Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 26 de Maio de 2005
A revelación

Ano 1980, dirixe Irvine Kershner. Título orixinal: "The Empires strikes back". Sin dúbida é o filme máis complexo da saga, e o máis complicado de facer, entre outras cousas polo seu caracter intermedio e pola gran cantidade de cuestións que plantea e que quedan no aire. O caso é que novamente hai un guión maxistral. Leigh Brackett foi o que puxo os mimbres xunto a George Lucas, pero a morte de Brackett antes de comezar a rodaxe provocou que o rematase Laurence Kasdan. A todo esto quero resaltar que me parece algo bastante molesto que se atribúan sempre os méritos de guión a Lucas cando en realidade non son del, unha cousa é idear un proxecto e outra moi distinta plasmalo nun papel e que funcione, senón xa o veremos na segunda triloxía. O guión é a base de todo filme, e salvo casos moi excepcionais, se non hai guión, non hai película. Pero por que este guión é dos grandes? De entrada porque non se plega ó espectador, non nos rememora unha historia que xa debemos coñecer. Tamén sabe manter o interese en puntos clave, demostra un gran cariño polos protagonistas da historia de tal forma que nos interesamos pola evolución deles e non polas accións que os rodean. De feito, queda nun plano secundario a loita da revelión contra o imperio porque o que desexa o público é saber que vai ser de Luke, de Han e de Leia. O gran éxito deste filme é que nos fixamos e identificamos co particular moi por riba do xeral. Deste xeito cando escoitamos a frase que pasou á historia ese "Yo soy tu padre..." que non queríamos crer pero que no fondo todos agardábamos, se nos para o mundo, e a intensidade da secuencia chega a cotas maiores que calquera explosión da Estrela da morte. Non se necesitan miles de naves, non se necesitan disparos e explosións, nin efectos especiais turbadores, nin tirar do orzamento millonario do filme, estamos absolutamente cautivados por duas persoas que falan de fronte unha coa outra. Por cousas como esta, este filme é moi moi grande.
Pero esta claro que o conto non remata aquí. O filme, unha vez sabido que ía haber terceira parte remata cun final álxido, o momento de maior complicación para a revelión. Esto no que se refire ó argumento, nunha evalución algo máis profunda, este filme funciona a modo de segundo acto dramático e ten un fin esencial, fortalecer a imaxe do protagonista e do antagonista para que o seu inevitable encontro sexa máis contundente. En outras palabras sirve para ver a consagración de Luke como Jedi e para aumentar o temor que ten o espectador sobre Darth Vader do que agora sabemos que non ten ningún sentimento. De feito se nos abre unha incógnita terrible con vistas á terceira parte: Luke ten que conter as súas pasións para non caer no lado escuro e ten que facelo sabendo que ten que matar ó seu propio pai. Polo contrario Vader só ten que agardar, ter paciencia para que Luke perda o control dos seus actos. A expectativa é que nos atopamos ante a proba máis dura para un Jedi.
Divagacións e máis divagacións que nos facemos, esta é a diferencia entre as obras mestras e a mediocridade, con este filme vimos infinitamente máis cousas das que aparecían en pantalla. E como espectadores nos sentimos agradecidos por esa invitación a reflexionar sobre os problemas destes personaxes, nada parecido á merda para analfabetos que nos encasquetan agora.
Por Fagot
Nota Fagot: 9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)