Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 16 de Maio de 2005

Visitor Q

Algunha vez che deron un golpe na cabeza?



Orixinalmente "Bizita Q". E como anuncia a frase do filme, máis que un golpe, un machadazo na fronte de quen se atreva a vela. Ano 2001, dirixe o chamado grande promesa do cine xaponés Takashi Miike ("Audition") ó que lle debe facer moita gracia que lle colguen estes títulos honoríficos e de cando en vez se dedica a "apuñalar" ós críticos e ó espectador con filmes que non saben moi ben como dixerir. Como non podía ser doutra forma a peli non chegou a estrenarse en cines, pasou por varios festivais nos que alucinou os asistentes, pero aínda estamos a esperar unha distribuidora con narices que a plante nunha sala. Afortunadamente o mercado do dvd fai que aínda que sexa complicado, se poida atopar. O certo é que este filme pode considerarse como un compendio de todo o cine de Miike que é a mestura perfecta entre o autor e o currante industrial, con pouca vergonza, con estética cutre, cos horrores e coas perversións que o caracterizan.
Pero vaiamos ó tema. Visitor é a imaxe dunha familia de esperpentos levados ó extremo da esaxeración (unha cuarentona ionqui, un pederasta sadomasoquista, unha adolescente puta, un crio psicópata e un visitante que mete pandullazos na cabeza dos seus anfitrións). Visto asi semella un psiquiatrico pero non van por aí os tiros. De feito si se fai unha lectura profunda (que neste filme se poden facer miles e de tódalas cores) é un ensaio sobre os conflictos xeneracionais e da incomunicación familiar. Realmente o que se esconde detrás de toda a espiral de violencia son as profundas diferencias que existen na sociedade xaponesa entre os adolescentes e os seus propios pais, os efectos da globalización, a influencia da evolución tecnolóxica, e a desinivición dunha sociedade que pecou de represiva e tradicionalista durante moitas décadas.
Hai que destacar ós actores, que descoñezo se son famosos en Xapón pero desde logo son moi bos tanto Kenichi Endo (pai) como Shunguiko Uchida (nai, maravillosa interpretación) como Kazushi Watanabe (visitante, a este si que o vin varias veces noutros filmes).
Sarcástica, metafórica, ultraviolenta, incomprensible, demoledora non é un filme para estómagos sensibles. Queda dito para quen lle interese.

Por Fagot

Nota Fagot: 8,3

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009