por moita xente, que houbo quen estivo dacordo co que aquí dicíamos e quen non, pero que igual deixamos entrever algúns pareceres dos que se fala as agachadas pero non se dín públicamente.
Agracedecemos de todo corazón a Bitacorae o feito de ternos regalado este curruchiño de rede, igual que a Chuza, a Vieiros e a Redgalicia toda a axuda que nos prestaron para difundir as nosas opinión. Tamén queremos agradecerlla a Axencia Audiovisual Galega que nos considerara merecedores dun link nunha páxina institucional, o certo é que dá para pensar que algunha cousa teremos feito ben. E gracias tamén a tódolos que de cando en vez pasábades por aquí e que deixabades a vosa pegada nas estatísticas da páxina, eso era en realidade o que facía que escribir tivera sentido.
Por esa razón, e tamén porque se estamos moito tempo calados afogamos, a partires de agora comezaremos a colaborar con Cinemafriki onde poderemos saciar o apetito por comentar películas que foi o principal motivo para abir este blog.
De tódolos xeitos, igual co tempo non aturamos a idea de ser os únicos pseudointelectuais do planeta sen blog e abrimos un novo, quizais un A peli do día 2.0, quizais nada, quen sabe...

Pase o que pase ata entón, grazas (é a primeira vez que escribo esta palabra) a todos, moita sorte e...

ATA SEMPRE

Por: Fagot | Xeral | Comentarios (12) | Referencias (0)

Tuesday, 28 de November de 2006

A web da Axencia Galega do audiovisual xa é unha realidade.

A Axencia nace coa intención de apoiar e fortalecer o mundo audiovisual galego.

Información sobre os proxectos subvencionados, asesoramento ós profesionais, apoio as iniciativas de difusión do audiovisual galego. Estas, entre outras, son as funcións que vai realizar a recén creada Axencia Audiovisual Galega que hoxe presentaba a súa web.
Entre a grande cantidade de contidos que vai desde as novas recentes a unha base de datos na que se poden atopar unha gran parte dos profesionais que traballan no sector audiovisual, a páxina anuncia algunhas das actividades que vai apoiar a Consellería de Cultura no vindeiro ano.
Entre estas actividades destaca a rede de "Cinemas dixitais", unha iniciativa que pretende a difusión de material audiovisual galego en formato dixital por vilas e cidades galegas.
Así mesmo a páxina informa da convocatoria do Primeiro Premio Mari Luz Morales de ensaio sobre temas audiovisuais.
A páxina complétase cun apartdo de ligazóns no que, TACHÁN: APARECEMOS NÓS!!!!!

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (2) | Referencias (0)

Wednesday, 22 de November de 2006

A curtametraxe "Mártires" proxectarase en 3 cidades francesas

O programa Curt Fictions levara a curta a cines de Paris, Bordeaux e Lion.

A curtametraxe “Mártires”, dirixida por Xosé Zapata e producida por Ignacio Benedeti Cinema, foi premiada no certamen Curt Fictions organizado pola cadea de Cines “Yelmo Cineplex” no ano 2006. “Mártires” foi premiada xunto con outras oito curtametraxes que se proxectaron en dez cines de toda España, entre os que se atopan cines de Barcelona, Madrid, Xixón, Albacete, Sevilla, Vigo ou A Coruña. Este xoves 23 de Novembro a curtametraxe e o programa Curt Fiction serán presentados en París nun céntrico cine da capital francesa.

A curtametraxe “Mártires” está dirixida por Xosé Zapata é foi rodada enteiramente na Comarca da Coruña. Os interpretes son os actores Xabi Deive, David Lendoiro e Xaquín Domínguez. A historia centrase na traxedia que de maneira sistemática sufren mozos e mozas galegas nas estradas. Tres mozos beben e falan sobre os seus plans de futuro, sen saber, que un intre despois morreran nun accidente de tráfico. A película foi rodada en galego e en localizacións do Concello de Carral.
Outra curtametraxe producida por IB Cinema foi premiada en Curt Fiction, “Máxima Pena” dirixida polo catalán Juanjo Jimenez, polo que dúas curtametraxes das nove que poderan ser vistas nas cidades París, Burdeos e Lión son producidas por IB Cinema.
“Mártires” será proxectada nos cines de Francia en Versión Galega con subtítulos en francés, ademáis a curta conta coas colaboracións de novos grupos da música hip-hop cantada en galego coma “Presencia Cero” (de Cerceda) e “Dios Ke te Crew” (Ordes).

O programa completo de proxeccións é o seguinte:


- en París: 23 novembro 2006 as 16h30 e 19h00

Cine Le Latina

20 rue du Temple

75 004 PARIS


- en Burdeos: 28 de novembro de 2006 as 20h15

Cine Centre Jean Vigo

6 rue Franklin

33 000 BORDEAUX

- en Lion: 30 de novembro as 20h45

Cine Le Zola

117 Coyrs Emile Zola

69100 VILLEURBANNE

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (1) | Referencias (0)

Saturday, 18 de November de 2006

Warrior, el campeón de Cristo

O comentario número 100 dedicámolo ó autobombo.
(Non temos cartel asi que poño unha foto do Subcomediante Marcos)



Título Orixinal: Warrior, the Champion of Christ
Ano: 2004
Nacionalidade: Galiza, Arxentina, Senegal
Dirección: The Gilijordans & the new power generation
Guión: The Gilijordans, Fagot
Intérpretes: Ar-Rafra Gonçarra, To-Marro Karra-Mirrah. U-Terroh Lockarra, Bar-Rhaka Gonçarra, Al-Xim Sen, Txis-Toh Rha.
Producción: Broken Hearts & Yeah
Dirección Artística: Kwan U-Terroh
Efectos Visuais: Lurpia FX
Música: Kosinus, Koka Media, Rob Zombi (uncredited)
Son: Sharik
Montaxe: Fagot

Sinopse:
Fuco Paxariño, soldado republicano galego, é membro dun comando norteamericano destinado a desembarcar en Normandía. Por un erro do soldado Nixon, o comando de Fuco remata na Illa de Arousa onde descubren que os nazis teñen un laboratorio secreto para crear o arma definitiva que fará que a Segunda Guerra mundial se decante ó seu favor: Zombis. Fuco sairá con vida do Castelo dos zombis e exiliarase en Mar del Plata pero 50 anos despois os zombis regresan para secuestrar a Fuco e vengar a derrota na guerra. O fillo de Fuco, o Chef Vergara, instruído na cociña galega e as artes marciales arxentinas deberá revivir a historia que 50 anos antes lle tocara vivir ó seu pai para librar ó mundo dos zombis creados polos nazis.

Comentario:
Como se pode apreciar na sinopse, estamos ante un dos filmes máis polémicos que se fixeron nunca. É por esto que contou e segue a contar con enormes problemas de distribución. Realmente só quedan 5 copias en circulación, que están a ser buscadas polos servicios de intelixencia de varios países, así que poder ver o filme é francamente complicado. Ademais, en Id. Software plaxiaron o argumento deste filme no seu videoxogo "The Castle of Wolfenstein"`para a PS2 polo que fan todo o posible para que este filme non saia á luz, aínda que nos seguimos tendo a esperanza de que algún dos posuidores desas copias colgue o filme no YouTube.
Dicir tamén que o filme conta con dúas versións. A primeira foi a montaxe do director, versión extendida, de 2 horas de duración coa que os productores pretendían opter o certificado "Dogme 95". Sen embargo a escola danesa negoulles ese privilexio (probablemente por presións do goberno alemán) e os productores optaron por facer unha versión comercial, a montaxe do montador, que dura 40 minutos e inclúe algún plano que se tomou prestado dos filmes "Expertos en pinchazos", "Memories", "El Puño de la estrella del Norte" e "Hip Hop Hunnies" ademais do tema central do filme "Living dead girl" composto orixinariamente por Rob Zombie para este filme pero que debido ós problemas de distribución se viu obrigado a incluilo no seu album "Hellbilly Deluxe".
Fora do anécdotario, que hai para dar e tomar, xa que o filme rodouse en 1994 pero non puido ver a luz ata 2004 onde fixo a súa estrea oficial no autobús do Cangas Frigoríficos do Morrazo, hai que dicir que estamos ante un filme completamente perfecto.
Os Gilijordans son capaces de mesturar con mestría a estética bélica máis clásica, cunha coidadísima dirección artística, con planos propios dun "shooter" que fai que por momentos o espectador se sinta partícipe do filme en primeira persoa. Gran parte do éxito do filme é tamén debido ó elaboradísimo guión no que se mesturan dúas liñas temporais que interactúan entre sí atopando no presente os elementos necesarios para comprender o pasado e viceversa. Á par desto, a metalinguaxe cinematográfica empregada, na que se inclúe desde animación ata anuncios publicitarios convirte o filme nunha arriscada e singular aposta narrativa que atrapa ó espectador pola súa vistosidade e polo impredecible que resulta nalgunhas das súas secuencias.
O filme, pese a tratarse dunha fita de acción, non está exento de enormes cargas de profundidade como a concepción existencial da teoría do "eterno retorno" ou a visión do mercantilismo atroz encarnada na figura do Oráculo.
En canto á interpretación destacar o fantástico papel de Bar-Rhaka Gonçarra, interpretando a Catuxa. A xoven actriz carga de dramatismo as secuencias nas que aparece. Igualmente, e con licencia da soberbia interpretación de tódolos actores, cabe destacar a actuación de U-Terroh Lockarra (Fuco Paxariño) que desborda credibilidade nunha das secuencias máis duras do filme, na que a súa personaxe se somete á dura cámara de torturas dos nazis.
En resumidas contas, cinema do que xa non acostumamos a ver. Se algún lector consegue accedes a unha das 5 copias existentes, que teña en conta que se trata dun filme clandestino. Non o comente, simplemente míreo e disfrute este filme digno do noso comentario número 100.

Nota: 10

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)

Wednesday, 15 de November de 2006

O Cluster mira ó mercado internacional

Publicado en Galicia Hoxe

Con iniciativas de colaboración para "a posta en marcha de negocios en común" con Euscadi regresou onte a Galiza Antón Reixa, presidente do Clúster Audiovisual Galego, que participou como convidado en Bilbao nunha xornada na que se analizaron os retos de competitividade na industria audiovisual.
O acto, que tivo lugar no marco da celebración da Semana Europea da Calidade e reuniu un centenar de empresas e expertos de todo o estado no sector do audiovisual, constitúe "o primeiro encontro" entre ambas entidades. Segundo o realizador a Eiken Basque Audiovisual, que valorou "a actividade tan intensa que está a desenvolver o Clúster galego nos últimos meses", conta cunha actividade asociativa "menos desenvolvida ca nosa pero cunha tecnoloxía máis avanzada" explica.
Entre os obstáculos cos que estas entidades se atopan, Reixa sinala que "é a exportación e a internacionalización" dos produtos o principal problema, xa que "non podemos pensar en clave só para nós mesmos" e por iso é necesario "buscar fórmulas para achegarse ós mercados internacionais". En canto ó ámbito galego, o realizador e músico cre que xa "demostramos" a consolidación dun mercado que ten a "capacidade para construír produtos suficientes para o autoconsumo".
Durante a súa intervención en Bilbao o cineasta subliñou o labor que desenvolve a entidade en aspectos de I+D, xa que "as empresas galegas do Clúster son moi pequenas e non se poden permitir este servizo" e é a institución "a que asume esa función" como "unha iniciativa de responsabilidade social-corporativa".
Antón Reixa tamén quixo destacar o papel do proxecto de Responsabilidade Social e Corporativa (RSC), que ten por obxectivo "facilitar un maior e mellor coñecemento e sensibilización en materia de responsabilidade social" e ademais vai crear un Observatorio do Audiovisual Responsable que fará un seguimento dos comportamentos das empresas audiovisuais.
En cantos ós próximos proxectos, Reixa adiantou a celebración dun Taller de Comercialización de Guión no que participarán expertos europeos, latinoamericanos e españois e no que se seleccionarán "10 producións galegas" que "chegarán aos mellores circuítos de distribución". Tamén está prevista a sinatura dun convenio coa Fundación R para a creación dunha ofician de TVI para coordinar a televisión interactiva de Galicia.
Pero o Clúster galego non só recibe axudas públicas senón que tamén conta con capital privado cedido polas entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia co que se desenvolven as actividades do Clube de Producións do Clúster e do Clube de Ideas.

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009