Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 26 de Maio de 2005
Cando Frodo saleu da comarca...

Todo comezou en 1977. George Lucas viña de dar o seu primeiro gran paso en 1971 con THX 1138, quedara marabillado coa interpretación dun xoven actor en American Grafitti (Harrison Ford) e estaba disposto a crear a primeira gran mitoloxía futurista. A súa idea orixinal era facer Flash Gordon, pero os dereitos eran demasiado caros para poder ser afrontados polo xoven Lucas. Deste xeito, e animado por Coppola, Lucas decideu facer unha serie, que duraría unhas 18 horas, con ton futurista (Star wars). É unha pena que o tempo e o diñeiro remate estragando estas ilusións, pero fagamos como que non coñecemos o final e deleitémonos co fantástico inicio. Ese comezo non é outro que unha adaptación futurista do "Señor dos aneis" que á súa vez non é outra cousa que unha recreación ampliada da "Odisea", logo estamos ante unha das historias máis antigas da cultura universal: A viaxe do heroe.
E o arranque non pudo ser mellor, Lucas decidiu comezar a historia pola parte que lle parecía máis interesante, a historia de Luke Skywalker. E rematou colleitando 7 oscars das once nominacións que obtivo.
O guión é dos de manual, absolutamente perfecto, engancha desde o primeiro minuto, os personaxes son perfectamente identificables co público, e os escenarios son algo que nunca se viran ata o momento. De feito sobresae a gran orixinalidade do filme, que estéticamente era algo novedoso (e sen a necesidade de contar cun orzamento de superproducción). Por poñer unha nota sobre o orzamento do filme, dicir que se fixo con 10 millóns de dólares cando o custe medio dunha superproducción de Holliwood estaba naqueles anos entre 20 e 30 millóns. E con respecto á orixinalidade dos decorados e da ambientación (algo que non podemos dicir dos novos filmes da saga) dicir que o deseño do "Falcon milenario" fíxose cunha hamburguesa aplastada cunha aceituna pegada (de aí os comentarios despectivos sobre a nave que eran chistes internos entre o equipo).
Non creo que sexa necesario dicir nada desta fantástica historia, sobran as palabras para falar de Star Wars. Remato confesando a miña admiración por Darth Vader, un dos mellores malos do cine, alguén que che mata con só pensalo, unha máquina sen rostro, sen sentimentos, absolutamente cerebral e ó mesmo tempo autómata. Nunca morrerás Lord Vader.
Por Fagot
Nota Fagot: 9,2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Primeiras valoracións sobre o "Day and Date" | 2006-02-12 17:00:59
[...] La guerra de las galaxias, Harry Potter son sólo algunas de las producciones de Hollywood que han acabado animando videojuegos. Y son las que más han ganado en los últimos años.
Para tener una idea de las dimensiones del negocio, Spiderm [...]