Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

Samaritan Girl

Aire fresco para o cine de autor ou orientales trallados?



Titulo orixinal: "Samaria". Cun pouco de sorte aínda se pode ver nos cines, aínda que se trata dunha peli do 2004. Dirixe Kim Ki-Duk que con só catro películas se fixo con un público fiel en todo o mundo. En Samaritan Girl, mantense fiel ó seu estilo, historia intimista co sexo como elemento conflictivo. De feito varias constantes nas pelis deste director, a primeira son as maniobras suicidas (pensando no público) como que de repente cambie o argumento da película, (cousa que pasa en Samaritan Girl), que os protagonistas non falen (Hierro-3), ou que as mulleres sexan vistas como obxetos sexuais (Seom). Moi pouca xente ten as narices de plantexar os filmes como fai Kim Ki-Duk, cun estilo moi marcado e sen concesións de cara o espectador que en moitos casos pode aborrecer as súas pelis. A outra constante é o sexo. Kim Ki-Duk aprobeita tódolos tabúes sexuales existentes para incomodar tanto ás súas personaxes como ó propio espectador, e aprobeita o desasosego producido por estes tabúes para introducirnos en verdadeiras historias de amor complexas e profundas e que non teñen porque ser de parella. En "Samaritan Girl" hai duas grandes historias de amor, a primeira é de dúas amigas que queren fuxir a Europa, unha prostitúese e a outra busca clientes, cando a que se prostituía morre, a súa amiga dedícase a deitarse cos clientes da súa amiga para devolverlle os cartos. A outra é a dun pai e a súa filla (e non conto máis porque se non vou ser como Raquel Revuelta destripando os filmes).
Como punto negativo hai que dicir que é fácil perderse. Chega un momento no que non sabes de que vai a peli, esto seguramente é debido a que estamos pervertidos pola visión occidental das cousas e os koreanos seguen a ser "tipos raros". É unha peli para cinéfilos.

Por Fagot

Nota Fagot: 7,6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (1)

Comentarios

Non sei, persoalmente non me parece do máis interesante do director.
Malia se me facer demasiado lento e contemplativo, entendo o valor poético e reflexivo de “Primavera, verán, outono, inverno…”, onde se poden atopar detalles deslumbrantes. “Ferro 3” é unha pequena obra mestra, cunha historia absolutamnte innovadora contada con moito talento na que non se nota a ausencia de diálogo, típica no cine desta procedencia e ás veces tan dificil de soportar para nós os occidentais…

Pero neste caso, creo que o filme adoece de varias eivas que non lle permiten ir máis alá do exercicio curioso. En xeral resultan artificiais os diálogos, a historia e pouco crible cunhas persoaxes mal definidas. Tampouco sigo o ritmo da narración, dame a impresión de ir a chimpos, de que moitas esceas non aportan nada ou, ou que é peor, que faltan outras que axuden a ubicar e aclara-las existentes.

Non penso que todo esto se poida xustificar na singularidade da procedencia asiática. Aínda que descartemos por occidentalizado o traballo de autores como Kurosawa, Kar Way, Yimou ou Mira Nair (??), temos referencias anteriores como Mizoguchi ou Satyahit Ray, impolutos, nos que as persoaxes teñen lóxica, os diálogos son perfectamente entendibles dende calquer perspectiva incluso occidental, as historias (gloriosa “O intendente Sansho”) encaixan...

En resumo eu non o pasaría dun aprobado raspado.

nhikinhakapu | 07-11-2005 17:06:03

Uf nhikinhakapu, entre tanta referencia deixasme un pouco sen saber por onde comezar. Vou seguir a túa propia orde:
Non me parece o filme máis interesante de Kim Ki Duk, fáltame por ver "Primavera...", pero eu quédome con "Ferro-3" (Sen dúbida). Comentei esta porque a acababa de ver.
Con respecto ó tema das presoaxes... creo que si se pode discutir esas "eivas". De entrada trátase dun filme arriscadísimo desde o punto de vista do guión. Na metade do filme e sen previo aviso cámbiasenos o punto de vista e o protagonista pasa a ser o pai da rapaza. Esto é algo que ocurría en "Psicosis" pero dun xeito real e marcado, cando o vemos en "Samaria" tardamos en detectar o cambio. Esto produce certo desconcerto pero porque o tema do filme remata sendo o amor "pai-filla".
O ritmo si que pode chegar a ser cansino e eu si que creo que a visión occidental nos pode chegar a influir neste punto. En canto a ritmo hai filmes de Mizoguchi, de Ozu, algúns de Kurosawa que tamén parecen ir algo a tiróns. Por exemplo en "Vivir" de Kurosawa podes pasarte unha hora de película na que semella que non te moves.
E é verdade que as personaxes non reaccionan de forma lóxica, pero me da a impresión que nos filmes deste home a lóxica pasa por outro lado. Non son lóxicas as actitudes en Seom, nin en Ferro-3, tampouco nesta, pero dalgunha forma encaixan.
En todo caso entono o mea culpa no de atribuir a falta de entendemento á visión occidental, nese punto creo que me rebaixei a un argumento moi simplista.

Fagot | 07-11-2005 23:39:12

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Sen recuperarnos de Berlín chega Fantasporto 2006 | 2006-02-23 11:06:11
[...] Samaritan Girl". Tamén terá, curiosamente, o seu espacio nesta semana o director español Carlos Bempar que ven de gañar o Goya co seu documental "Cineastas contra magnates" filme que será proxectado no Fantasporto xunto con "Cineastas en Ac [...