Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 30 de Maio de 2005

Star Wars: El retorno del Jedi

E aquí remata o conto...



Return of the Jedi. 1983. Dirixe Richard Marquand. E hai que comezar recordando algunhas anécdotas do filme, por exemplo que en principio ía chamarse "The revenge of the Jedi" pero que decidiron cambialo porque un Jedi nunca busca venganza (detalle que parece que esqueceu Lucas no flamante Episodio III). Tamén hai que recordar que David Lynch rexeitou dirixir este filme, o que demostra que hai xente con principios. E remato cun apunte que lin por aí pero realmente descoñezo se é certo: este filme foi un dos primeiros en utilizar Story-Board.
Pero metámonos no allo. Este filme supón a conclusión, ou en todo caso o principio do fin desta saga. No 1983 a maquinaria económica da triloxía xa funcionaba ás mil marabillas e quedaba claro que certas concesións de tipo comercial ían beneficiar cuantiosamente os petos de George Lucas. Sen embargo estamos nos anos 80 e por aquel entón todavía existía certo romanticismo no séptimo arte e se coidaban tódolos aspectos do filme pese ás concesións que se fixeran ó mercado. Daquela aínda se pretendía facer películas en lugar de fogos de artificio. Logo pese a secuencias que non veñen a conto e o desfile dun monte de personaxes artificiosos e sen moito sentido que pululan pola fita co único propósito de vender macaquiños, pese a eso, segue a ser unha gran película. Consegue pechar de forma digna tódalas preguntas que se abrían nos episodios anteriores. É áxil, entretida e segue tendo a frescura e orixinalidade das anteriores, aínda que comeza a ter puntos reiterativos. Pero para que negalo, é deses filmes que nos entusiasman a todos. Ademáis consegue algo que nos parecía imposible ó principio da saga, que é a redención de Darth Vader, un personaxe que encheu a pantalla case máis que o propio protagonista Luke Skywalker. De feito, este filme ven a demostrar que se algo nos enganchou da saga foi a perfección coa que estaban ilustrados os personaxes secuendarios da saga. Todos eles, están tan ben definidos e son tan entendibles para o espectador que chegamos a preferilos antes que o propio protagonista. Xa deixando de lado a Vader, que é posiblemente un dos mellores antagonistas da historia do celuloide, personaxes como Han Solo, Leia, R2, Yoda ou Chewbacca (A C3PO non hai quen o ature) se gañaron a simpatía de milleiros de espectadores durante décadas.
Outro dos puntos que máis chegou á xente e que xa que non o dixen antes recalcoo para os tres filmes, foi a banda sonora de John Willians, que desde logo é incrible. Neste filme explótase ó máximo un dos xa clásicos temas da saga, a "Marcha Imperial". Un tema que xa non só é parte da historia, senón que está tamén asimilado pola cultura popular actual (ata o punto de ser versionado por Metallica e a Sinfónica de Berlín). En todo caso e para quen lle gusten as curiosidades dicir que o tema cheira un pelín a plaxio porque se parece sospeitosamente á "Marcha do amor das 3 laranxas" de Prokofiev.
Unha mención a parte merecen tamén os Ewoks, esas simpáticas criaturiñas que viven na Lúa de Endor e que despois do seu nacemento neste filme conseguiron ter o seu espacio a parte en series de animación para a televisión, comics e mesmo algún videoxogo da época. Realmente son do mellor do filme, e a eles se lles debe unha gran parte deste exitoso final, máis alá do ben que está construída a historia. Os Ewoks son os encargados de poñer o punto de orixinalidade e facer que esta última parte non fose un calco da primeira. Introducen o contraste de civilizacións, o primitivismo fronte a tecnoloxía e o que resulta máis importante, aportan humor a unha situación dramática. Este compoñente, o humor, foi decisivo para que este filme rematase con esta factura. De feito crearonse os Ewoks deliberadamente para rebaixar a violencia e crear simpatía no espectador. Nun primeiro momento a historia ía rematar no planeta dos Wookiees, sen embargo foi o propio Lucas o que decidiu que por razóns comerciais había que crear uns novos personaxes, máis afables e que conservaran o espíritu primitivo que tiña Chewbacca, naceron así os Ewoks (termo obtido da alteración fonética da palabra Wookiee). Outra anécdota máis: moitos dos diálogos dos Ewoks son frases enteiras en finés.
E con esto se acaba e ademáis de verdade. Só queda dar as gracias por estes tres filmes, porque hai que ser agradecido que tempo haberá para despotricar contra o que veu despois. Conservaremos esto na retina porque todos sabemos que Star Wars forma parte das nosas vidas.

Por Fagot

Nota Fagot 8,3

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Genetica