Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 16 de Maio de 2005
A natureza é unha puta a quen violar, o tempo un cantante afónico e a morte unha katana afiada..., o mundo nunca cambiará.

2004. Takashi Miike. Buff, aquí por onde se empeza? (Despois de un café e un pitillo de reflexión volvo) Este tipo drógase moito, esa é a principal conclusión. Aínda así vamos a intentar botar algo de luz sobre o filme. As interpretacións sobre a peli son innumerables aínda que revisando algúns medios de comunicación gran parte da crítica se decantou pola máis básica (algo inusual): Este filme é unha tomadura de pelo. Tendo en conta que se trata dunha peli persoal de Miike e que a cantidade de medios desplegados son innumerables, quero pensar que ninguén (salvo nos EE.UU.) se dedica a despilfarrar tal cantidade de cartos nun filme que o máis normal é que soporte unha única semana nos cines, por moitos frikis que existan dispostos a ter un dvd na súa casa (porque nun punto os filmes de Miike son xa como os cromos para algúns cineadictos).
Xa obxetivamente, "Izo" é unha relectura dun personaxe clásico da mitoloxía xaponesa: Izo Okada. Izo é o asasino máis brutal da chamada Era ou Período "Edo" en Xapón. Espliquemos esto para non perdernos. Esta etapa vai desde máis ou menos o 1600 ó 1870 e se caracteriza pola política de aislamento de Xapón con respecto ó resto do mundo. De feito tódolos grandes prexuizos e tamén os intereses que existen sobre Xapón proveñen deste período. A era Edo foi unha etapa endogámica cun enorme crecemento cultural e artístico e onde se cultivou o saber, e as ensinanzas samurais (lease paciencia, lealtade, xustiza...). De feito, Izo constitue en si mesmo un desafío ás férreas normas da cultura nipona. Como se dí neste filme, unha aberración, unha disfunción. A historia de Izo tamén foi levada ó cine en 1969 por Hideo Oza nun filme que se chamaba "Hitokiri" e que remata xustamente como comeza este, con Izo crucificado.
Creo que nesta breve retrospectiva se atopan as claves para entender este filme (aínda que cando se fala metafóricamente un sempre se pode equivocar). A partires de aquí podería falarse de duas lecturas, unha optimista e outra pesimista (e como eu son profundamente pesimista me vou quedar coa optimista), escollerei só unha delas para non escribir un testamento. Atendendo ós argumentos anteriores, Izo é a encarnación da loita contra o normativo. Unha figura metafórica que encarna os colectivos minoritarios, os que non está conformes co sistema, os que se revelan e que por moito que sexan combatidos polos intereses maioritarios e represores sempre van resurxir e sempre van estar presentes (algo que biograficamente ben se pode identificar con Miike). Por esto, as matanzas de Izo deben interpretarse como as pequenas loitas que teñen os marxinados contra unha maioría que os discrimina. Realmente todos somo Izo (os galegos máis) e o paso do tempo é unha sucesión de loitas pola supervivencia. A partires de aquí o filme constrúese a partires da enumeración de tódolas entidades que reprimen ó ser humano desde a relixión, pasando pola educación, ata as corporacións. E de aí ven a máxima da peli "matar de un en un é demasiado limpo" porque gañar unha pequena batalla contra quen che oprime non é gañar a guerra porque para eso o que se precisa é unha revolución e como tristemente sabemos unha revolución non é outra cousa que unha gran matanza colectiva. Esta é tamén a razón de que as victorias non fortalezan a Izo senón que o debiliten ata a morte. E de aí é de onde veñen as lecturas, a optimista de que sempre haberá alguén que continúe na loita, e a pesimista que é que o mundo, por moitas eras que pasen, nunca vai cambiar. O argumento complétase con unha grande lista de figuras simbólicas que sirven para reforzar a idea central, aparece a natureza, o amor, o tempo..., cada un ten o seu espacio, incluso a nación que é a ollos de Miike outra entidade superior e represora.
Interpretado todo esto, podería pensarse que se trata dun filme atractivo, pois non. Realmente resultoume reiterativo, redundante e nalgún momento tedioso. Non só porque me tiven que desfacer os miolos para saber de onde viña cada cousa (creo que eso é o mellor do filme, a necesidade de facer pensar), senón pola estructura repetitiva a modo de enumeración coa que está feita este filme. Creo sinceramente que lle sobra unha hora de película por non dicir hora e media e non me pega moito coa filmografía de Miike salvo pola gran cantidade de violencia que hai en cada plano. No seu favor só podo dicir que hai planos esteticamente preciosos que semellan postais. E me quedo co mensaxe exposto anteriormente a falta de outros alicientes e con algunha das máximas que se van soltando con contagotas durante a película.
Non é un filme que se poida recomendar, a non ser que se estexa moi desocupado, pero habendo tanto cine como hai merece a pena dedicar o tempo a outras cousas.
Por Fagot
Nota Fagot: 4,2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (1)
- Non sinto unha especial atracción polo xénero de terror. Agora ben, sí que tiña interese en ver cómo iba ser a experiencia de dirixir unha película de terror.
- É certo que para o terror non sirve a diferencia cultural ou relixiosa, aínda que a verdade é que a maior parte das películas xaponesas de terror actuais son meramente una caixa de sorpresas con efectos visuais e sonoros, polo que cualquer espectador pode disfrutar delas. Creo, de todos modos, que o terror xaponés é un tanto sombrío e produce una sensación moi peculiar na mente dos espectadores, como de pequena transgresión ou rebeldía frente ás grandes obras ou superproduccións que proveñen de outras cinematografías como a estadounidense.
- (Sobre Llamada Perdida) Penso que a televisión é o espello do público, incluido eu. É dicir que se pode dicir que é unha autocrítica.
- (Sobre Audition) Esto do ?Director Takashi Miike? é unha imaxe falsa creada polos espectadores. Agradezo que se me conceda una posición prestixiosa desde a que ás veces correspondo as suas expectativas e outras veces traicionoos. Pero, para mín que coñezo a miña propia capacidade, estou sorprendidísimo da película e da forza que teñen os espectadores, que convirten a nada en algo.
- Non creo que as miñas películas sean especialmente violentas. Sinto moito máis a violencia en aquelas películas onde os actores/actrices secundarios existen só para resaltar a figura atractiva do protagonista. Sen embargo, indistintamente da interpretación por parte dos espectadores, se eles disfrutan mirándoas doume por satisfeito.
- Unha obra fecunda non nace dun sistema determinado senon do impulso de querer facelo e, tamén, dun carácter irresponsable. Creo que a voluntade do home ten unha forza tal que puede facer voar polos aires o sentido común que hai no mundo do cine.
- Penso que tódolos directores, excepto eu mesmo, son mestres sen limitación algunha das películas.
Takashi Miike | 16-05-2005 01:45:59
URL para referencias o trackbacks
Star Wars: La venganza de los Sith | 2005-06-03 13:17:57
[...] http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2005/05/16/izo) logo, resultaban unhas personaxes incriblemente normativas, fieles ás súas propias leis e que baseaban a súa forma de actuar na paciencia, a serenidade e a ausencia de paixóns (esto f [...]