Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 31 de Maio de 2005
Amenaza seria para a saga.

The Phantom Menace. 1999. Dirixe George Lucas que regresa non se sabe si por márketing ou por non pagarlle a un director. E tiña que pasar, cando te pasas moito tempo rascándoa e logo regresas daste conta de que perdeches non só a costume, senón tamén o estilo e comezas a facer todo por asimilación do que ves ó teu redor. Esto foi o que lle pasou a esta Amenaza fantasma, de súpeto faltaba todo o que fixo grande á saga anterior, só había un nome e un escenario temporal e era moi dificil partir de cero. Así este filme non é outra cousa que un refrito dos tres anteriores, con remendos de outros filmes que servisen para recaudar pasta e cun monte de zurcidos dos que so resiste a estética, xa que a penas existe unha conexión coa historia.
Seguindo coa comparación co "Señor dos Aneis" esta Amenaza fantasma viría a ser como o equivalente ó "Silmarilion", pero ser orixinal está caro nestes días, así que George Lucas decidiu contar a mesma historia que nos contara hai 30 anos. O filme parte da mesma idea que Star Wars, contar o nacemento dun Jedi, neste caso Anakin Skywalker (coa salvedade de que para contarnos como se fixo Jedi Luke necesitou unha peli e para Anakin, 3, estafa!!!!!). Para esto nos mete antes un prólogo de 45 minutos infumable onde a única información imprescindible é que alguén ataca o planeta Naboo. E como un malo había que ter, á imaxe de Darth Vader crearon a Darth Maul, un Lord Sith que en principio acojonaba a ostia e prometía bastante, sobre todo por estética. Pero o Sith do carallo resultou ser un autómata sen ningunha personalidade e digno de ser o malo de Kickboxing e non de Star Wars. Para redondear a faena e visto que os Ewoks funcionaran de marabilla comercialmente, pois tamén había que crear a outros prehistóricos simpáticos e eses foron os Gungan. Pero o conto saiu rematadamente mal, ata os máis acérrimos seguidores da saga puxeron a parir a estupidez e o insoportable que resultaba Jar Jar Binks, o personaxe máis odiado da galaxia. A Raiña Amidala substitue a Leia e xa temos o refrito completo.
O que non fixo Lucas, que debería telo feito, foi plaxiarse a sí mesmo nos diálogos porque estes Jedi falan como auténticos retrasados mentales. Por algunha extraña razón se puxeron de moda os chascarrillos de humor ianqui como coletiñas ó final dunha secuencia, e este filme non se libra deles (ex: a nave dos Jedi está baixo o mar de Naboo e un peixe agárraa, ven outro peixe e comese ó que agarraba a nave. Nese momento Liam Neeson di: "Siempre hay un pez más grande" e eu digo: "Maldito gilipollas"). Nunca entenderei a quen lle fan gracia estas cousas.
Xa entrando no terreo do surrealismo temos a carreira de vainas, que non son outra cousa que unhas carrilanas pero de época. Aquí quedoulles a cabeza a ferver porque algo se tiñan que inventar para meter esta secuencia de promoción do xogo da Play, entón o rollo é que pactan con un marcianiño que ten a Anakin de esclavo, que si vence Anakin o deixa libre, e nos temos que creelo. Da mesma forma, nos temos que creer que un planeta esta a ser invadido e non hai forma de demostrar a invasión no consello estelar, que manda carallo, George Bush ten aqui a súa fantasía, poder invadir o que queira e que ninguén se entere.
En fin, con todo esta é a mellor peli desta nova triloxía, así que o que nos toca comentar nos próximos días vai ser malo malo malo.
Por Fagot
Nota Fagot: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)