Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 09 de Xuño de 2005
O filme que nunca existiu...


(Non hai cartel) E aínda sendo un caso especial, comezamos como sempre. 1974. A Tola. Dirixe Miguel Gato, guión de Francisco Taxes (deus che teña na gloria compañeiro).
Estamos en campaña electoral e moitas veces se pensa que non temos memoria histórica. Por se a alguén lle falta, tranquilos que imos intentar reorganizar algúns recordos. Son moitos os que pensan que o cine galego comezou con Xabier Villaverde e Chano Piñeiro que recollían o testigo do que a principios de século facía Carlos Velo. Non foi así. E é que nos tempos de "hable bien, no sea bárbaro" tamén houbo xente que naceu con inquietudes cinematográficas, xente que entraba no cine usando o galeguismo como método diferenciador doutras industrias, xente que desde logo é mellor non saber da súa existencia (como pensan algúns).
O caso é que entre a depresión da dictadura, os achaques de Franco, o chimpo de Carrero e os queixumes de Arias Navarro, filmouse en Galicia un filme (curta-mediometraxe) que levaba por título "A Tola". O argumento do filme céntrase nunha muller que despois de ser torturada é encerrada nun manicomio ante os choros do seu fillo pequeno. Os únicos que aínda se atreben a mentar o filme (léase AVG en
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)
Vou engadir algo, anecdótico simpático. A lei Fraga foi a lei de prensa máis avanzada e liberal de tódalas que se crearon durante o mandato franquista, e a súa vixencia prolongouse ate anos despois da morte de Franco (creo recordar que ata mediados do primeiro goberno socialista). Aí é nada.
Fagot | 09-06-2005 17:04:52