Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 16 de Maio de 2005
Será verdade que Fraga tamén ten unha?

Hidden Agenda é o título orixinal. Ano 1990, dirección Ken Loach. Moitos críticos escribiron que se trataba da mellor pelicula deste buscador de dramas sociais. Non se sabe moi ben se por compromiso real ou por estratexia de mercado (Eu quédome con "Lloviendo piedras"). O caso é que esta peli foi toda unha patada ó goberno conservador británico heredeiro dos anos da Iron Maiden. Tendo en conta os feitos posteriores, Jerry Adams..., igual os sucesos que narra quedaron algo desfasados pero aínda así hai cousas que deben permanecer sempre na memoria. O caso é que tomando como exemplo o Ulster, o filme plantexa sen miramentos a existencia dun terrorismo de estado extensivo ós chamados "gobernos democráticos" (A frase do filme é "todos los gobiernos tienen una"). Desde un punto de vista político o filme resulta atrevido nos seus plantexamentos e desalentador se consideramos que a falta de libertade, ou que a coacción dos gobernos é algo que nos afecta a todos. Pero non nos enganemos, sen negar nin afirmar ningunha das sentencias da película, a ficción é ficción e así é como debe considerarse máis alá da suposta veracidade dos feitos que relate.
Como filme resulta entretido e é moi facil meterse nel. O nucleo central do mesmo está guiado por unha trama de espionaxe que engancha desde o primeiro momento. Está narrada coa crudeza habitual de Ken Loach, sen demasiados alardes técnicos, cunha linguaxe moi directa e sen caras coñecidas que enturbien a visión do espectador (aínda que fixo unha salvedade neste punto poñendo de protagonista a Frances McDormand que sempre aparece nas películas que menos te esperas). Para os detractores de Ken Loach dicir que, nesta ocasión, o ritmo é máis rápido que habitualmente, que eludiu as reflexións en voz alta doutros filmes, que non deixa tempo para filosofadas artificiais e que vai directo á acción. Por tanto, ainda sendo de Ken Loach pódea ver calquer espectador. Merece a pena.
Por Fagot
Nota Fagot: 6,9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)