Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 04 de Novembro de 2005

As Series da TVG

Semella que co novo goberno volve estar de moda falar da TVG, unha televisión que en moitos aspectos estivo estancada durante máis de unha década.
Sen embargo a Televisión galega sempre tivo un respaldo importante da poboación, o 17% de share que ten de media aválaa.
Un dos grandes pilares desta audiencia son as series. E tomando esto como base.
¿Son realmente boas as series da TVG? ¿son mellorables? ¿cales son as de mellor acollida?
Agardamos respostas :)

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Baixo a miña humilde opinión, e a pesar de a calidade dalgunha serie galega poida ser certamente mellorábel, a verdade é que o audiovisual galego logrou unha importante presenza da ficción en galego na parrilla da tvg, superando a moitas outras comunidades en cantidade e calidade. Na actualidade, penso que convive unha serie minoritaria e, quizais, a de maior calidade (As Leis de Celavella) xunto con outra que goza do favor do grande público (Libro de Familia), xunto con outra xa consolidada co paso dos anos (Pratos combinados). Sei que existen dados referentes á audiencia de cada unha destas series, mais sería tamén necesaria saber as características de idade, extracción, etc, para facer unha análise pormenorizada das audiencias e ver a quen se está a chegar e a quen non. As series dignifican a nosa cultura e idioma en tan grande medida como a literatura, hoxe en día. Series como Mareas Vivas formas xa case parte da memoria colectiva de todos e cada un de nós (alomenos nas primeiras tempadas). O audiovisual galega debe seguir traballando a prol de series de ficción en galego e de calidade.

Agardemos que se abra o debate para seguir comentando este aspecto.

rokurota | 04-11-2005 01:44:52

Se en algún momento teño algún dato sobre as audiencias e as edades xa o publicarei.
Dame algo de rabia que a TVG non publique os datos da súa audiencia na súa web. Un servicio público debería ser completamente transparente (quimera).
Por exemplo TVE sí que publica os seus datos.
O único que se me ocorre e deixarlles mensaxes no libro de visitas da súa web a ver se fan caso :)
Eu acabo de facelo moi respetuosamente. Deixo o link:
http://www.crtvg.es/librovisitas/priportadaeleccio...

Fagot | 04-11-2005 02:26:06

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009