Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 04 de Novembro de 2005

De que queres falar.

¿Que filmes vos interesan? ¿Que temas queredes debatir?
Calquera cousa que se vos ocurra, así como suxerencias sobre a páxina, podédelas escribir aquí como un comentario máis. Cada proposta será tida en conta.

Por: Fagot | Aportanos cousas | Comentarios (23) | Referencias (0)

Comentarios

A ultima semana estou a debatirme entre a indignidade e a tristeza mais profunda por ver como se está a emitir na tg un programa de zapping (extraido de Maxima Audiencia) íntegramente en castelán na tvg (ou case ao 80%). Resulta incomprensíbel como a televisión de todos os galegos (e hoxe por hoxe a única), cuns estautos que abogan claramente pola dignificación e promoción do noso idioma, sexa campo de experimentación para os novos directivos e responsables da programación da cadea. É insultante ver parodias de series americanas e castelán (?) na tvg, con diálogos tal coma o que segue (entre Mulder e Scully):
- Mulder, ´¿por qué hablamos así?
Scully- Porque aquí en Galicia la gente no habla en inglés, la gente "habla normal".
Na miña humilde opinión, isto da un claro exemplo de diglosia e supón un retroceso na normalización lingüística, a non ser que moitos dean xa a batalla por perdida e pretendan facer da TVG unha copia barata da televisión Valenciana. Moito máis incomprensíbel resulta que sexan aqueles nos que depositamos todas as nosas esperanzas despois do término da era Fraga, aqueles que mais atacaban a tvg, os que sexan agora artífices da súa degradación progresiva.
A 4 de novembro o único cambio interesante que apreciei na tvg foi a incorporación dunha nova equipa de presentadores do telexornal que está a dar moi boa imaxe e que manteñen unha pronuncia, fonética e credibilidade impecábeis (se ben a política informativa aínda non cambiou o suficiente). Outro feito interesante foi a revitalización do Xabarín Club, que volta a emitir polas tardes, algo de especial interese para os mais cativos, así como a programación de documentais par as tardes do sábado ou o anuncio de curtametraxes galegas unha vez á semana, á noite. Mais aínda queda moito por cambiar e por normalizar, descastrapizar e dignificar a nosa televisión nacional galega todo o que sexa posíbel. No mundo do audiovisual galego hai moita xente válida.

rokurota | 04-11-2005 02:00:08

Ciclo Werner Herzog.

Impecable.

Recomendo un libro escrito por él no que relata o seu viaxe desde Alemaña ata París para visitar a Lotte Eisner, sabendo o director que esta muller estaba a piques de morrer.
DEL CAMINAR SOBRE EL HIELO, W. Herzog.

s | 04-11-2005 14:02:16

Paréceme fantástico. Teño por aquí "Stroszek" que vou volver visionar e podemos comentala xunto co "Invencible" por exemplo, nos filmes.
En canto ó de rokurota vou colgar a túa opinión na categoría de debate, así que se alguén ten algo que dicir sobre o tema que o poña nesa sección.

Fagot | 04-11-2005 14:38:22


Uhmm, mais um día a ficar na casa, e botar unha ollada na tele, a ver se botan algo...mais unha vez, pouca cousa. Moita producción "nacional" e moito filme repetido. E nós, os indíxenas da reserva, facendo resistencia ladeada entre algunhas series de producción "autonomica" e miserias + calamidades do noso pasado, que era onte, encarnado en supermartes e luar. Pois bem, o cinema está aí fóra. Estes días ,en Compostela, chegaron os folgos do inverno: Cineuropa. Repaso o programa de man, que dunha vez xa esta posto, e...bravo! entre a mistura de filmes de festivais de toda a Europa "chic" (Venezia, Cannes e Donosti som os referentes ) as revisións dos grandes, este ano toca Dreyer, de novo, os documentários. Adoro este xénero. Este ano hai un par deles: C.S.A. ( Confederate States of America) e Viva Zapatero (malditos italianos!). Folga dicir que prefiro o primeiro: un "what if" dos bons;unha Norteamérica sudista, un trazado histórico paralelo, e afín. pervivencia de certos costumes dos que xa oimos falar, e mais. Hoxe vou velo. Acho que, coma sempre, sairei do cinema pensando que , vale, estan tolos estes romanos. E nós cá, coma os debuxos de Xaquín Marín, facendo agudos comentarios baixo o pé esmagador do que nos come. Porque serán gilipollas, mais quen nos dera negociar e explorar coma eles. Ou non.
P.D. O mes dos mortos, coma sempre, vaise. e con el, o cinema. U-los compañeiros do Cineclibe Compostela?. Comezaron a andaina no Yago, desplazados a Xornalismo, acho que este ano por fin proyectan eses filmes en Siberia. Por disidentes.

o | 04-11-2005 15:27:44

Canta razón vexo no comentario de o.
É como o que dí "Os Oscar son unha merda e seguirano sendo ata que me den un" :)
As cousas están así montadas cando eres pobre pensas no colectivo e cando eres rico no indivíduo.
E falando de Cine Europa e por facerlle publicidade ós colegas, creo que o próximo día 9 se estrea un filme que se titula "La casa de mi abuela" é un documental valenciano con participación galega (A productora e galega pero está feito integramente en Valencia). É un peliculón e aire fresco para o documental. Eu tamén teño moita curiosidade polo "what if" porque me da a impresión que pode ser unha auténtica gamberrada.
E cheguei tarde para o mes dos mortos pero algo haberá que facer nos próximos días para deixar constancia do paso dos defuntos.

Fagot | 07-11-2005 00:52:24

Quero facervos unha recomendación, sobre todo aos que como Fagot se adican a escreber guións. En Zoetrope (a de Coppola) teñen unha sección que che permite colgar e ler guións e facerlles recensións Eu procuro ler tantos guóns como podo cando teño tempo. Hainos horrorosos, pero tamén os hai bastante decentes.
Ler e analisar, ainda que sexa un pouco por riba, todos estes guións, é unha actividade do máis rentable. Apréndese un montón, e amplíanse moito as miras. E de paso, axudas a outro guionista, mesmo animándoo ainda que lle vexas eivas ao seu traballo (hai que poñerse sempre no pelexo do que recibe as recensións) . O único pero é que todo o material está en inglés, así que hai que poñerse a practicar, que pasiño a pasiño todo se anda.

Nilde | 09-01-2006 18:22:33

Trátase dunha páxina?
Danos algo máis de información.

Fagot | 10-01-2006 19:29:19

Pois é unha páxina na que te apuntas como usuario e a partir de aí podes baixar os guións que queiras, lelos e comentalos. E facilísima de usar (eu son unha boba en asuntos informáticos e nunca tiven o menor problema). Tamén podes colgar guións teus, o único que teñen que estar en inglés (creo) e que antes tes que facer cinco recensións, se mal non recordo. O enderezo é:
http://www.zoetrope.com/
Tes tamén acceso a información sobre cursos, concursos, etc. Non ten ciencia ningunha, xa veredes.

Nilde | 11-01-2006 15:02:06

O de Zoetrope viña porque me parece que un non debería pecharse portas antes de tempo. Quen che di que non podas vender un guión noutro pais? E ademáis, seguro que é máis fácil, se o guión é bo, que vendelo en España, onde sempre hai que ir con recomendación (ainda que pareza mentira a estas alturas), según me contan con sinceridade os colegas que se adican a eso. Por non falar de Galicia onde faltan productores de verdade que saiban ler.

Nilde | 11-01-2006 15:07:25

Sobre o papel estaría ben pensar en usar a rede para vender guións noutros países, pero na práctica creo que o que conseguirías é asegurar ó 100% que a túa idea vai ser plaxiada.
En todo caso voume dar de alta a ver como funciona e de paso para ver se son capaz de ler algo (aínda que o meu inglés é moi patateiro).
Gracias pola suxerencia.
Oes Nilde, agardo pola túa lista de 100 filmes favoritos para o ranking :)

Fagot | 11-01-2006 15:44:49

Uf, xa intentei facer a lista, pero tirei con ela pola metade, rompíame moito a cabeza. Volverei intentalo un dia destes.
Eu non creo que haxa problemas de plaxio, por unha razón bastante simple: un bon guión, a maioría das veces, non o é so por ter unha idea orixinal, senón por estar ben escrito, e eso é o que buscan os productores no mundo civilizado. E se tes unha boa idea, o máis posible é que os productores americanos, se é o caso, prefiran mercarcha que meterse en pleitos. Ademáis, podes rexistrar os teus guións en organismos americanos e así evitas problemas. Creo que o do plaxio está moito menos extendido do que pensamos. Aquí ao mellor, que esta é unha terra de piratas, pero por aí fóra a xente pasa de meterse en líos por catro patacóns.

Nilde | 16-01-2006 16:37:19

Non sei que che diga, eu recentemente acabo de ver varios casos de plaxio bastante sangrantes pero paso de comentalos. De tódolos xeitos pareceume unha páxina interesante. En breve teño pensado abrir unha nova categoría no blog para que a xente poida colgar links que teñan que ver co cine. Poden ser páxinas como esta, outros blogs ou simplemente páxinas que lle gusten á xente que pasa por aquí. En canto teña tempo póñome con eso.
E ánimo co da lista, aínda que non sexan 100 non pasa nada :)

Fagot | 17-01-2006 00:33:36

Porque non podes comentar os casos de plaxio? Non tes porque dar nomes, podes dar pistas. Xa sabes que é información útil para evitar que sexamos uns pardillos.

Nilde | 18-01-2006 13:40:13

Non podo comentalos porque involucra nalgúns casos a xente do meu entorno (e ata aí podo chegar).
En todo caso coñezo algúns máis "light" que máis que indignarme me producen risa ou pena, segundo se mire.
Por exemplo nas pasadas eleccións a empresa que lle fixo a campaña de publicidade ó PP plaxiou unha seceuncia de "La vida de Brian" para facer un anuncio do PP. A pesares desto, esta empresa ven de ser nomeada pola revista Imagen & Comunicación, a mellor empresa de publicidade de Galiza e o seu director o mellor publicista.
Tamén sei dun colega meu que meteu unha secuencia dos Monty Phyton, sen cambiar nin unha soa coma, nun guión da defunta serie "Pequeno Hotel" sin que ninguén se dese conta. Ademáis, por dirección, a secuencia quedou irrecoñecible.
Actualmente estase a emitir na TVG un anuncio que recorda sospeitosamente a Forrest Gump, fixoo un amigo meu, cando o vin resultoume moi gracioso. Non me gusta calificalo de plaxio, pero é evidente que "tomou prestada" a idea.
A lista sería interminable, sobre todo con ideas que moves nalgún momento e das que despois perdes a pista.
Por exemplo, hai dous anos eu escribín un desenvolvemento sobre o tema dos galegos asasinados por ETA por error. A idea non chegara a facerse naquel momento e sen embargo acaba de emitirse unha miniserie en Antena 3 sobre o tema. Non ten por que ser un plaxio, pero hai moitas veces que en canto pasa algo de tempo che levantan as ideas e tes que amolarte. E non sirve de nada o rexistro porque, loxicamente, ninguén ten a exclusividade dos temas e calquera pode coller unha idea e contala como mellor lle pareza.

Fagot | 18-01-2006 15:02:01

E que eso do que falas non é plaxio, en xeral (o de Pequeno Hotel, si). Tampouco é un plaxio que nun anuncio da tele (un de meeting) saia un plano calcado do plano inicial (invertido) de Lost in Traslation.
E creo que podes dar máis detalles sobre os plaxios que sofreron os teus colegas, de maneira xenérica (dicir que lles plaxiaron, serie, peli, curta...e dicir que parte lles plaxiaron, trama, tratamento, personaxes, temas...). Que non dubido que pasa, pero por eso mesmo é bon sabelo. Podes dar pistas sobre os autores do plaxio, sen dicir nomes, porque ó audiovisual galego é un pañuelo. Eu non estou moi metida, pero seguro que a outra moita xente lle axuda sabelo.

Nilde | 19-01-2006 13:47:49

Síntoo pero a verdade é que prefiro non meterme nese tema precisamente porque esto e moi pequeno e podería producirlle prexuizo a terceiras persoas. En todo caso hai tramas e tratamentos plaxiados máis dunha vez. Hai que ter moito coidado cos productores. Principalmente non hai que chegar nunca dicindo "Teño esta idea".

Fagot | 19-01-2006 14:04:56

Creo que depende que productores, hai moitos que son xente decente. E creo sinceramente que abunda máis o autoplaxio que o plaxio burdo por parte dos productores. So unha pregunta máis. ¿Esas tramas e tratamentos plaxiados estaban rexistrados?

Nilde | 20-01-2006 11:48:10

Non respondiches á miña pregunta, e realmente interésame sabelo (conste que non sei quen es, nin quen son os teus colegas, nin vou saber de ningunha maneira de que casos de plaxio falas, por se é eso o que che preocupa)

Nilde | 26-01-2006 14:53:27

Non, non me preocupa eso exactamente. Hai cousas que non se poden facer. Un plaxio é un delicto e non se pode acusar a alguén publicamente, neste caso nun blog , e querer evitar problemas despois.
O caso é que hai obras que están rexistradas é que despois son levadas á pantalla por outras persoas que non son os seus autores. O máis normal é que aconteza con tratamentos ou sinopses, por eso hai que ter coidado á hora de presentar ideas propias a unha productora. O que hai que procurar e contar con algo que che faga imprescindible para o proxecto e eso nunca é fácil.
Como xa dixen non vou dar nomes, pero hai casos de proxectos que foron presentados a productoras e que despois estas os fixeron pola súa conta. En fin, hai de todo.
Outro dos problemas é precisamente que este mundo é un pano e non podes denunciar a ninguén xa que eso pode ter repercusións directas no teu futuro traballo. Simplemente podes gardalas e agardar o momento de revancha. De feito eu xa teño gardadas a miñas.

Fagot | 26-01-2006 16:51:29

Vou facer de avogado do diaño, ainda que podes dar por seguro que as miñas simpatías están máis cos autores que coas productoras.
Se presentas un proxecto a unha productora cedéndolles todos os dereitos a cambio dun precio (cativo, polo xeral) e logo eles fan e desfán con el sen contar contigo, eso non é delito. Certo que as productoras abusan nestas compras (se venden a terceiros, o que ti cobras é ridículo, e eles, que só fixeron de intermediarios, se levantan unha pasta pola jeta). Pero non é máis que unha compra venta de saldo.
Cando se ía facer Celavella, un dos que traballaba no equipo técnico contoume que a serie ía dun médico que volvía ao seu pobo, pero que o cambiaron por un avogado porque outro autor lle deixou caer á productora que eso era un plaxio...porque el tamén estaba preparando unha serie sobre un médico que ía vivir ao rural. ¿Ti cres que eso é normal? Home, hai que ter un pouco de cabeciña para todo.
O que é plaxio é que non che paguen por un proxecto, o copien e llo encarguen a terceiros (ou a ti mesmo, que non sería o primeiro caso deste absurdo maiúsculo). E non nego que esas cousas pasan. Pero unha sinopse tipo "Varios estudantes comparten piso e experiencias vitais" ¿ti cres que é plaxiable? Ou "Vidas e inquedanzas de varias mulleres que viven no mesmo barrio"? Porque se é así, imos listos.

Nilde | 30-01-2006 14:18:07

Non, claro que eso non é plaxiable, de feito as sinopses ás veces refirense a outras series. Por exemplo Mareas Vivas era "Doctor en Alaska na Costa da Morte" ó final non saiu así de todo :)

Fagot | 30-01-2006 15:15:40

Dichosa TVG. Entereime, o día máis triste da miña vida que o SuperMartes se "iba" toda unha pérdida total, pero non temades:

Eu farei un SuperMartes, custe o que custe, secadra non pode estar Cecilio, pero será un bó programa, deixade en spaces.msn.com/f199-02 , o meu website, un comentario coa palabra VIPSM e a vosa dirección de correo electrónico, mandareivos unha copia, secadra ata Maio ou Xuño non a teño

Atilano SM | 06-03-2006 19:03:05

Vaia Atilano deuseche pola F-1 :)non teño dirección de hotmail pero se volves pasar por aquí gustaríame que me enviases a copia a apelidodia@gmail.com

Fagot | 07-03-2006 12:19:11

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009