Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

La matanza de Texas

Aquí pasan cousas que non se contan..., os que máis rín son os que mellor o saben...



Título Orixinal: The Texas chainsaw massacre
Ano: 1974
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Tobe Hooper
Guión: Tobe Hooper, Kim Henkel
Interpretes: Marilyn Burns (Sally Hardesty), Allen Danziger (Jerry), Paul A. Partain (Franklin Hardesty), William Vail (Kirk), Terry McMinn (Pam), Edwin Neal (autoestopista), Jim Siedow (ancián), Gunnar Hanner (Leatherface), John Dugan (avó), John Larroquette (narrador)
Producción: Tobe Hooper, Lou Peraino
Producción Executiva: Jay Parsley
Fotografía: Tobe Hooper, Daniel Pearl
Dirección Artística: Robert A. Burns
Deseño de Producción: Robert A. Burns
Música: Tobe Hoope, Wayne Bell
Son: Ted Nicolaou, Paul Harrison
Montaxe: Larry Carroll, Sallye Richardson

Sinopse: Un grupo de xóvenes viaxa a Texas co fin de verificar se a tumba de seus pais foi profanada como outras tantas na zona. A súa estancia complícase cando se cruzan cunha familia de matarifes.

Comentario:
The Texas Chaisaw massacre. Ano 1974, dirixida por Tobe Hoper. Esta é unha desas pelis que todo o mundo sabe da súa existencia, que non todo o mundo veu, e que foi moi maltratada por incluirse nun xénero que perdeu actualmente as súas raíces literarias (Na literatura clásica o terror estaba vinculado a pensamentos políticos subxacentes) para convertirse en pasto deglutido por adolescentes descerebrados. Con este filme, co que debutaba Hoper, vaise a reinventar o xénero do terror con compoñentes esenciais para o terror posterior. Primeiro a concepción de psicokiller e segundo o monstruo cercano, o home, esa persoa que temos preto de nós e que pode ser causante dunha carnicería. A pena é que hoxe en día o filme pode ser coñecido por un remake burdo e insultante (ademáis das patéticas secuelas) que devalúa a que é unha das pelis de terror máis importantes da historia. Fora dos prexuizos trátase dun gran filme sobre todo gracias á solidez e verosimilitude do seu plantexamento. Afonda nas diferencias entre o entorno urbano e o rural e plantexa a imposibilidade de asumir por parte dos colectivos máis humildes certos avances tecnolóxicos.
Non podemos negar que sexa violenta pero, pese a súa brutalidade, a sangue que flue é a xusta e non cae nin no morbo fácil nin na gratuidade de litros de fluidos corporais como sí pasa en títulos de terror máis recentes. Aprobeita o medo escénico (como diría Valdano) non se sirve puramente do noxo que poidan darnos algunhas imaxes, de feito a dirección é excelente.
Con todo, o filme foi "recortado" e moito, ata o punto de desvirtuar bastante a personalidade de Leatherface, que pese a ser un tarado, tiña matices moi interesantes (Gunnar Hansen o actor que o interpretaba molestárase bastante con alguns cambios). A secuencia eliminada máis chamativa era unha na que Leatherface se preparaba para "almorzarse" a Sally xunto coa súa familia. Nesta secuencia o mastodonte este peinábase e maquillabase para comer. As conotacións homosexuais da secuencia eran máis que evidentes e ós productores faltoulles valor. De tódolos xeitos, na secuencia final do filme apreciase este cambio de look do asasino aínda que non acabamos de entender o porqué (a explicación era esa). Tamén hai que destacar a interpretación de Marilyn Burns (Sally) está soberbia. Hai que dicir que a secuencia máis "gore" da película (na que Sally escapa correndo de Leatherface) non tiña previsto ser tan sanguenta, pero a medida que rodaban planos a Marilyn se lle ían clavando ramas das árbores e unha gran parte do sangue rematou sendo de verdade (anécdotas coma estas ten unhas cantas).
Todo aquel que non a vira debería ver este filme, e quen a veu pódea volver ver que 70 minutos non son nada e é un filme que se debe reibindicar e eliminar tódolos complexos que hai sobre el :)

Por Fagot

Nota Fagot: 7,6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009