Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

24 hours party people

Eu de maior quero ser como Winterbotton



Se escarvamos entre as rarezas do septimo arte atopamos que aínda hai directores en Europa que poden chegar ás 15 pelis sin pasar por Hollywood. Un deles é Michael Winterbotton. Despois de pasear o seu eclepticismo polas carteleiras con pelis que non se parecían nada unha a outra como "Wonderland" ou "El perdón", Winterbotton deu finalmente co seu estilo (aínda é xoven, anda polos 44) algo que poderíamos chamar documentais ficcionados, por poñerlle un nome. Nun mundo onde a concepción que ten o público do documental é animaliños, comidas e viaxes, e se non é así fanse documentais de animais pero con persoas (basta con mirar o apartado ó uso do Corte Inglés para ver o que se entende por documental), este director recupera a esencia das orixes do xénero ("Nanuk o esquimal" primeiro docu, foi ficcionado porque Flaherty perdeu as grabacións orixinais) para facer pelis con grandes doses de información real pero en clave de ficción. 24 hours podería ser un docu en toda regla aínda que este feito con actores (o prota Steve Coogan está sembrado). De feito, ó rematar de ver o filme rematas sabendo máis da movida de Manchester que da movida madrileña e eso que levan 20 anos machacándonos con ela tódolos nostálxicos da subcultura española. O arranque o filme é xenial, parte do primeiro concerto dos Sex Pistols, nese concerto non se chegaba ós 30 asistentes, e todos eles acabaron sendo músicos, representantes ou productores discográficos. Con este punto de partida contasenos a traxectoria de Tony Wilson, creador de Factory Records, discográfica responsable do nacemento de bandas como Joy Division ou New Order, e paralelamente a aventura que supuxo a revolución musical en Manchester nos anos 70. Como anécdota hai que contar que Morrisey se negou a ceder os dereitos dos Smiths para a película e o guionista Frank Cottrell Boyce tivo que suprimir a Morrisey como personaxe do filme (a saber como o retrataban). Axil, entretenida, divertida. En fin unha peli obrigada para tódolos melómanos modernos (e hai que joderse..., eu escoitando a Bassament jaxx mentres escribo esto).

Por Fagot

Nota Fagot: 9

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (4) | Referencias (0)

Comentarios

Nom sei se um 9 sera um tanto esaxerado ;-), mais quando a vin si que gostei dela, é muito. Alen de atopar a um direitor que nom conhecia, fixome passar um bo anaco e sobor de tudo, é umha achega imprescindibel pra ver que se cocinhaba na decada dos 80 no Reino Unido (mais interessante ca a ultravalorada "movida", concordo!). Escaralheime e moito cos Happy Mondays, vaia cuadrilha de tolos, mi madrinha...
Pra rematar, coido que o Winterbottom da umha lecçom do que é, ou deberia ser o cinema (alomenos pra min) cultura + espectaculo.

Beltram | 07-11-2005 14:11:17

Probablemente sexa esaxerado o 9 pero é polo aquel do corazonciño que me tira :)
De feito á hora de puntuar os filmes, eu fíxome no xornal e puntuan en función da cantidade de pasta que a promoción invirta nos medios. Ante eso prefiro a subxetividade absoluta.
Eu adoro a Winterbottom, creo que aporta moito ó cinema de hoxe. Eso de cultura + espectáculo en este filme está moi claro, eu catalogaríao casi como un falso documental xa que te acabas enterando de como era esa época e recibes unha cantidade de información tremenda. Ademáis toda esa información está ó servicio dunha historia moi ben contada.
E está moi ben, a parte, porque Winterbotton xa ten o seu público e soe ser moi fiel, polo que queda demostrado que hai moita xente que demanda ese tipo de contidos e non só os fogos de artificio que nos mandan de Hollywood.

Fagot | 07-11-2005 14:31:34

Non ás medias tintas. ¡Winterbotton mellor director vivo!

Probablemente seña unha esaxeración, pero ante a falla de coñecementos técnicos a algúns so nos queda a paixón. O fime do que estamos a falar deixoume absolutamente absorto, teno todo: ritmo, historia, interpretación, cultura (eu non sabía quenes eran a metade deles)...O deliverado engreísmo do prota encantoume. Penso que todos os que vimos este “documental” saímos soñando con estar en Manchester, senón no concerto dos Pistols, polo menos nun dos de Joy Division.

Eu si lle dou un 9, pero por eso de que o 10 sempre é máis prudente gardalo.

nhikinhakapu | 07-11-2005 16:47:27

Xa ás veces non sei se puntuo demasiado alto ou demasiado baixo. Ides ter que poñer vos notas ó final dos vosos comentarios e despois facemos unha media ;)

Fagot | 08-11-2005 01:34:20

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Premios oscar