Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 04 de Novembro de 2005

Sobre a lingua na TVG por rokurota

A ultima semana estou a debatirme entre a indignidade e a tristeza mais profunda por ver como se está a emitir na tg un programa de zapping (extraido de Maxima Audiencia) íntegramente en castelán na tvg (ou case ao 80%). Resulta incomprensíbel como a televisión de todos os galegos (e hoxe por hoxe a única), cuns estautos que abogan claramente pola dignificación e promoción do noso idioma, sexa campo de experimentación para os novos directivos e responsables da programación da cadea. É insultante ver parodias de series americanas e castelán (?) na tvg, con diálogos tal coma o que segue (entre Mulder e Scully):
- Mulder, ´¿por qué hablamos así?
Scully- Porque aquí en Galicia la gente no habla en inglés, la gente "habla normal".
Na miña humilde opinión, isto da un claro exemplo de diglosia e supón un retroceso na normalización lingüística, a non ser que moitos dean xa a batalla por perdida e pretendan facer da TVG unha copia barata da televisión Valenciana. Moito máis incomprensíbel resulta que sexan aqueles nos que depositamos todas as nosas esperanzas despois do término da era Fraga, aqueles que mais atacaban a tvg, os que sexan agora artífices da súa degradación progresiva.
A 4 de novembro o único cambio interesante que apreciei na tvg foi a incorporación dunha nova equipa de presentadores do telexornal que está a dar moi boa imaxe e que manteñen unha pronuncia, fonética e credibilidade impecábeis (se ben a política informativa aínda non cambiou o suficiente). Outro feito interesante foi a revitalización do Xabarín Club, que volta a emitir polas tardes, algo de especial interese para os mais cativos, así como a programación de documentais par as tardes do sábado ou o anuncio de curtametraxes galegas unha vez á semana, á noite. Mais aínda queda moito por cambiar e por normalizar, descastrapizar e dignificar a nosa televisión nacional galega todo o que sexa posíbel. No mundo do audiovisual galego hai moita xente válida.

rokurota

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (7) | Referencias (0)

Comentarios

Concordo com a degradação da lingua na TVG. Agora já não só há presentadores falando á espanhola. Diretamente põem a gente a falar em espanhol.
O do zapping é nauseabundo. E não falo só de lingua. A qualidade é pésima. Semelham imitações feitas por cinco colegas numa tarde de enchenta.

Outra coisa que está a ocorrer .Os comentaristas invitados de qualquer tema ( desportos, etc...) sempre são espanhol-falantes...
E que não há "especialistas" que falem nossa lingua?

Amaeo | 30-11-2005 10:54:19

Que eu saiba a televisión de Galicia é un medio audiovisual de comunicación e non unha facultade de filoloxía. Non basta con que os presentadores teñan unha fonética impecable, ou impecabel, como prefirades, senón que deben ser bos comunicadores, e, que queredes que vos diga, moitos dos que están agora adoecen desa cualidade tan imprescindible pra chegar ós espectadores. En fin, se queredes reflexionar sobre esta opinión, ben, senón seguide coas vosas teimas do idioma como se fose o máis importante da tvg.

Gaspar | 21-01-2006 22:00:20

Que unha persoa sexa boa ou mala comunicadora é algo en moitos casos puramente subxetivo, tanto, que non pode ser definido en moitos casos por un productor, un director ou mesmo un espectador, senón que é a propia audiencia a que acaba decidindo sobre a valía á hora de comunicar dun determinado profesional.
Agora ben, tanto a corrección léxica como a fonética son parámetros absolutamente obxetivos e que deben ser obrigatorios para determinados profesionais. Cando un profesional de TVE (por poñer un exemplo) fala mal é probable que non sexa contratado para determinados traballos como pode ser: ser a cabeza visible dun informativo. Esa corrección e esa profesionalidade que esixe todo público na súa televisión é a que debemos esixir nós na nosa e no noso idioma.
Se se usa ou non o español, ese é outro debate que non ten que ver coa corrección lingüistica.
Agora ben, a televisión é un medio moi rico que conta con multitude de variables nas que as normas básicas de corrección lingüistica non teñen porque ser válidas. Esto é por exemplo a ficción. Na ficción, o idioma, ou a maneira de expresarse son características propias dunha determinada persoaxe. É por esto que unha persoaxe de ficción non ten porque expresarse con corrección (que tamén pode) senón dun modo apropiado ó seu perfil psicolóxico. Así non falan igual un catedrático de filosofía que un empregado dunha funeraria.
O idioma é básico e é de vital importancia na televisión. Atendendo a esto, pode ser admisible certo grado de coloquialidade ou mesmo de incorreción nalgúns programas de televisión. O que non se debe admitir é que estas licencias se tomen desde programas, como son os informativos, que unha das súas funcións principais é dar exemplo. Así, campos como o da divulgación, ou a formación non poden contar con incorrecións lingüisticas porque ó tempo que fomentan unha determinada formación tamén contribúen a un menosprezo da lingua.

Eso é o que eu creo.

Fagot | 21-01-2006 22:25:12

Home, neste mesmo site estou escribindo baixo a frase "Tu Comentario" e puxen o meu nome no cuadro de "Nombre"

O que vou. A TVG da noxo. Así de claro. Da o mesmo que estea o PP, o BNG, o PSdG.. da o mesmo.

A mín pareceme un insulto que os anuncios sexan en castelán, e producto que se anuncia en castelán na tvg, producto que non merco... ¿por qué? porque ese producto na TV3 ou fai un anuncio en catalán ou non sae, así de sinxelo. Respecto. E man firme por parte da cadea PUBLICA, que ven que a pagamos entre todos, ainda que sexa para aturar o Gayoso e os que teñan carné

Manuel | 16-03-2006 05:53:36

Home, tes razón en todo caso non sei se en TV3 os anuncios son en catalán por iniciativa da canle ou dos anunciantes que tampouco son parvos e que miran o número de parlamentarios de cada grupo político e o que lles gusta á sociedade que os respalda.
Con respecto a este site, que lle imos facer?, é culpa miña que non algo negado para facer ese tipo de cambios e aínda non dei co lugar da plantilla onde cambiar eso ó galego.
Sinto ter esa falta de coñecementos, ainda que sobre a marcha sempre vas aprendendo cousas.

Fagot | 16-03-2006 11:55:25

Esoy d "nosa" PUTA LINGUA ata os collós
¿Qué máis dará un programa en astalán, ou en galego, ¿non son acaso cooficiais?
E, por certo eu vexo un programa polos seus contidos, non polo idioma

SM | 28-05-2006 11:38:14

Que un programa se mide polos seus contidos, vale. Neso estamos dacordo. Agora ben: Os estatutos da TVG din que se trata dun canle de televisión destinado á difusión da cultura e da lingua galega. O galego está en franca minoría no que se refire ós medios de comunicación quedando restrinxido case que practicamente ó ambito da RTVG. Calquer producto audiovisual feito en galego para tv ten unha única ventana de difusión e esta é a TVG.
Ante esta situación ten unha grande importancia o idioma xa que un programa en castelán pode ser difundido de miles de formas, en miles de soportes, e en miles de ventanas. Sen embargo, se a ventana que utiliza é a da TVG estalle restando un espacio ó case que único lugar onde teñen cabida dos productos en galego. Logo, non se pode aceptar a emisión na TVG de programas feitos en castelán porque supoñen eliminar o mínimo espacio que se lle foi concedido ó galego independientemente da oficialidade ou cooficilidade do idioma en cuestión.
Cousa distinta é que alguén fale nun idioma distinto do galego dentro da TVG. Nese caso habería que mirar se é necesaria esa intervención (se sae Bush non vai sair falando en galego, aínda que o dobren ou subtitulen). O que está claro é que nunha situación de igualdade non se faría ou non tería porque facerse distinción, pero a situación do galego é de inferioridade logo é necesario certo proteccionismo.

Fagot | 30-05-2006 14:26:27

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Rock in rio