Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 17 de Maio de 2005
E posible a existencia dunha industria audiovisual galega en galego?
Con motivo do día das letras galegas, abrimos hoxe o debate sobre se é posible ou é toda unha utopía que exista un audiovisual puramente en galego e non unha extensión do audiovisual español, eso sí rodado en Galicia.
Os datos reais din que a producción audiovisual galega vai en aumento, sen embargo os títulos de filmes rodados en galego son case inexistentes. Cada ano se xustifican as subvencións otorgadas a filmes rodados en Galicia con dobraxes ó galego e non con rodaxes. Tendo en conta esto, existe realmente o cine galego?
Emprázovos a todos a que dedes a vosa opinión. (Ademáis teremos novedades de opinións vertidas noutros foros onde este tema tamén foi obxeto de debate) :)
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (17) | Referencias (0)
?l nuevo presidente de Agapi aceptó una entrevista con La Voz que, por su apretada agenda, tuvo que realizarse mediante un cuestionario escrito. Javier Valiño, quien también dirige Aldea Films y quien se define como «una pieza más» del «engranaje perfecto» de la asociación, añadió y contestó las preguntas que consideró necesarias.
-Se autocalifican de «independientes», ¿qué significa esa etiqueta.
-No tener acuerdos estables con un canal de televisión es sinónimo de independiente, obliga al productor a buscar acuerdos económicos y de contenidos para colocar los producto en el mercado. Detrás de esta etiqueta se esconde un modelo de negocio que investiga nuevas tendencias audiovisuales, nuevos acuerdos y nuevas fórmulas para entretener al público.
-¿Cuánto tiempo y qué hace falta para que se consolide el audiovisual gallego?
-No es bueno hablar de cultura en términos económicos. Nuestro mayor potencial es que sabemos contar historias. Trasladamos la cultura gallega al resto del mundo, por eso es posible vernos en cualquiera de los principales mercados audiovisuales: Cannes, Los Angeles, Hong Kong¿
-¿Está Galicia en condiciones de competir en el mercado internacional?
-Julio Fernández, de Filmax, es uno de los pocos productores europeos que estrena sus películas en un mercado tan cerrado como el norteamericano. Vía Láctea presenta su última película en Nueva York. Continental vende sus producciones internacionalmente. Aldea Films produce todos sus largometrajes en Latinoamérica con equipo técnico y artístico gallegos. Dygra despunta en el mercado de la animación mundial. Vaca Films coproduce con Francia e Italia. Estas son nuestras credenciales.
-¿Qué ventajas ofrece Galicia?
-Los empresarios vienen a Galicia buscando: primero, un productor capaz de implicarse en el proyecto; segundo unos técnicos y unos actores de primer nivel, y tercero, escenarios naturales únicos.
-¿Por qué las inversoras fomentan este sector?
-Cuando Rosalía Mera decide invertir en productoras gallegas, cuando Caixa Galicia y Caixanova deciden invertir en producciones gallegas, cuando entidades como XesGalicia o Afigal apoyan el audiovisual gallego, es porque nos consideran un sector estratégico.
-¿Es acertada la política de ayudas públicas al sector?
-Soy empresario, eso implica que las ayudas nunca son suficientes, aunque es innegable que en los últimos años ha habido un importante incremento del apoyo por parte de las consellerías de Cultura e Industria, que ha permitido acelerar el fortalecimiento de las productoras. Agapi está a punto de firmar un convenio para enviar a tres gestores a Miami, Bruselas y Hong Kong durante un año. El propósito del proyecto, denominado Antena , es conocer las tendencias de esos mercados y trazar un puente hasta las empresas audiovisuales de esas zonas. Antena , sin el apoyo de la Administración, sería inviable.
- ¿Está Galicia en disposición de formar a trabajadores especializados?
-Galicia lleva años formando a los mejores profesionales. En cualquier producción que se rueda hoy en España hay técnicos y artistas gallegos, y eso no es por casualidad.
-¿Qué es lo que define el origen gallego de un producto audiovisual?
-Permítame que le responda con un ejemplo: una productora gallega ha rodado su última película en Chile, el director es chileno, parte de los actores son chilenos y las localizaciones lógicamente son chilenas. Pero, el guión se escribió en A Coruña, el montaje se hizo en A Coruña, los efectos digitales se hicieron en A Coruña, el etalonaje y conformado se hizo en La Coruña y el productor ejecutivo vive y trabaja en A Coruña. ?¿Esta película es gallega o chilena?
-¿Qué retos plantea la televisión digital terrestre?
-Humildemente, no lo sé. Estamos inmersos en un proceso de renovación tecnológica y es difícil definir hasta dónde va a llegar. La única certeza es que el modelo de televisión actual tiene los días contados. Tendremos que adaptarnos a los nuevos medios para ofrecer productos renovados y de mayor calidad.
-¿Qué productos se demandarán en el futuro?
-Si supiera responder a esta pregunta nadaría en dinero. El público es lo más impredecible que existe, no sólo en la televisión: próximamente tendremos unas elecciones sobre las que nadie se atreve a pronosticar un resultado. La demanda de productos audiovisuales dependerá de infinidad de factores imposibles de prever.
-Se identifica a los productos de consumo masivo con menores niveles de calidad que los minoritarios o independientes, ¿por cuáles debe apostar Galicia?
-Más ejemplos: As leis de Celavella o Libro de familia . Ambas son series de época que se emiten en la TVG con niveles de calidad muy elevados y que reciben el respaldo de la audiencia. Aparentemente no son productos de consumo masivo, porque no era lo que los espectadores estaban acostumbrados a consumir. Son apuestas que además representan una seria competencia para las series de emisión nacional. Espero que este ejemplo sea ilustrativo de que en Galicia los productores sabemos elaborar contenidos masivos al más alto nivel de calidad y desde una producción independiente.
-¿Se llevan bien los productores gallegos?
-Como en cualquier sector hay de todo. Nos movemos en un ambiente muy competitivo. ?Pero, si la inmensa mayoría no nos llevásemos bien, sería muy difícil alcanzar los niveles de producción actuales.
O novo presi de AGAPI | 19-05-2005 12:47:09
Son sei se ten gracia ou se é profundamente triste. Agora ser independente resulta que é non ter acordos coas televisións eu pensara que era non ter acordos co goberno, pero igual a dose de cinismo que habería que ter para dicir eso sería bastante grande.
Por outra banda pensar que os criterios de calidade teñen como referencia a "As leis de Celavella" e "Libro de Familia" xa é bastante significativo. Que por certo, estes sí que son productos galegos.
Aínda que o máis delirante é dicir que un filme rodado en Chile, con actores e director chileno é galego, pois non é chileno, aínda que se monte aquí e se lle pague a electricidade a Fenosa.
Fagot | 19-05-2005 13:01:18
Moi ben apreciado que existe un severo problema cando as nosas consideracións de calidade pasan por referirse a productos como "As leis de Celavella" e "Libro de familia". Que sen ser repugnantes, non se permiten a si mesmos ser bos. O maior problema do audiovisual galego son os productores. As súa percepción do que a audiencia quere ignora que os espectadores non ven dificultade en seguir e gostar de productos como "The Sopranos", "Two feet under", "Will & Grace", " The west wing" por dicir só algúns. Pero eles non se enteran. Nada de producir para a TVG cousas que se saian dos rexistros habituais(esa percepción do que é "popular" dá noxo). E poderían, porque a TVG ten que mercarlle a alguén (e todos sabemos quen son eses alguéns con cota garantida).Hai profesionais moi capaces de facer cousas boas en todos os ámbitos. Falta un productor intelixente (unha contradicción nos seus termos? Non, algún hai) que se poña á tarefa, esquecendo os referentes galegos e tomando outros da televisión internacional. Deberían ser castigados a ver todas as series inglesas, francesas e americanas, por exemplo, dos últimos cinco anos, a ver se aprendían algo.
Nilde | 25-05-2005 13:37:02
Supoño Nilde que todo é un circulo vicioso no que se culpas ós productores estes lle pasarán a pelota á TVG e viceversa. O que está claro é que desde a producción de televisión se arrisca moi pouco por non perder a cuota de pantalla que teñen asignada algunhas productoras. Ás productoras que intentan innovar son as pequenas e son pisadas literalmente pola súa falta de medios. Por outra banda a TVG se dedica a explotar os productos que ten e a destruilos con malas promocións, a veces inexistentes, horarios cambiados semanalmente e moi pouco coidado nas parrillas. A ver que nos depara a TDT...
Por outra banda, xa non so é cousa de producción (aínda que destes maís) pero polo xeral hai moito que se fai chamar profesional do audiovisual ó que lle fan falla moitas horas de visionado. En Galicia prodúcense cousas cos medios do século XXI pero coa mentalidade de finais do XIX e así vai a calidade.
E xa que se mencionaron productos como "As Leis de Celavella" e "Libro de familia" tamén hai que recordar que son posibles gracias a que se fan cun orzamento ridículo comparado ó de calquer outro canle e que son posibles gracias a que hai uns 70 técnicos por serie que aceptan cobrar menos do que cobrarían por facer o mesmo traballo nunha serie española.
Fagot | 31-05-2005 17:42:04
"Bravo por Reixa"
Extraido de Xornal.Com (28 de enero de 2005)
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050128114...
"O que fora no seu día líder dos Resentidos e o seu equipo de Filmanova teñen posto enrriba da mesa moitas e enriquecedoras aportacións ó audiovisual nacional dende este recuncho do Finisterre. A súa participación en moitos proxectos de éxito conqueriu que se fixeran cun oco no panorama cinéfilo español. Nos últimos días un filme coproducido por Filmanova Invest, 'Beba e Dora', ven de acadar éxito no festival de Sundance. Así e todo Mar Adentro estase a leva-la palma no capítulo de parabéns se a comparamos con outras aventuras de Filmanova. A boa nova que nos leva a falar desta volta do filme é que os productores da película, entre dos que se conta Filmanova Invest e a TVG, veñen de decidir incluir no DVD da película a versión en galego da cinta. Unha promoción do idioma que sen dúbida será un regalo para os afeccionados ó cinema que empregen esta língua. Á opción de poder visiona-lo DVD en galego se une ó feito de que parte dos diálogos da versión orixinal xa foran rodados na língua de Rosalía. Bravo por Reixa. Os seus proxectos contribúen ó prestixio da industria audiovisual galega, e seu apoio á lingua nai espalla a nosa cultura. Así pois, merece que o coloquemos subindo no noso ascensor".
*¿Pero realmente danse de conta do que estan a facer? ¿Alguen pensa que doblar ó galego “Mar Adentro” é “unha promoción do idioma que sen dúbida será un regalo para os afeccionados ó cinema que empregen esta língua”? ¡Si a grandeza desta obra e tratar ó noso idioma en igualdade de condicións co resto que aparece no filme (castelán e catalán) ¿non se dan conta de que ó doblar o filme, ademais, escarallan a metade da labor interpretativa dos actores? ¿a quen carallo se lle ocurriu esto? ¿toleamos, ou?
Visita http://audiovisualgalego.com/
Publicado no Foro de Vieiros
CVWA | 31-05-2005 17:47:38
MANIFESTO DO CINE GALEGO EN GALEGO
Asinamos o presente documento profesionais de diferentes ámbitos do Sector Audiovisual Galego, pero tamén artistas, autores e profesionais doutros sectores relacionados con este. A todos nos une a implicación e o compromiso co desenvolvemento dun sistema audiovisual propio.
Consideramos que o audiovisual galego, para gozar de madurez na súa articulación industrial e expresar desde a diversidade e pluralmente a riqueza creativa da nosa cultura viva, ten que desenvolverse autonomamente. Cos apoios necesarios, pero sen que os grupos partidarios nin de interese económico marquen o futuro do noso sector.
Co exposto neste Manifesto queremos formular a necesidade de protección do audiovisual galego e expresar a nosa inquietude e o noso interese pola cultura e pola lingua galega. Unha inquietude e un interese que se traducen en compromiso explícito.
1- Cine Galego é aquel rodado e falado en Galego. A protección e a salvagarda da lingua galega ten que ser a primeira prioridade de tódalas institucións públicas involucradas no desenvolvemento do Sector Audiovisual Galego e o compromiso activo dos profesionais e das empresas do sector.
2- Consideramos a cuestión da lingua como o valor máis obxetivo de defensa da cultura propia. Non excluímos o castelán como elemento presente na cultura de Galicia nin pretendemos impoñerlle a ninguén a lingua coa que desexe traballar. Pero afirmamos e defendemos que a lingua galega ten que ser a base, e nunca a superficie, da obra audiovisual galega.
3- Non é posible atopar outros criterios para falar dun Cine Galego se non é o protagonismo da lingua galega na producción e na exhibición dos productos. O audiovisual galego pode e debe tratar toda clase de temáticas, e rexeitar de facto a falsa dicotomía entre o “galego” e o “universal”. Pero os temas tratados non lle achegan ás nosas produccións ningún sinal de identidade se non teñen na lingua galega o seu vehículo de comunicación.
4- Os criterios para axudas públicas non poden depender de cotas e porcentaxes. A participación en proxectos do cine español por parte de empresas galegas e as súas valoracións artísticas ou industriais non poden sobrepoñerse á cuestión diferencial do idioma, sen excluir que os proxectos non galegos se acollan a outros Marcos de Protección.
5- Protexendo a lingua protexemos os profesionais e a industria galegas, creando uns alicerces sólidos para un futuro audiovisual que se afaste da especulación politica e económica. A creación dun verdadeiro e duradeiro audiovisual en Galicia só será posible mediante a defensa e o compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura.
Con estes obxetivos queremos manifestar á sociedade galega e ós axentes e institucións involucrados no desenvolvemento do audiovisual que nos momentos actuais de crise o “Feito Cutural” é o único garante da nosa industria. É, á parte do noso talento, o valor engadido que nos permitirá poder falar dun audiovisual propio, dunha cinematografía galega. Non atender a el será renunciarmos a estar no mundo, conformarnos con ser os restos pouco significantes doutro sector.
CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2003
PRIMEIROS ASINANTES:
Nora Abad (Actriz de dobraxe)
C. Alberto Alonso (Director e Guionista)
Fran Alonso (Escritor)
Rosa Álvarez (Actriz)
Claudio Aragunde Aragunde (Técnico de son)
Carlos Ares (Guionista)
Carlos M. Callón (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
Monti Castiñeiras (Actor)
Luis Avilés (Director e Fillo de Antón Avilés de Taramancos)
Luis Iglesia Besteiro (Actor)
Milagros Bará (Realizadora e Guionista)
Isabel Blanco (Actriz)
Lino Braxe (Guionista e Poeta)
Antón Caeiro (Realizador)
Rafael Calvo (Director e Guionista)
César Cambeiro Quintela (Actor)
Paco Campos (Actor)
Comba Campoy Garcia (Actriz)
Alfonso Castaño (Filólogo)
Ignacio Castaño Gómez (Actor)
Yolanda Castaño (Poeta, Directora e Guionista de Televisión, Secretaria Xeral da Asociaición de Escritores en Lingua Galega)
Sonia Castelo (Actriz)
Ruben Castro (Actor)
Xosé Castro Puga (Guionista)
Ernesto Chao (Actor)
Lucía Cid Cabido (Actriz de dobraxe)
Xavier Cordal Fustes (Escritor)
Pedro Corredoira Alonso (Director e Guionista)
Xosé Henrique Costas González (Catedrático da Universidade de Vigo)
Antonio Diaz Amor (Profesor de Filosofia)
Xoan Carlos de Dios (Artista)
X. Antón L Dobao (Escritor e Guionista)
Antonio Durán “Morris” (Actor)
Juan Pablo Etcheverry Ciancio (Animador)
M. A. Fernán-Vello (Escritor)
Miguel Anxo Fernández (Escritor e Crítico de Cine)
Francisco X. Fernández Naval (escritor e guionista)
Francisco Fernández Rei (Catedrático da USC e Membro da RAG)
Oscar Henrique Fernández Rodríguez (Actor de Dobraxe)
Tono Folguera (Coordinador da Compostela Film Commission)
Eduardo Gabín (Montador e Director)
Eduardo Galan (Crítico de Cine)
Curru Garabal (Escenográfa)
Mónica García (Actriz)
Xosé Garrido (Director de Fotografía)
Jorge Gil (Realizador)
Carme Hermida Gulías (Profesora da USC)
Manuel Igrexas Rodríguez (Profesor)
Xosé Manuel García Crego (Técnico editorial)
Marcial Gondar (Antropólogo)
Anabel González (Funcionaria)
Suso Iglesias (Guionista)
Margarita Ledo Andión (Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC e escritora)
Xosé Luís Ledo Andión (Administrador de NÓS, Productora Cinematográfica
Galega guionista e director)
Miguel de Lira (Actor)
Ricardo Llovo (Director)
Emilia López (Programadora de Cine)
Pablo Lourido (Perruqueiro)
Flor Maceiras (Actriz)
Marce Magán Nogueira (Productor)
Andrés Mahia (Guionista e Productor)
Miguel Mato (Poeta e Escritor)
Carlos Méndez (Productor e monitor de talleres audiovisuais)
X. L. Méndez Ferrín (Escritor e Membro da RAG)
Manuel Millán (Actor)
Victor Mosqueira (Actor)
Rober Neal Baxter (Profesor da Universidade de Vigo)
Marcos Nine (Guionista)
Xosé Manuel Olveira “Pico” (Actor)
Luísa Martínez (Actriz)
Francisco Martínez Barreiro (Actor, músico)
Manuel Martínez Barreiro (Coordinador de edición)
Damián S. Paio Cangado (Pintor e Programador Cultural)
Pilar Pallarés (Escritora)
Chus Pato (Escritora)
Cándido Pazó (Actor e Presidente de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia)
Xavier Perdiz Álvarez (Actor de dobraxe)
Francisco Peña (Presidente da A. C. Alexandre Boveda)
Manuel A. Pereira Hernández “Chiqui Pereira” (Actor)
Helena Pérez (Coordinadora de Edición Infantil Xuvenil de Ed. Xerais)
Pilar Pérez Faxil (Guionista)
Josito Porto (Actor)
Xosé Ramón Pousa (Profesor titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC)
Rafael Prieto (Técnico de son)
Miguel Anxo Prado (Debuxante)
Iván Prado (Coordinador do Festival Internacional de Cine “Olladas do Planeta”)
Silvia Quer (Directora Catalana da Tv-Movie “Sara”)
Redes Escarlata
David Rivas Peña (Deseñador Gráfico)
Chusi Riveira
Maribel Rivera (Actriz)
Xosé Luís Regueira Fernández (Profesor da USC)
Carlos Roma (Presentador e Guionista de tv)
Corona Rodríguez (Bibliotecaria)
Francisco Xosé Rodríguez Brisaboa (Técnico de son)
Euloxio R. Ruibal (Escritor e Guionista, Presidenta da Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega)
Xurxo Sánchez Gómez (Cámara)
Álvaro Santos (Biólogo)
Antón Ramos (Música)
Pepo Suevos (Actor)
Luis Tosar (Actor)
Mª Teresa Santamaría Panete (Acriz de dobraxe)
José Alberto Suarez (Técnico de Son)
Diego Suárez Stauv (Técnico de son)
Alfonso Valiño Ares (Actor de dobraxe)
Xacinta Varela Martínez
Helena Villares (Realizadora)
Xosé Zapata (Productor e Director)
Manifesto Cine en Galego | 31-05-2005 18:02:52
Que sexan produccións baratas non disculpa os seus defectos, que en moitos casos o son de concepto, de desenvolvemento, e polo tanto, solventables. Moitas veces o problema é que non se dispón de tempo para madurar os productos, e polo tanto para verlles as eivas, retocar, volver a retocar, facerlles pasar filtros críticos con xente neutral e pouco complaciente. Todo son palmadiñas na espalda e que estupendos somos, e así é imposible aprender nin mellorar.
Nilde | 02-06-2005 18:57:27
Eso por suposto, tampouco é todo darse palmadiñas na espalda. Aínda que vai todo un pouco na liña da que comentaba antes, por un lado orzamento e por outro risco. O risco implica que unha productora por innovar faga unha inversión considerable nalgo que non sabe se vai poder rentabilizar (desenvolvemento). Con respecto a esto hai unha clara autocensura por parte de todo o mundo porque se cre que as posibilidades de colocar un producto son maiores se resulta algo convencional que xa tivera éxito antes. E este mal padéceno creadores, productores, e directivos da TVG. Aquí ninguén se molla (Excepcións: sempre hai xente nova que por intentar mellorar a súa situación e facer algo distinto intenta vender guións e proxectos polas productoras, o normal é que atope desconfianza por parte dos productores. Ex. concreto: "Minotauromaquia" de Juan Pablo Echeberry, curta nominada ós Goya e o producto que máis premios acumula dentro e fora de Galicia, pasou por varias productoras sen que se lle fixera moito caso).
E despois está o tema do orzamento que desde logo é determinante para moitas cousas. Realmente o que máis custa é o tempo, é como os cartos son poucos o tempo tamén o é. Así, a maioría das series están condicionadas a unha escritura ultrarápida por parte dos guionistas, a unha grabación na que se chegan a grabar 13 e 14 secuencias diarias e a un montaxe onde se pegan planos en lugar de dar ritmo.
Nun punto, persoalmente, como técnico que me considero, cando ves que nestas condicións aínda se é capaz de facer algo que de o pego, tamén tes ganas dalgunha palmadiña nas costas. No que se refire a aprender, eu creo que sempre se aprende, sobre todo cando algo sae mal. E mellorar, lamentablemente, eu creo que é parte dunha abtitude persoal. Maioritariamente, por parte da producción galega se pensa en medrar e non en mellorar, e por parte dos que non son producción moitas veces se pensa en "colocarse" e non en mellorar. De tódolos xeitos, agora a situación é crítica con respecto á inovación, pero igual dentro de 5 ou 6 anos, cun pouco de sorte comezamos a ver, se se confía neles, traballos da que se pode considerar a primeira xeración de directores que existirá en Galicia. Igual chegamos a ver un cambio no panorama (Por favor que esto suceda).
Xa remato: Hai que botalos, que en breve a comentarei, e vou poñer tamén un apartado no debate, é unha mostra de que hai xente capaz e con ganas de cambiar o que hai :)
Fagot | 03-06-2005 12:39:03
Ao fin, cando unha producción sae adiante, o mérito real debería ser dos técnicos, porque os que fan pasillos nin se implican da mesma maneira nin curran coa mesma intensidade.
O meu síndrome particular é o tremor cando escoito a un productor decir que quere algo novo. Sei ben o que significa: quero algo novo que sexa cuspidiño a X (producto de probado éxito de audiencia e maiormente inofensivo). E si, a culpa é moita da TVG.
Definitivamente, hai que botalos.
Nilde | 09-06-2005 14:26:57
Ten moita coña eso de "algo novo". Visto como vai a cousa vou abrir un debate sobre a Tele e así recollo tamén a cobertura que se lle deu á folga da TVG. Sigue aportando cousas que andamos algo escasos de opinións :)
Fagot | 09-06-2005 17:48:14
Eu xa nin me atrevo a ver os servicios informativos da TVG, ofenden a miña intelixencia e a de calquera persoa normal.
Que che poñan enlace na asociación esta de directores (CREA?), ao mellor entra máis xente a debater.
Nilde | 13-06-2005 20:30:35
UN AUDIOVISUAL GALEGO
Unha carta de: Manuel Antonio Espiñeira
[02/03/2005]
¿Cine galego?- No tempo que levo traballando como profesional neste mundo do audiovisual en Galicia, vin moi pouco (ou ningún) cine galego, o que vin é coma o xermolo dunha arte universal e centenaria se converteu nun brote verde nunha ensalada audiovisual galega. Daquela, con moi boa vontade, facianse unhas películas curtas e conmemorativas en moitos casos, con poucos cartos e medios, pero galegos. Hoxe, nos útimos tres anos, fanse máis películas longas, con máis cartos máis medios, pero de galegos só teñen algunha paisaxe e o cupo necesario de profesionais para que certas institucións poidan xustificar os seus gastos e nos vendan que hai un cine galego.
Un cine que nin sequera se roda en galego, dobrase e xa está, coma calquer outro producto que veña de onda non se fale galego, din que é por aquelo da normalización lingüística. ¿?.¿Acaso os subtítulos non son normativos e ademáis conseguen que aprendamos un pouco da lingua na que esté rodada e ver esa cultura doutra forma moito máis próxima a realidade da obra? Con esto non quero decir que non se dobre nada, senon facelo con outros criterios: público o que vai dirixido, horarios de emisión do producto…
Volvendo o cine galego de cupos, comentar que esto tampouco é de todo malo, xa que asi ven xente doutros lugares a coñecernos e traballar con nos, co que tamén podemos aprender cousas deles, e as imaxes que se levan son vistas por moita xente noutros lugares do mundo.
Decir tamén que o cine é só unha pequena parte da producción audiovisual que se fai en Galicia, a outra gran parte representana os productos para TV, sexan programas folclóricos, concursos, series de ficción, documentais, algún telefilme, ecétera.
O sector audiovisual galego parece atoparse agora nun bo momento de producción, pero cun notable estancamento na distribución e difusión do producto, debido quizais a que a televisión autonómica e a única que compra, encarga e participa en todolos productos que se estan a realizar e outros xa feitos e ben almacenados na neveira autonómica esperando un mellor momento para o seu consumo. Habendo un só consumidor ocorre que toda a industria, que se intenta crear e que fai os productos citados, se manteña da tripa da televisión pública autonómica, e polo tanto ter un futuro incerto cheo de inestabilidade e cunha gran precariedade laboral, baixos salarios, temporalidade, etc.
A industria audiovisual galega tera que buscar, pola parte que lle toca, outros productos ou os mesmos que ten aquí pero para outros públicos diferentes e seguir facendo máis produccións para a seu consumo en Galicia. Polo outro lado a administración axudaría as empresas para levar a cabo este crecemento, e que a televisión autonómica aumentase os seus encargos de productos audiovisuais para Galicia pensando que é un medio de comunicación para todos os galegos, e non unha simple televisión de competición de grellas e picos de audiencia con outras cadeas xeneralistas españolas, e está moi claro que canta máis público a vexa mellor para todos, aquí non podemos batir records, pero si superarnos.
Manuel Antonio Espiñeira
Novo Estatuto
http://www.novoestatuto.com/proposta.php?id=37
Manuel Antonio Espiñeira | 15-06-2005 18:45:38
Ten moita razón Espiñeira en moito do que dí. O problema de producir para fóra é unha cuestión de ambición...e de que a TVG se molle. Eles non adican esforzo ningún a vender os seus productos. Pero é que ademáis as productoras teñen uns acordos moi raros co "ente". Prodúcese case sempre por engargo, e logo o producto, dalgunha maneira estraña, pertence á TVG. Pasa o mesmo coas músicas: nas series non se poden meter apenas músicas orixinais porque a tele quere ser dona de TODOS os dereitos das obras que emite. En fin, debería entrar aquí algún productor dos que habitualmente negocian coa TVG e contar como é a feira.
Nilde | 16-06-2005 14:49:40
Pese a levar varios anos traballando non coñezo como negocian os grandes productores (series) coa TVG pero teño un productor de man ó que quixeron meterlle un contrato deses e negouse, o final rematou vendendo os dereitos sobre o producto para 10 anos por unha merda de pasta (600 mil pelas un documental de 50 min.) O documental nunca chegou a emitirse e fai desto 4 anos. Imaxínome que dentro de 5 anos máis ese documental se pora 25 veces para rentabilizar a compra, eso é a TVG
Fagot | 23-06-2005 21:57:34
No referente ó que di Espiñeira sobre buscar outros públicos, evidentemente, pero eso non é tarefa nin de directores, nin de guionistas, nin de ningún técnico, eso é cousa dos productores e se gañan máis dobrando filmes ó galego ese é o futuro que nos toca si desde o goberno non lle paran os pes.
Fagot | 23-06-2005 22:01:11
Ao mellor hai sorte e co cambio de governo todo muda un pouquiño a mellor. A TVG é unha choriza, pero as productoras son igualmente fillas de puta, pódenche mercar todos os dereitos dun producto cun contrato no que se marca que, se ese producto o venden a un terceiro, ti cobras o 2% do precio de venta. Ou sexa, son coma un axente só que eles cobran a parte do autor, sen rascar bola. E etc etc etc... Mellor non sigo que me poño atacada.
nIlde | 28-06-2005 02:11:27
Medulio | 27-07-2005 14:48:02