Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 04 de Novembro de 2005

Volvemos.



Saudos a todos. Hai varios meses que este blog deixou de funcionar pero retómoo con ánimos renovados á espera de que veña xente disposta a participar.
Non hai ninguha norma especial, só que falamos de cine e televisión.
Comentaremos os filmes que vemos e debatiremos sobre a situación do audiovisual.

Agardo que teñamos un punto de encontro no que poidamos sacar en claro cousas que quizais nos axuden a ver o mundo audiovisual desde outra óptica.

Nada máis, animarvos a todos a que deixedes o voso comentario. A supervivencia do blog depende de todos.

Saudos.

Fagot.

Por: Fagot | Xeral | Comentarios (11) | Referencias (0)

Comentarios

Estou encantado con que retomes este espazo, que por desgraza esmoreceu con anterioridade por falla de colaboración da comunidade internauto. Sigo con frecuencia e desde hai tempo as túas mensaxes no foro de vieiros, e concordo por norma xeral con elas (ainda que diverxese no caso da polémica lingüística de Mar Adentro ou na conveniencia de integrar o castelán na produción das series galegas). Pois nada, un cordial saúdo, e a animarte a que sigas aportándonos coñecimentos en torno ao audiovisual.

Un cordial saúdo.

rokurota | 04-11-2005 01:37:02

Si que tivera polémica o de Mar Adentro...
Calquera día destes volvo colgar unha crítica do filme e igual se volve montar :)
Aínda que eu nun punto tamén acabara algo canso.

Fagot | 04-11-2005 01:55:44

xd, estaría ben o asunto. En todo caso, concordaremos en que para nada é cinema galego. Estamos a exercer na actualidade un papel similar (permíteme a licencia) ao deserto de Almería cando os Spaghetti westerns de Leone e cía. Refírome, claro está, á utilización unicamente escénica (basicamente) da nosa terra.

un saudo

rokurota | 04-11-2005 02:11:29

Ui, xa nos metemos no tema como quen non quere a cousa...
Nada. Mañán fago un apartado de filmes sobre Mar Adentro e reanimamos a polémica. E aprobeitando o de Leone poño tamén outro de Hasta que llegó su hora que é a miña favorita :)

Fagot | 04-11-2005 02:43:52

Acabo de ver a páxina e moi bonito todo.
Eu propoño facer un debate sobre "Pasión de Gavilanes" que tamén é audiovisual, creo.

Pd: Visitade http://redaccion.e-diario.net/

Redacción | 04-11-2005 03:48:59

Saude, sempre é um pracer coma ti dis, falar doutra cousa que nom seja futebol ou de politicos. E digo politicos e nom politica porque ao fin e ao cabo, a Politica (con Maiusculas) chega a tudo porque vencelhada como esta ao Poder atinge todos os aspeutos da vida, queiramos ou nom, incluido a Arte e ao cinema.
Bem dempois do "discursinho", darche as graças por reabrir o teu blogue do que serei leitor, ja nom sei se "escrevedor" porque a verdade os meus conhecementos de cinema som os de simple afeccionado. Saudos.

Beltram | 04-11-2005 10:32:25

Está ben eso de facer a distinción na política. De feito creo que da para abrir un tema do debate sobre todo no que se refire ós modelos de cinema existentes. Voume poñer a eso.
En todo caso tanto se os coñecementos son de "afeccionado" como de "profesional" eu convido a todo o mundo a participar porque se aprende moito. Persoalmente gústame saber desde o punto de vista do público que cousas agradan e cales non, ou que interpretación se fai dos filmes e moitas veces se obvian opinións que teñen moito valor.
Non creo nas opinións individuais, creo que toda opinión é extrapolable a un conxunto e que o parecer dunha persoa responde á opinión dun grupo máis amplo e desde logo en todo o que teña que ver coa cultura esto é moi importante.
Vou abrir tema de debate para quen queira pasar.

Fagot | 04-11-2005 13:25:00

está ben facer unha distinción. Non obstante, no noso caso particular , a política vai influenciar claramente o panorama audiovisual galego, esencialmente financiado desde o poder. A ver se polo menos para o ano financia a Xunta a dobraxe de algunha pelicula importante nos cinemas...

xurxo | 05-11-2005 00:13:37

boas...acabo de deixar un comentario sen saudar antes. perdón :-)

Gústame o blogue, non o coñecía na etapa anterior, acabo de chegar dende o foro de vieiros.

En fin...saudiños e noraboa
nhikinhakapu

nhikinhakapu | 06-11-2005 23:41:20

É com grande alegria que assisto ao regresso do teu (vosso?) blog, embora não colabore muito nos comentários, vou dando uma espreitadela por aqui.

Pois que seja um auspicioso regresso!

Abraço

Adaúfe | 07-11-2005 00:52:28

Si o de "meu?-vosso?" anda sempre no aire. Eu estou agardando que algúns colegas me boten unha man para poder ofrecer contidos continuamente.
En todo caso eu sempre prefiro falar en plural porque ó final o blog faise entre todos os que participan, os que suxiren cousas, os que comentan..., De feito se queredes mandar cometarios dalgún filme para colgar na páxina tedes unha dirección de correo á vosa disposición: apelidodia@gmail.com

Fagot | 07-11-2005 01:05:51

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Innovacion