Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 03 de Xuño de 2005
Morto o can, acabouse a rabia...

2005. Revenge of the Sith. Dirixe George Lucas e pon nos créditos que temén é o guionista (pero eu non mo creo).
Xa é un mal común no cine americano que se dediquen a destrozar os mitos da cultura universal, ata o punto de pervertir e arruinar os que eles mesmos crearon. Non importa que se trate de grandes iconos eles ven e escarállanos. Eso é fundamentalmente ó que lle fai este filme ós Jedi. Lembremos, un Jedi é un personaxe inspirado nos samurais xaponeses (Xa falei dos samurais no comentario de Izo: http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2005/05/16/izo logo, resultaban unhas personaxes incriblemente normativas, fieles ás súas propias leis e que baseaban a súa forma de actuar na paciencia, a serenidade e a ausencia de paixóns (esto foi o que fixo célebres os Jedi de Lucas). Anos despois, ó propio creador bastoulle unha secuencia para cargarse o que eran os Jedi e convertilos nunha panda de prepotentes anormais. É así como comeza esta venganza dos Sith. Arrancamos cunha macrosecuencia infumable que dura como 20 min. na que só hai naves pegando tiros e onde os Jedi fan chistes malos (os chascarrillos inaugurados na amenaza pantasma), e adoptan unha pose de chulería que vai en contra de calquer código Jedi antes inventado. De feito parecen pequenos aprendices de Rambo galácticos.
Como dicía antes, non só non escribiu Lucas este filme, senón que debe ter polo menos 2 ou 3 guionistas e ademáis malos. En canto remata a batalla cambia o tono e a forma de falar dos presonaxes, e despois cambiará de novo, hai diálogos que raian o surrealismo con secuencias que semellan un anuncio de "AB Shaper": un pregunta outro responde, volve preguntar, volve responder.
Así a todo, hai unha parte do filme que está ben, debeu ser que esa parte lle tocou ó guionista bo. Cando xa levamos 45 min. de filme, a cousa cambia e o interese pasa ó lugar que importa (como se convirte Anakin en Darth Vader. Se a ides ver no cine, suxiro que se colla empezada, especialmente se sodes fumadores, cando saia o DVD chega o avance rápido). Pois eso, nese punto o filme mellora moitísimo, prodúcese a esperada traición ós Jedi que por se alguén non o sabía, serán aniquilados polos seus compañeiros, e Anakin sucumbe ó lado escuro. Esto é o mellor a evolución dun personaxe como Anakin, está bastante ben contado.
Despois, outro novo baixón no filme e máis aburrimento, pero esta vez máis corto, igual 20 min. ata chegar ó desenlace que todos agardamos, a victoria do Imperio. O climax final tamén o salvaron bastante ben así que non conto nada.
Pese a estes detalles, hai cousas imperdonables dentro deste filme. Como seguidor da saga resultame intolerable a tremenda violencia que destila o filme. É certo que nos filmes anteriores había mortos e disparos, pero o caracter dos Jedi nos facía pensar que eso era xustiza. Neste filme hai unha ira (lembremos lado escuro) tremenda sobre tódolos personaxes que non se corresponde co que víramos. Os Jedi son uns garrulos, non teñen outro nome, ata vemos a Yoda con cara de mala ostia, pero onde imos chegar!!!!
E xa delirante é a aparición de Cheewacca (habíao que meter debeu dicir Lucas), que si aparece neste filme, no seguinte, a guerra das galaxias, debería ter como 40 anos máis, pero Cheewee é o Ramoncín dos Wookies e consérvase divinamente.
En resumo, trátase dun filme sádico en moitos momentos, con personaxes planos ou complicados dependendo do momento do filme. Dura 2 horas e cuarto e sóbralle hora e media, moito tiro e pouca historia. As boas solucións en momentos claves non salvan unha producción vendida ó comercio e absolutamente mediocre.
Lucas para xa e non se che ocurra facer unha séptima que o foda todo máis.
Por Fagot
Nota Fagot: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)