Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 24 de Maio de 2005
Máis cómics en pantalla grande.

Título Orixinal: Inmortel (Ad vitam)
Ano: 2004
Nacionalidade: Francia, Reino Unido
Dirección: Enki Bilal
Guión: Enki Bilal, Serge Lehman
Interpretes: Linda Hardy, Thomas Kretschmann, Charlotte Rampling, Frédéric Pierrot, Thomas M. Pollard, Yann Collette, Derrick Brenner, Olivier Achard, Corinne Jaber, Barbara Scaff, Joe Sheridan, Jacquelyn Toman, Jean-Louis Trintignant
Producción: Charles Gassot
Producción Executiva: Dominique Brunner
Fotografía: Pascal Gennesseaux
Dirección Artística: Jean-Pierre Fouillet
Deseño de Producción: Jean-Pierre Fouillet
Música: Ralph Rainger, Goran Vejvoda
Son: Pierre Lenoir
Montaxe: Véronique Parnet
Sinopse: No ano 2025, a reporteira Jill Bioskop apodada a muller trampa, escribe os seus artigos nunha estraña maquina que a fai viaxar atrás no tempo. Mentres tanto o seu mozo é asasinado por un estraño asasino que busca preservar a súa inmortalidade.
Comentario:
Immortel é o título orixinal. Ano 2004, dirixe Enki Bilal. Este é un filme raro que pasou sen pena nin gloria por tódolos lados. De feito nin sequera podo asegurar que se chegara a estrenar nos cines. Está baseado nunha triloxía de cómics do mesmo nome dibuxadas polo propio director do filme Enki Bilal que é un dibuxante excelente, un dos referentes do cómic europeo, pero un director mediocre (Esto mesmo é o que lle están a dicir nestes días a Frank Miller en Cannes os que ven Sin City). Bilal, iugoslavo el, é un tipo que ten unha concepción estética incrible, tendendo á frialdade de tonos como a maioría dos artistas do leste, e preciosista no seu trazo. Esta estética é a que se aprecia no filme, pero nada máis. Realmente falta o máis básico para facer un filme que é saber estructurar unha historia e darlle ritmo.
A peli ven de Francia, fanáticos eles das viñetas deste home, e claro botaron por fora na producción, filme futurista que mestura imaxes reais con animación 3D, decorados deseñados por computador... (e tamén botaron por fora poñendo o filme nas mans deste home). O mellor da peli é que é francesa, porque se fose americana íamos a ter que vela ata na sopa.
Pero para que non sexa todo poñela a parir e dado que me parece a min que pouca xente máis a vai ver, vou facer unha pequena sinopse: É o ano 2096 cando chega a NY unha pirámide flotante con tres deuses exipcios. O motivo é que descubriron na terra unha mutante rara desas que aparecen cada millóns de anos e que ten a cualidade de poder ser fecundada por un deus. O problema é que o deus en cuestión necesita un corpo humano para poder preñar á tipa (esto é lóxico). O deus exipcio este vai matando xente ata que atopa un corpo compatible ó seu. Resulta que o corpo en cuestión é o de un revolucionario que tiñan os políticos en estado de hibernación desde hai 30 anos para que non alterase a orde. O deus libera ó tipo este, métese dentro do seu corpo e preña á mutante. O dirixente malvado morre, o revolucionario namorase da mutante que ten un fillo que será un semideus e aí acaba o conto. Fin.
Que lles aprobeite.
Por Fagot
Nota Fagot: 4,2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)