Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 18 de Maio de 2005
Seguimos co cine de xénero..., de terror.

Euskal Pilota é o título orixinal, ten un subtitulo que é "Larrua Harriaren kontra" (la piel contra la piedra). Ano 2003 dirixe Julio Medem. E digo eu, este director xa ten unha filmografía..., por que tiña que poñerme eu a falar precisamente deste filme? Ben, será porque está de moda o parlamento vasco. Pero vamos ó que vamos, cando vin esta película só se me ocurreu un calificativo: ladronada. Faime gracia, especialmente cando se premia porcalladas deste estilo co Goya a mellor documental, gustaríame saber cantos académicos dos que votaron viron o filme completo. E faime máis gracia aínda cando se fala do filme como un proxecto personal de Medem (machiño, esta foi unha gran cagada) e de que se trata dun filme polémico (este adxetivo xa é para troncharse). E tan polémico que foi o grupo PRISA (recordemos, o grupo de comunicación máis importante de España) o encargado de distribuilo..., mi madriña que risco de distribución..., como nos mollamos, polemizamos máis que Lidia Lozano (aviso para navegantes, os productos polémicos, realmente, non se ven. Se algo se estrea nos cines e o califican de polémico, eso é publicidade... normalmente lamentable). Pero vamos a argumentar todo esto porque non me gustan as afirmacións gratuitas:
1. O documental só é comprensible para as persoas que coñecen o problema vasco. Non se debuxa un entorno do problema, non hai comezo, as poucas referencias das algún entrevistado de modo colateral. Esto obriga a que teñas tomada posición antes de ver a película. Esto faino enganoso, o espectador escoita ou valora ós entrevistados segundo a idea preconcebida que teña deles. Ex: Se es nacionalista fixaste no entorno PNV-HB, se es do PSOE pois neles e se es do PP xa é unha merda sen que o vexas.
2. Non interesa o concepto de nacionalismo vasco. Non se explica nin a ninguén lle importa. O nome Sabino Arana aparece unha vez.
3. Otorga e quita relevancia ós entrevistados aleatoriamente. Todo o mundo coincidirá comigo en que non ten o mesmo peso unha abertxale torturada ca un profesor de historia. Na pelota vasca tanto ten que che dean de ostias que que impartas aulas, porque che cortan en che pegan onde ó director lle sae dos collóns e sen que exista unha dirección concreta no tema.
4. Reiterativo e desestructurado. Dinse as mesmas cousas 25 veces. Os entrevistados vanse e reaparecen sen ningún tipo de fío para repetir o que dixo outro 20 minutos antes. Esto fai que sexa un auténtico coñazo, só soportable por persoas que teñen verdadeiro interese por saber o que se dí do conflicto vasco.
5. Montaxe infantil. Entrevistas e videoclips. Sen ningunha relación co que falen os entrevistados este tipo nos larga 3 minutos musicais co único fin de que non te aburras de escoitar a xente falar.
6. Xa para rematar dicir que o concepto de dirección non existe neste filme. Pódese dicir que o director só rodou un plano, o mesmo para todo o mundo. De feito é algo tan cutre que rodou gran parte das 70 entrevistas nun plató cunha silla e un croma, como rosquillas. Estas cousas fanse nas escolas de imaxe, pero desde logo son inadmisibles nun tipo que acumula varios Goyas.
Xa remato, engadindo que se poderían dar mil argumentos máis falando do deficitario que é este filme pero non merece a pena. Francamente, despois de ver este filme me queda a sensación de que igual os filmes anteriores de Medem sairon ben de chiripa e para xa falar de outra cousa, como diría Buenafuente "deixamos a pelota vasca para falar de cine".
Por Fagot
Nota Fagot: 2
Por: Fagot | Documentais | Comentarios (1) | Referencias (0)
Atopei algúns comentarios de críticos que vou poñer aquí, máis que nada porque aínda hai xente que ten a cabeza no seu sitio:
Miguel A. Refoyo
"Como obra cinematográfica, el documental de Medem es monótono, cerrado a cualquier pretensión artística si exceptuamos el aire absurdamente épico que se le da al paisaje éuscaro. Un documento de incuestiona-ble unilateralidad que echa de menos más parcialidad y honestidad..."
Rubén Corral
"Arroja un saldo decepcionante. El maremagnum de testimonios se apilan sin llegar Medem a otorgarles un ordenamiento atractivo, convincente. Un documental que necesita de mayor duración pero, sobre todo, de un ritmo más pausado para conseguir transmitir el alu-vión de información y opiniones que lo inundan..."
Fagot | 18-05-2005 04:28:59