Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 16 de Maio de 2005
Láctaca plus para todos

Título Orixinal: Clockwork orange
Ano: 1971
Nacionalidade: Reino Unido
Dirección: Stanley Kubrick
Guión: Stanley Kubrick sobre a novela de Anthony Burgess
Interpretes: Malcolm McDowell, Patrick Magee, Michael Bates, Adrienne Corry, Warren Clarke, John Clive, Carl Duering, Paul Farrell, Clive Francis, Michael Gover, Miriam Karlin, James Marcus, Aubrey Morris, Geoffrey Quigley, Sheila Raynor, Madge Ryan, Philip Stone
Producción: Stanley Kubrick
Producción Executiva: Si Litvinoff, Max L. Raab
Fotografía: John Alcott
Dirección Artística: Russell Hagg, Peter Sheilds
Deseño de Producción: John Barry
Música: Wendy Carlos, Rachel Elkind, Beethoven
Son: John Jordan, Brian Blamey
Montaxe: Bill Butler
Sinopse: Alex é un xoven hiperagresivo con duas paixóns: a ultraviolencia e Beethoven. Ó frente da súa banda, os drugos, os xóvenes descargan os seus instintos máis violentos pegando, violando e aterrorizando á poboación.
Comentario:
Por onde se comeza? ou que máis se pode engadir? Pois para variar comezaremos polo título Clockwork orange, ano 1971, dirixe un dos profesionais como os que xa non quedan Stanley Kubrick e está basada na novela homónima de Anthony Burgess. Foi nominada a 4 Oscars no 71 (mellor filme, montaxe, dirección e guión adaptado) dos cales non gañou ningún e nin sequera foi nominada á mellor interpretación masculina, dirección artística, nin son (que debería). En todo caso e falando (por esta vez) en favor dos académicos de Hollywood, dicir que foi unha cerimonia dun gran nivel na que aparecían títulos como "El violinista en el tejado" ou "The Last picture Show" pero que acabou arrasando "The French Connection" (Case nada).
Pero vamos ó tema. Estamos ante unha película perfecta. Non deixa nada ó azar, todo está perfectamente complementado, non ten fallos. É, en tódolos sentidos, unha obra de arte. Non sei se existe algún cinéfilo que non a vira, pero por se acaso póñoos a todos en situación. Nun entorno futurista, Alex (Malcom McDowell) e os seus "drugos" ("Camaradas") pasan os seus días bebendo, roubando, violando e apaleando xente, podería decirse que son a maldade personificada. Alex remata na cadea pero para librarse da condena acepta someterse a un plan de "reeducación". O que ven despois é meterse nas profundidades filosóficas do ser humano. O filme está cargado de preguntas trascendentais como a obrigada elección entre libertade ou igualdade, a posibilidade da vulneración da propia conducta humana, ou cal é o papel que xoga o libre albedrío na nosa existencia. Aínda que como pasa moitas veces tamén se pode ver o filme dun xeito frívolo e facer lecturas do tipo: "Una panda de macarrillas neno que van dando de ostias a la peña y despues pillan a uno y se caga neno..." (Eu esto escoiteino).
Por outra banda e xa fora do argumento, este pudo ser o mellor quión adaptado da historia, pero foi o propio Kubrick o que o impideu. De feito, colleu o libro, e como sempre (é o que ten ser artista) fixo o que lle deu a gana. A historia adaptase ó libro con bastante fidelidade ata chegar á parte final, na que Kubrick cambiou o sentido e a intención da novela de Burgess ata o extremo de expoñer as conclusións opostas. Pero esto é puramente anecdótico porque tanto o filme como a novela son obras grandiosas. De feito está moi ben ler o libro (que a ninguén lle dea pereza que non chega ás 150 páxinas) para ver con que opinión sobre a natureza humana nos quedamos coa de Burgess ou coa de Kubrick (pese a ser un dos meus filmes favoritos eu subscribo o epílogo de Burgess). Por poñer una nota sobre o escritor británico, dicir que na súa época foi un dos filólogos máis importantes do mundo, que nesta obra recupera o espíritu futurista de outros autores como Huxley ou Orwell, pero a súa condición de filólogo vai facer que vaia máis alá e que recree o futuro cunha nova lingua creada a partires do inglés e do ruso (era comunista convencido) que non se limita á mestura de palabras de ambos idiomas senón que parte das reaíces etimolóxicas dos termos para crear palabras novas. Este feito é toda unha constante na súa escasa obra literaria na que ademáis de "Clockwork orange" destaca por riba do resto outra novela algo máis extensa que se chamaba "Enderby inside".
Resumindo: filme imprescindible que é necesario ver máis de dúas veces. Títulos coma este son os que fan que o cine se chame "Séptimo arte".
Por Fagot
Nota Fagot: 9,5
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
Eu opino que o "capítulo extra" que inclue o libro de Burguess (que dise que Kubrick non o lera ata despois de facer o filme) ven a ser unha conclusión que explica todo o libro, Kubrick apelando a intelixencia do espectador non explica nada.
Por certo, no ano que a película foi nominada a gañadora non fora My fair Lady (o que engadiría máis forzas ás teses de que foi unha das galas máis disputadas)?
Sabía vostede que a obra de Anthony Burguess ten trazos autobiográficos?
TeRMi | 28-08-2006 06:28:05
O dos trazos autobiográficos na obra de Burguess escoiteino pero non sei ata que punto é verdade e ata que punto é lenda urbana. O que si é está plenamente constatado é que Burguess como bo lingüista se sentía moi atraído pola etimoloxía e a evolución da linguaxe e consideraba que as linguas se acabarían fusionando. Esto está moi presente na obra onde mestura o inglés e o ruso por pentencer ás grandes potencias e algunhas raices latinas.
En canto á pelicula gañadora do Oscar, non foi "My fair Lady" pero gracias polo apuntamento porque metín a pata nesa información xa que "Clockwork orange" non participou nos Oscar de 1972 senón nos Oscar de 1971. (En breve correxirei o post) A pelicula gañadora dese ano, na que competía esta, foi "The French Connection", outro peliculón.
E con respecto ó que apuntaba vostede o último capítulo da novela non estou dacordo. Non funciona como unha explicación senón como un xiro total da mensaxe da obra. SPOILER (imos destripar un final) No último episodio da novela, Alex ten unha nova banda e atópase con un dos que foran os seus Drugos. O exdrugo está cunha rapaza nunha cafetería actuando de maneira formal e no momento do reencontro Alex comeza a replantexarse a súa situación actual. Este último episodio serve para falar do proceso de socialización e a influencia que ten sobre as persoas e para reafirmar a tese de que non ten sentido intentar anular o libre albedrío porque é o propio entorno e o proceso de socialización o que vai ter unha influencia decisiva sobre el. SPOILER.
É probable que Kubrick non lese este capítulo pero o certo é que fai que mude completamente o significado da obra.
Fagot | 28-08-2006 17:12:23