Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 07 de Xuño de 2005

El club de la Lucha

A primeira norma é non falar do...



Título Orixinal: The fight club
Ano: 1999
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: David Fincher
Guión: Jim Uhls
Interpretes: Brad Pitt (Tyler Durden) Edward Norton (Narrador) Helena Bonham Carter (Marla Singer) Meat Loaf Aday (Robert Paulsen) Jared Leto (Angel Face)
Producción: Ross Grayson Bell, Ceán Chaffin, Art Linson
Producción Executiva: Arnon Milchan
Fotografía: Jeff Cronenweth
Dirección Artística: Chris Gorak
Deseño de Producción: Alex McDowell
Música: The Dust Brothers
Son: Ren Klyce
Montaxe: James Haygood

Sinopse: Jack é un home insomne e desesperado po escapar da súa fatal e aburrida vida. Nunha viaxe en avión coñece a Tyler Durden, un carismático vendedor de xabón cunha filosofía moi particular; Tyler cre que o perfeccionismo é para os débiles e que é a autodestrucción o que realmente fai que a vida mereza a pena. Jack e Tyler forman un club da loita secreto que se convirte nun éxito arrollador.

Comentario:
1999. Figth Club. Dirixe David Fincher. Entre os grandes técnicos de Holliwood, de cando en vez hai algún que destaca, e non por acumular morralla. É o caso de Fincher, un tipo dedicado ó cine desde neno, que comeza a traballar nos estudios Light and Magic con só 18 anos e que xa participou no Retorno do Jedi. 9 anos despois poñíase a dirixir o seu primeiro filme, "Alien 3" un producto que cheira a encargo, que dado o tirón de taquilla non importaba demasiado o resultado, e no que podía demostrar a súa valía. Meteuse unha ostia. Pero se de algo entenden os ianquis é de perseverancia e 3 anos despois do despropósito de Alien, chegaba ás máns de Fincher "Seven", un filme que rachou as taquillas de todo o mundo. E pouco a pouco se chegaba a este Fight Club, un filme controvertido baseado na novela homónima de Chuck Palahniuk e que se presentava en Sitges deixando bastante aturdidios ós espectadores. Como era de preveer, o filme caeu rapidamente no caixón dos malditos porque en todo o mundo hai monte de frikis dispostos a emular o que ven na pantalla (xa houbera xente que quixo voar despois de ver Superman). Varios mortos no Brasil, clubes da loita creados en Nova Iorque e non Ánxeles, e así un monte de desvaríos máis que fixeron que se reabrira o estúpido debate sobre a violencia no cine (faime coña, despois de ver o filme, o caso dos magrebís detidos en Barna polo goberno con varios kilos de deterxente..., igual pretendían facer Napalm). Para non polemizar sobre este tema, aínda que igual un día abrimos o debate, son dos que pensa que o que é tarado é tarado e non necesita de películas para manifestarse.
E vamos ó filme. Figth Club é unha visión cínica do estado do benestar. Os desvaríos mentais derivados dunha sociedade de consumo, as necesidades falsas, a represión dos instintos, todo o chamado urbanismo nos conduce a un profundo transtorno mental que vai desde o insomnio ata a esquizofrenia. Con esta premisa, o filme arranca dun xeito brillante, case se pode dicir que adictivo, de feito eu me podo considerar dos tarados que se sentiu identificado. A palabra clave é a "insatisfacción", o feito de pertenecer a unha sociedade na que o podes ter todo, pero de igual modo sintes un valeiro no teu interior. Fincher desata aquí a ira e nos introduce nunha espiral de violencia que vai en proxección ascendnete. Chegado un punto, a dose de emocións recibidas é tan forte que a peli se vai á merda por non ser capaz de manter a intensidade. As reflexións intelixentes cambianse por consignas neoanazis cando se cambia o termo de Fight Club por Mayhem Project (Proxecto Pánico) e semella que nos metemos en outro filme. Por outra banda, o climax final volve salvar o filme, entre outras cousas por unha intelixente maniobra do guionista Jim Uhls. Explícome: para que non a viu , dicir que esta é unha desas pelis con "sorpresita", modelo "Sexto sentido", pero neste caso foron o suficientemente intelixentes para non caer nas perralladas que cae o petardo de Shyamalan, como? Levando a sorpresa ó segundo punto de xiro, e non ó climax, é dicir cando descubre o "misterio" non se che destripa o filme porque aínda queda un punto de interese por solucionar, logo seguimos atentos á pantalla. Xa digo non é como o incompetente de Shyamalan que nos fai comernos 100 minutos de película para chegar a unha secuencia que diaga "tu eres un superheroe yo soy un supervillano".
Máis alá do argumento hai que destacar ó sobervio Edward Norton e a Brad Pitt que desde que se quitou o complexo de guapiña sensible, demostra que é un gran actor. O que pasa tamén é que Norton é un fora de serie que contaxia a tódolos do seu arredor. En xeral de interpretación está xenial, xa que destacan tamén tanto Helena Bonham Carter, como Jared Leto ou Meat Loaf que tamén aparece por aquí. Como dato anecdótico sinalar que en principio o papel de Brad Pitt ía ser para Sean Penn, que xa traballaran con Fincher en The Game.
E para rematala, hai que destacar tamén a gran atmósfera creada pola música dos Dust Brothers e ese final apoteósico con "Where is my mind?" dos Pixies que nos evocan a un mundo autodestructivo no que estamos metidos.

Por Fagot

Nota Fagot: 7,1

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

donde puedo comprar la banda original del club de la lucha

ToOnCHuU | 23-05-2006 18:24:32

http://www.fnac.es/dsp/?servlet=extended.HomeExten...
De todas formas por internet é moi facil. É unha B.S.O. moi común.

Fagot | 23-05-2006 21:23:17

En my opinion, peliculas de este genero, ban muy bien y arian falta mas porque si hacen pensar a la gente aunque sea por unos instantes en los valores de la sociedad, de una forma más abierta de lo que mucha gente podria imaginar y descubrir esas formas de pensar; creo que indistintamente estes deacuerdo o no con los ideales expresados no cave duda de que es una excelente pelicula. My nota un 10. Si alguien quiere contactar con migo estare encantado todos_feos30000@hotmaill.com GRACIAS

Rubén M | 23-07-2006 19:48:29

Comentar


Recordar datos