Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 04 de Xuño de 2005
Fala pobo fala...

Recén saida do forno, estreouse canda a venganza dos Sith e non deixa de ser significativo, porque é máis que posible que toda a ira do imperio caia sobre os múltiples creadores deste filme :)
É ben dificil comentar este filme que é sen dúbida o máis polémico (a este sí que se lle pode dar este calificativo) dos que se fixeron e posiblemente dos que se farán en Galicia nunca. HQB é a cara oposta ó cine actual, é facer algo sen esperar beneficio económico, é usar a comunicación para o que sempre serviu, para a difusión dunha mensaxe, dunha idea, que pode ser aceptada ou non por quen a reciba, pero que en todo caso non deixa de ser un exercicio de libertade poder expresar o teu parecer en calquera canle. Atendendo a esto HQB é un filme honorable, non son porque fai historia abrindo un precedente, senón porque certifica que se poden facer cousas si se ten a firme bontade de facelas. (De todo esto e máis falaremos nos próximos días na sección "A Debate" que me parece que neste filme hai moito que debatir).
Pero sexamos algo máis frios e falemos da calidade cinematográfica. HQB ten o síndrome de toda obra coral, hai partes boas, partes malas e partes peores. En todo caso, dadas as condicións nas que se fixo o filme, resulta cando menos interesante. Debe ser certo eso de que a fame agudiza o inxenio, porque nun tempo de tanta fame cultural (como nos pasa aquí) HQB fai alarde de gran orixinalidade en moitas das súas curtas. Hai grandes pezas feitas con moita sutileza como é o caso de: "En Plan Galicia", "A duas velas" e a que considero mellor e máis traballada "O home do telexornal". Hainas que explotan o tono documental, das que destaca por riba de todas (esta opinión é case unánime nas persoas que coñezo que viron o filme) "Carretaxe" que pese ás súas deficiencias técnicas consegue non só chegar, senón impactar bastante a calquer espectador, incluso ó máis pasado de voltas. Tamén hai que mencionar ós videoclips como "Hilitos" que o tiña que mencionar obrigatoriamente, xa que pese a non ser máis ca unha animación cutre feita con flash, resulta tan simpático e por momentos tan raiante que desde que o vin non me sae da cabeza a melodía e a frase: "unos pequeños hilitos..., unos pequeños hilitos...".
O peor do filme son as deficiencias técnicas. Especialmente no que se refire á fotografía e á temperatura de cor. Hai curtas nas que a imaxe está completamente queimada, outras tenden excesivamente ó maxenta..., e aquí hai que dar un pequeno tirón de orellas ós creadores porque non custaba nada etalonar toda a producción en conxunto. Outra das cousas que non me gustaron foi o tono chabacano de algunhas curtas, creo sinceramente que están fora de lugar. É o caso de "Punto final" ou "Untos" que recurren sen necesidade a unha descalificación directa de Fraga, xa que a eso non se lle pode chamar parodia. En certo punto resultoume penoso, especialmente no caso da primeira que ven firmado o seu guión por Manuel Rivas, non sei si se deixou levar polo lado escuro da forza ou non pero o resultado foi unha curta burda que non lle fai ben ó filme, especialmente cando é a encargada de abrilo (se non tivera interese en velo, quitaríao despois da segunda curta). Igual ca estes hai un par de curtas máis que francamente non sei que pintan no filme e que creo que están fora de lugar son "Lavacolla 1939" e "Monótono Fungar", esto que pinta??? Por outra banda deixo "Me lo dijo Pérez" na fronteira do admisible.
Con todo hai que vela. Despois, xa que comezou a campaña hoxe eu súmome á do "boto". Debatide o tema. Saude a todos.
Desta vai!!!!!
(Podedes conpara a miña nota a HQB coa de a venganza dos Sith)
Por Fagot
Nota Fagot: 5
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (5)
URL para referencias o trackbacks
free | 2007-11-23 21:42:41
wonderful
more | 2007-12-07 20:04:02
wonderful
Sofia Vergara Nude | 2007-12-23 22:23:13
Thanks for the nice read, keep up the interesting posts..
Auto Loans | 2008-01-15 07:37:44
If your child yearns for a Boonton , It is hassle-free to be presented with} an} car loan in
Eminem Ringtones | 2008-01-15 11:01:36
I Googled for something completely different, but found your page...and have to say thanks. nice read.