Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 01 de Xuño de 2005

Star Wars: El ataque de los clones

Ou dos clowns como din en va-ca.org



2002. Attack of the clones. Din que non hai quinto malo, pero George Lucas sáltase a norma (despois de THX 1138, American Graffiti, La guerra de las galaxias e La amenaza fantasma).
Esta é unha peli que ten mimbres para todo e se queda en absolutamente nada. Firman o guión, George Lucas (que non debeu escribir ningunha liña pero cobra Royalties) e Jonathan Hales (este si que escribe) que é un deses asalariados de Hollywood que cando vai á folga (que foi) mete nun problema a toda a industria (como envexo a esta xente!!!!). Pois ben, Hales xa demostrara que era un auténtico petardo co guión de "El rey escorpión" pero mira ti por onde hai xente que ten sorte e despois de semellante cagada aínda está en condicións de firmar esta fita previo pago do perceptivo par de millóns de dólares. E en principio a cousa prometía, Anakin comezaba a ser tentado polo lado escuro, unha trama política con separatismos por medio (que sempre interesa) e a primicia mundial de ver a Yoda pelexando, o non vai máis. O que foi realmente dista bastante deste plantexamento: O que nos interesaba das tentacións de Anakin pasan ó Episodio III, a trama política é superficial porque invirten o tempo nas pesadas batalliñas e o de Yoda é o mellor do filme a falta doutra cousa.
Continúase tamén cos malos de cartón pedra, neste caso o Conde Duku que fai o mesmo que fixo Darth Maul na entrega anterior, é dicir: un malo ó que derrotar ó final da peli (pois eso, unha merda de tipo interestelar).
Tamén quixo Lucas ter un detalle con tódolos frikis fanáticos da saga e fixoo incluíndo a historia de Jango Fet, pai de Boba Fet (cazarecompensas moi secundario nos filmes pero que vendeu gran cantidade de bonequiños e se fixo famoso entre os fanáticos. Chegou a aparecer con asiduidade nas series animadas dos Ewoks e de Star Wars así como nos comics). O detalle está aí pero sen maior importancia, pura carnaza de recheo que non ten nada que ver coa historia que interesa.
E como non se privaron de nada tamén temos o gran momento plaxio da película. Producese cando os protas están amarrados a uns postes e lle soltan uns bichos para que os maten. Un dos bichos é unha especie de touro que está sacado tal cual de un videoxogo bastante popular o "Serious Sam". Incluso a morte do bicho é idéntica á do videoxogo.
E como o que conta é o final (senón que llo digan a Peter Jackson despois de facer El retorno del Rey) con esta sarta de despropósitos o amigo Lucas nos empraza ó Episodio III onde parece que todo chega á súa conclusión.
Deus nos colla confesados.

Por Fagot

Nota Fagot: 2

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009