Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 23 de Xuño de 2005

La boda de Muriel

Esta é a peli da semana e igual a do ano.



Título Orixinal: Muriel´s Wedding
Ano: 1994
Nacionalidade: Australia
Dirección: P. J. Hogan
Guión: P. J. Hogan
Interpretes: Sophie Lee (Tania Degano) Rosalind Hammond (Cheryl) Toni Collette (Muriel Heslop/Mariel Heslop-Van Arckle) Belinda Jarrett (Janine) Pippa Grandison (Nicole) Bill Hunter (Bill Heslop) Jeanie Drynan (Betty Heslop) Daniel Wyllie (Perry Heslop) Gabby Millgate (Joanie Heslop) Gennie Nevinson (Deidre Chambers) Rachel Griffiths (Rhonda Epinstalk) Matt Day (Brice Nobes) Chris Haywood (Coach Ken Blundell) Daniel Lapaine (David Van Arckle) Susan Prior
Producción: Lynda House, Jocelyn Moorhouse
Fotografía: Martin McGrath
Dirección Artística: Hugh Bateup
Deseño de Producción: Paddy Reardon
Música: Peter Best
Son: David Lee, Glenn Newnham, Roger Savage, Livia Ruzic
Montaxe: Jill Bilcock

Sinopse: Muriel, unha moza con sobrepeso e chea de complexos vive nun mundo de fantasía. Para escapar da aburrida e claustrofóbica estación balnearia na que pasa o verán, da súa fastidiosa familia e das súas cursis amigas, sumérxese nos catálogos de bodas e nas cancións de Abba, mentres espera que chegue o seu príncipe azul. Como este non se presenta, decide emprender unha viaxe a Sydney para atopalo.

Comentario:
Muriel´s Wedding. 1994. P. J. Hogan dirixe, escribe e fai todo o que pode neste fantástico filme.
O caso é que se trata dunha cenicienta moderna e a mala ostia, máis ou menos como Emilio Pérez Touriño. Pero por se non chega esto para comparalo coa situación destes inquietos días, debemos recordar que entre as gracias do argumento está que o pai de Muriel perdeu o seu cargo por causa do voto por correo, e que o tema central do filme é "Waterloo" de ABBA e está claro que nos tamén temos un Napoleón-Fraga. E a gloriasa frase do filme "Eres mala Muriel..." que quedará para a posteridade de tódolos que viron o filme.
Comedia de humor negrísimo, a cada risa sucédelle unha ostia en progresión ascendente, e deses filmes cun guión impecable e cunha interpretación marabillosa, sobre todo a da actriz principal Toni Collete (que despois botaría a súa carreira a perder saindo no "Sexto sentido") e a de Rachel Griffiths que tivo máis sorte ó rematar facendo outra gran serie de humor negrísimo "A dos metros bajo tierra".
Para completar a festa, música de ABBA e un sabor agridoce que reflexa gran parte dos sinsabores da xuventude actual que se atopan constantemente con muros infranqueables como o entorno laboral, a emigración, a política, ou a súa propia familia. Que tomen nota eses que teñen o cargo no aire.

Por Fagot

Nota Fagot: 9,1

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo tauro