Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

El quimérico inquilino

Como hai que comezar por algunha, que polo menos sexa unha boa.



Dirixida por Roman Polanski no ano 1976. Os traductores, sempre tan ávidos de emocións fortes, cebáronse co título que orixinalmente era "Le Locatarie" e na versión inglesa foi traducida como "The Tenant". Non é das pelis máis coñecidas de Polanski pero non deixa de ser outra obra mestra de un director que pese a decaer a calidade dos seus ultimos filmes acumula na súa filmografía varias das mellores películas da historia. Este "inquilino" é un filme que pon en evidencia a ramplonería e estupidez coa que se tratan hoxe en día os tan de moda "thrillers psicolóxicos". Con sutileza, humor negro (ou humor a mala ostia neste caso) e gran sentido do suspense, Polanski é capaz de crear terror coas cousas ás que realmente máis tememos, a cotidianeidade. Sen necesidade de fantasmas nin de elementos paranormais, Polanski é capaz de mostrarnos o proceso da loucura provocada por todos eses pequenos conflictos que vivimos cada día, desde atopar piso a lidiar cos veciños da comunidade e recórdanos que en determinados momentos todos sufrimos de "manía persecutoria" (estexa ou non fundada, é aí a incógnita). Como xa é habitual nas pelis de Polanski o sexo xoga un papel importante, cando menos sempre é un dos referentes para a definición dos personaxes. Neste filme podenfacerse miles de lecturas simplemente desde o punto de vista sexual, desde o sexo como remedio contra a ansiedade, ata o travestismo como método de evasión (engadir que a actriz protagonista é Isabelle Adjani...).
Como referencia final dicir que na liña deste filme se fixeron anos despois pelis como "Delicatesen" ou "La Comunidad" (están ben) que tiveron un grande éxito de público, é unha pena que o éxito dos filmes dependa do marketing e non solamente da calidade :)

Por Fagot

Nota Fagot: 9,2

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (4) | Referencias (0)

Comentarios

Obrigado polo Blogo, Fagot, ese fato de pelis contan entre as minhas favoritas, como fan de Joy Division que son (24 hour party people). A do inquilino de Polanski é moi paveira. Creo que foi a primeira peli an que actuou como actor despois da masacre da familia Manson. Por certo, que te parece o seu "Macbeth" con Jon Finch e Francesca Annis?. Non é unha pasada?. É unha das milhores adaptacións de Shakespeare endexamáis feitas. Esa foi a súa primeira peli despois da masacre -como director-.

Bravú | 16-05-2005 01:48:34

Non vin Macbeth pero vouna buscar porque me fixeches picar a curiosidade. En canto ó da primeira peli despois da masacre non podo dicilo con certeza pero creo que non porque aparece en Chinatown en 1974 (cortalle o nariz a Jack Nicholson) e nalquel momento Sharon Tate xa debía estar morta.

Fagot | 16-05-2005 01:49:12

Matárona no 1969. "Rosemary's Baby" ou en castizo: "La semilla del diablo" foi rodada no 68, de maneira que Macbeth é a primeira peli que rodou despois da traxedia. E nótase. Ten unha atnmósfera incrível e escolheu a actores moi novos, case desconhecidos moi acertadamente, xa que na Idade Media os reis adoitaban ser case adolescentes. Non te perdas a escea de cando asaltan o castelo, ten sona de ser o máis gory feito endexamáis no cinema. Disque os técnicos estaban tan preocupados pola censura que lhe preguntaron a Polanski se non se fora a man un pouco e el espetoulhes: "Eu sei ben o que é a violencia. Vivína varias voltas". E os técnicos ficaron quedos.

Non sei se che gosta este tipo de material, pero eu vin xa case todo tocante a Shakespeare, e isto é "la creme de la creme", pra cagar por riba de Branagh dúas veces alomenos.

Eu vin a peli hai un meses na tele e pareceume tan boa que a tenho pensado mercar en DVD. Pra máis información podes botar unha olhada en :

http://www.imdb.com/title/tt0067372/

Non o perdas.

Bravú | 16-05-2005 01:50:09

Entedérate mal, pensei que falabas do inquilino como primeira peli na que aparece como actor despois da traxedia. De tódolos xeitos mirarei en imdb porque entre Rosemary e Chinatown Polanski rodou ademáis de Macbeth outro filme que se chamaba What? non sei se antes ou despois. En todo caso, referente a anécota as rodaxes de Polanski están cheas delas, por exemplo en Rosmary rodou un plano dun marco dunha porta e non chegaba a verse a Mia Farrow, tódolos técnicos pensaban que se volvera tolo, pero ó chegar ós cines para sorpresa de todos, os espectadores inclinábanse intentando ver que había na habitación e os técnicos decatáronse da xenialidade de Polanski.
No referente a Shakespeare non podo dicir que sexa un seguidor das adaptacións de feito Branagh non é un tipo que me interese, salvo en contadas ocasións. As mellores adaptacións que vin foron as de Welles, sobre todo "Campanadas a media noche", pero mirarei a de Polanski porque está feita na súa mellor época, defeito Chinatown é unha peli perfecta en todo.

Fagot | 16-05-2005 01:50:48

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Bolsa española