Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

Cazafantasmas

Xa está aquí (como dicían os Resentidos). E seguimos coas carátulas alternativas.



Houbo un tempo no que o cine comercial, é dicir, o que pon a parir a crítica, era como este. Manda carallo. Ano 1984, título orixinal (por se alguén non o sabía) Ghostbusters, dirixe Ivan Reitman. O ano pasado celebrouse o 20 aniversario deste filme cunha edición especial en Dvd que vendeu como non podía ser doutra forma varios millóns de copias. O certo é que estamos a falar de un filme de culto e que segue a marabillar a tódolos públicos. Como dicía antes, hoxe o cine comercial é outra cousa, realmente nin sequera é cine, na maioría dos casos son fogos de artificio filmados, do que se deduce que intelectualmente estamos en decadencia (xa non a xente do cine, senón o propio espectador cando paga unha entrada). A evolución do cine de refrescos e chucherías ten o seu reflexo no propio director deste filme, Ivan Reitman. Por sorte para todos, esta peli colleuno na súa mellor época e dela sairon outros títulos como "Peligrosamente Juntos", "Los gemelos golpean dos veces" e "Cazafantasmas II", despois chegaron os 90 e o barco foi ó fondo cando fixo "Poli de guardería" (que non é das peores) e rematou pertenecendo ó caixón de directores de lixo con "Evolution" xa no 2001. De tódolos xeitos, non esquecemos que un día fixo algo grande.
Sobre o argumento non creo que sexa necesario dicir nada. O guión é de Harold Ramis (Egon, no filme) e de Dan Aykroyd (Stantz) que demostraron xa en múltiples ocasións que son uns mestres facendo este tipo de humor para tódolos públicos. O trío de showmans completabao Bill Murray cun personaxe algo pasado de revolucións pero que compensaba a seriedade dos seus compañeiros. E por se fora pouco reparto por aí andaban tamén Sigourney Weaver e Rick Moranis. A música fíxoa outro crack, Elmer Bernstein. E claro está que con estes mimbres o normal é que saia algo bo.
Volvina ver recentemente e penso que é un filme divertido, moi axil e bastante orixinal. Non me gusta o excesivo subtexto cristiano que presenta, de feito, unha pantasma debería estar máis alá de calquera concepción relixiosa, pero esto nun filme destinado ó público ianqui sería demasiado pedir incluso nos 80. Pero tampouco hai que poñerse demasiado quisquillosos, porque a verdade é que as tramas baseadas no soño americano soen enganchar (é un feito). E eso é Cazafantasmas, unha recreación fantástica do soño americano, a historia duns tipos que pasan da súa propia miseria persoal á heroicidade. O tempo puxo ó filme no seu sitio e queda claro que xa pasou á historia do celuloide. Sen medo a precipitarme afirmo que é probable que dentro de dez anos se faga un remake que o escaralle, estou seguro que os que lean esto chegarán a ver tamén ese momento.

Por Fagot

Nota Fagot: 6,8

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009