Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Maio de 2005

Pulp Fiction

Entra en escena Tarantino



Título Orixinal: Pulp Fiction
Ano: 1994
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Quentin Tarantino
Guión: Quentin Tarantino, Roger Avary
Interpretes: John Travolta, Samuel L. Jackson, Uma Thurman, Tim Roth, Ving Rhames, Eric Stoltz, Rosanna Arquette, Harvey Keitel, Christopher Walken, Bruce Willis, María de Medeiros, Amanda Plummer, Angela Jones, Quentin Tarantino, Steve Buscemi
Producción: Lawrence Bender
Producción Executiva: Danny DeVito, Michael Shamberg, Stacey Sher
Fotografía: Andrzej Sekula
Dirección Artística: Charles Collum
Deseño de Producción: David Wasco
Son: David Bartlett, Dean Beville, G.W. Brown
Montaxe: Sally Menke

Sinopse: Jules e Vincent son dous asasinos a soldo que traballan para Marcellus Wallace. Antes de realizar un dos seus "traballos", Vincent confesalle a Jules que Marsellus lle pediu que coide da súa moza, Mia. Comezan a falar sobre o peligoso de sobrepasarse coa moza do xefe, pero chega a hora de traballar e ambos deben poñerse en faena. A súa misión: recuperar un misterioso maletín.

Comentario:
Ano 1994. Quentin Tarantino e que falta facía. A metade da década dos 90 foi unha tempada moi grande para o cine. Apostouse pola orixinalidade e produciuse unha especie de pequena revolución que non durou máis alá de dous ou tres anos pero que pasará á historia. Parte activa desta pequena revolución representouna Tarantino, en 1993 co guión de "Asesinos Natos", en 1994 coa dirección de "Pulp Fiction" e en 1996 coa producción de "Chunking Express".
Visto xa con 11 anos de distancia, Pulp Fiction é un filme dos que marcan unha xeneración. Non hai dúbida. Nominada a 7 oscars dos que só gañou o mellor guión orixinal, e gañadora da Palma de Cannes, este filme súpon unha revolución dentro do cine negro. Axustándose ós parámetros e arquetipos do xénero (léase o ganster, o matón, a muller fatal...), Tarantino reconvirteo cunha visión modernizada que garda o encanto do pasado pero que ó mesmo tempo consegue a identificación co público actual. De feito é un dos filmes que lograron unha maior aceptación global de público e crítica. Non houbo ninguén a quen non lle gustara Pulp Fiction.
Ademáis, o filme conseguiu o renacer de John Travolta, espléndido, o recoñecemento de Samuel L. Jackson, e a consagración de Uma Thurman.
Rompendo os moldes da temporalidade, Pulp Fiction, vai máis alá da estructura clásica de narración e xoga con elementos que desde o punto de vista da historia nos parecerían incomprensibles (Ex: Na terceira historia, xa sabemos que John Travolta está morto, pero nos interesa igual). De feito, Tarantino evádese das imposicións temporais, o que conta no seu filme é a importancia dos actos, o sentido que teñen estes nas personaxes, e dálle igual cando sucedan. Este saber facer na dirección foi o que fixo que desde este segundo filme Tarantino comezase a ter fieis seguidores en todo o mundo.
Paradoxicamente o filme tamén se fixo famoso pola gran cantidade de errors de racord que ten. De feito, non sei se haberá algunha película onde a continuidade teña tantos erros. De tódolos xeitos esto tamén contribue a engrandecer o enorme traballo deste filme (e quen queira buscar fallos que os busque).
Non creo que exista persoa que non vira Pulp Fiction, en todo caso se a hai, non sei a que espera.

Por Fagot

Nota Fagot: 8,7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009