Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 17 de Maio de 2005

Sempre Xonxa

Porque de momento é difícil escoller outra...



Corría o ano 1989 cando Chano Piñeiro poñía sobre a mesa este título. E xa que hoxe celebramos a publicación de Follas Novas, e que este poemario serviu para facer rexurdir unha literatura próspera e abundante, somos moitos os románticos que cremos que igual un día este filme se chega a considerar como o primeiro dunha cinematografía brillante (refírome á galega, que de momento non existe). Sempre recordaremos este filme, como sempre recordaremos as palabras do seu autor "facer cine en Galicia é posible, facelo en galego é necesario" (a miña admiración é respeto).
Xa falando do filme, é probable que non se considere Sempre Xonxa como unha obra mestra, pero desde logo é un filme moi grande. Haberá xente que a poida considerar tópica, pero o certo é que si a primeira obra do cine mundial, feita polos Lumiere, retrataba París, a primeira longametraxe galega (en 35mm, en outros formatos había xa algunhas cousas) retrata fielmente Galicia. O argumento é todo un compendio da nosa historia recente, o rural, o drama da emigración, o novo riquismo, a autoridade caciquil... É de destacar a beleza de cada plano, a minuciosidade e preciosismo coa que está feito este retrato heredeiro do neorealismo e sobretodo a gran sensibilidade e sutileza coa que Chano Piñeiro nos guía dentro do relato.
Hai que destacar tamén as grandes interpretacións protagonistas de Manuel Alonso Pérez e de Uxía Blanco que, gracias a este título, xa ten un anaquiño do noso corazón, e unha praza de honor no nacemento do cine galego.
Sobran as palabras para falar de Sempre Xonxa. É un filme que non é necesario reivindicar pero que é imprescindible lembrar a súa existencia, lembrar que un día esiteu Chano Piñeiro, e desde ese momento diferenciar entre o que é cine galego e o que non o é.

Por Fagot

Nota Fagot: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

Me gustaria ver esta pelicula pero no se donde encontrarla, ¿alguien me puede ayudar?

luzodiko | 25-08-2006 14:37:26

Acaba de sair un dvd fantástico con La Voz de Galicia que inclue "Sempre Xonxa", "Mamasunción (mediometraxe de Chano Piñeiro) e unha hora de intervencións de Chano Piñeiro en Tv. Non sei se todavía se pode conseguir chamando ó telefono de atención ó cliente de La Voz de Galicia.

Como solución alternativa está o Emule :)

Fagot | 27-08-2006 21:04:27

Sempre Xonxa podédela pedir todavia no kiosko habitual xá que La voz de Galicia siguea mandando por encargo.

quique | 02-01-2007 10:15:10

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009