Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

La angustia del miedo

Retrato documental da mente dun psicópata.



Título Orixinal: Angst Fear
Ano: 1983
Nacionalidade: Austria, Alemania
Dirección: Gerald Kargl
Guión: Gerald Kargl, Zbigniew Rybczynski
Interpretes: Erwin Leder, Rudolf Götz, Silvia Rabenreither, Edith Rosset
Producción: Gerald Kargl
Fotografía: Zbigniew Rybczynski
Música: Klaus Schulze

Sinopse: Un home sae da cadea despois de catro anos tras matar a unha muller. Ó pouco de saír, as súas ansias de matar aparecen de novo.

Comentario:
(Lamento non ter a carátula) Filme ausríaco dirixido en 1983 por Gerald Kargl. Título orixinal Angst Fear, aínda que tamén a bautizaron como Schizophrenia (a verdade é que non sei por que). Esta é unha desas rarezas que rematan pasando desapercibidas e que con sorte poden aspirar a que as repoñan na tele por cable. Que eu saiba este é o único filme deste director, autor tamén do guión xunto con Zbigniew Rybczynski. A obra de Kargl está vinculada ó mundo publicitario fundamentalmente, e eso é algo que se deixa ver neste filme.
Como peli, Angst é unha cousa rara, feita con moi baixo presuposto, con estética cutrona, que trata de explicarnos os razonamentos dun psicópata. Rodada como si se tratase dun documental, o filme retrata o seguimento dun tipo (Interpretado por Erwin Leder) que sente placer con todo tipo de sadismo. Dito así semella un filme morboso pero non é tal. De feito trátase dunha obra máis que nada esperimental, narrada como si se tratase dun informe psiquiatrico, é que máis que contar unha historia pretende crear sensacións no espectador. En algún momento o filme é realmente angustioso e eso é o que pretende, así que se pode dicir que acerta en varias cousas.
Técnicamente é do máis cutre, está rodada con cámara ó ombro gran parte do tempo (aínda que usan unha grúa en algunha ocasión), hai planos que teñen un gran do tamaño das cascudas e se a emulsión chega ós 50 ASA en B/N sería moito porque hai momentos nos que só se distingue o negro, unha silueta, e un branco queimado ata o límite. A verdade é que nunca vin tantos planos queimados xuntos fora de TeleCoruña. Ademáis ten cousas que xa cheiran a ridículo como que Zbigniew Rybczynski (recordemos, o guionista) é tamén o cámara do filme, e que conste que non o fai mal porque hai que ter unha gran consitencia física para botarse a correr diante do protagonista nun plano secuencia de 3 minutos e que este non saia de cadro.
En fin, realmente non pasa de ser un filme de catro amiguetes que se reúnen para facer unha película, pero ten coña porque lles quedou bastante ben. O protagonista está moi ben retratado (só fala en off) ó igual que os síntomas que descubren ó psicótico, como a fobia social, os transtornos obsesivo compulsivos e a capacidade de raciocinio sempre presente pero con alteracións.
O filme puido verse en Cannes e no festival de cine fantástico de Bruxelas, chegou a estrearse nos EE.UU. e que eu saiba en España foi editada en vídeo. É un filme para quen lle gusten as curiosidades e as cousas raras.

Por Fagot

Nota Fagot: 4,9

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Balance do mes de Xaneiro do 2006 | 2006-02-01 20:12:37
[...] La angustia del miedo A verdade é que esto último todo unha sorpresa. Non agardaba que houbese tanta xente interesada neste filme. En fin, gracias polo voso tempo e seguídevos pasando por aquí :) Fagot. Por: Fagot | Xeral | Comen [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009