Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 06 de Novembro de 2005

Mar Adentro



Título Orixinal: Mar Adentro
Ano: 2004
Nacionalidade: España
Dirección: Alejandro Amenábar
Guión: Alejandro Amenábar e Mateo Gil.
Interpretes: Javier Bardem (Ramón Sampedro), Belén Rueda (Julia), Lola Dueñas (Rosa), Mabel Rivera (Manuela), Celso Bugallo (José), Clara Segura (Gené), Joan Dalmau (Joaquín), Alberto Jiménez (Germán), Tamar Novas (Javi), Francesc Garrido (Marc).
Producción: Fernando Bovaira e Alejandro Amenábar
Fotografía: Javier Aguirresarobe
Dirección Artística: Benjamín Fernández
Deseño de Producción: Benjamín Fernández
Música: Alejandro Amenábar
Son: Ricardo Steinberg, Juan Ferro
Montaxe: Iván Aledo
Vestiario: Sonia Grande

Sinopse: Ramón leva case 30 anos postrado nunha cama ó coidado da súa familia. A súa única ventana ó mundo é a da súa habitación, xunto ó mar polo que tanto viaxou e onde sufriu o accidente que interrompeu a súa xuventude. Desde entón, o seu único desexo é rematar coa súa vida dignamente. Pero o seu mundo alterase pola chegada de dúas mulleres: Julia, a avogada que quere apoiar súa loita e Rosa, unha muller da vila que intentará convencelo de que vivir merece a pena. La luminosa personalidade de Ramón termina por cautivar a ambas mulleres, que terán que cuestionar como nunca antes os principios con que rixen as súas vidas. Ramón sabe que só a persoa que de verdade o ame será a que lle axude a realizar esa última viaxe.

Comentario:
2004. Dirixe Alejandro Amenábar, tamén fai a música e escribe xunto con Mateo Gil o guión.
Eu son desas persoas que despois de ver "Abre los ojos" e "Los otros" afirmou con rotundidade que Amenábar era un "bluff", equivoqueime. Mar Adentro é un filme moi complicado de facer e Amenábar resolveo con maestría. A clave é un moi bo traballo de guión e unhas interpretacións soberbias. Tódolos actores están magníficos, desde Javier Bardem que aguanta o tipo actuando como cabeza parlante, a Celso Bugallo que desprende credibilidade en calquera das súas expresións.
O filme conta ademáis con numerosos acertos, o máis destacable é o feito de falar da morte con total naturalidade e evitando os aspectos máis morbosos. Como contraste lembrámonos da versión televisiva da historia de Ramón Sampedro que se fixo en Galiza "Condenado a vivir". Naquela ocasón fixérase un melodrama morboso co obxetivo de conmover a "marujas" de encaixe e calceta. Así lles foi.
Neste caso, tanto Amenábar como Gil superon ler a clave da historia, o proceso na loita polo dereito a morrer. Con este tema central, é moi destacable a descripción do entorno colateral. As historias que se suceden ó redor da figura de Ramón Sampedro están moi ben caracterizadas e axudan a incorporarse no universo do filme, no entorno no que discurre e na personalidade do protagonista. Neste sentido, o principal acerto de Mar Adentro foi precisamente o principal erro de "Los otros" onde a historia principal quedaba desasistida e chegaba a facerse monótona e previsible.
Con todo o filme foi polémico en Galiza e aínda non entendo moito porque. Houbo quen viu no filme unha comparación prexuiciosa entre o galego e o catalán. Tamén quen pensou que ofrecía unha visión tópica e atrasada de Galiza. En fin, eu ás veces penso que os que damos a visión atrasada de Galiza somos nós. Lembro que "Xan das bolas" saíu daquí. De feito creo que o filme é moi positivo para Galiza. Por unha banda promociona a actores galegos que teñen un papel relevante no filme, por outro fai que se escoite o galego nun filme español, algo que non recordo en ningún outro filme (Algús figurantes de "Dagon" tamén falan en galego).
O caso é que tanto o galego, como a visión da Galiza rural está utilizada como ambientación, a que a historia necesita. Hai que entender que esto é unha película e non un vídeo turístico, e se un filme necesita un entorno rural pois é ese o que hai que ensinar. Evidentemente todalas persoas temos preconceitos asimilados e en certos discursos eses preconceitos poden aflorar, un deles pode ser que se considere Galiza un lugar atrasado. Non sei, non estou metido na cabeza de Amenábar, o único que vexo é unha ambientación moi lograda e pensando exclusivamente en Galiza vexo que o que fixo Amenábar, rodar en galego, darlle relevancia ós actores secuendarios galegos, poñer o rural galego nun escaparate internacional..., é algo que non fixo ningunha productora galega das que fan cinema.
Estou agardando o día que en Galiza se faga un filme que poida tan sequera compararse a este.

Nota: 8,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (9) | Referencias (2)

Comentarios

Estou bastante dacordo coa valoración positiva que fas, así como na opinión sobre a imaxe “non negativa” que da de Galiza. Malia elo, creo que en liñas xerais o filme está un chisco sobrevalorado, se cadra porque a moitos nos pareceu moi oportuno e incluso agardado.
A principal eiva do filme, ó meu entender, está na propia maneira en como trata a situación de Ramón Sampedro. Non hai que caer no morbo, pero tampouco é aceptable pasar por riba do tema (se cadra para facelo máis comercial) deixando no espectador a imaxe de “pasantía tranquila e placenteira” pola que pasa o protagonista en troques do calvario que realmente debeu ser. Neste mesmo ano temos unha película sobre a eutanasia moito mellor levada, “Million Dollar Baby”, que consegue trata-lo tema sen pedí-lo comodín do humor e mostrando o sufrimento dunha forma moito máis descarnada. Mención merece tamén, aínda que de fai xa uns anos, a introspección psicolóxica moito máis interesante (pese a en conxunto ser unha película se cadra inferior) de “Johnny got his gun”, introspección que a Amenábar semella escorrérselle entre os dedos.
Outro punto negativo da película está na escea do crego, demasiado forzada e metida con calzador, por intres pensei que estaba a ver unha película de Ken Loach. Evidentemente, na historia entra sen problema a crítica á posición da igrexa católica, pero perdeuse unha oportunidade de facelo de forma máis elegante.

De tódalas maneiras considero que é unha boa película, e coincido en que ogallá se fixera outra como esta na Galiza. E paréceme un gran acerto a escolla do final, coa situación de enfermidade de Belén Rueda xa avanzada, en troques do outro que varallaron sobre un soño no que Ramón Sampedro se reencontra coa noiva.

nhikinhakapu | 06-11-2005 23:31:22

Aínda non vin Million Dollar Baby que non dudo da súa calidade aínda que admito certos prexuizos persoais sobre os últimos filmes de Clint Eastwood. Esto é debido a interpretación de actores xa consagrados que non me axudan a integrarme na historia senón que en parte fana pouco creíble. O máis significativo foi Mystic River que é un filme marabilloso pero eu non podo ver aí a Tim Robins e a Sean Penn porque non me cadran.
Pero vaiamos a Mar Adentro. É posible que estexa algo sobrevalorada. Eu creo que en parte os filmes se valoran por comparación do que se está a facer en cada momento e Mar Adentro está moi por riba da inmensa maioría dos filmes que se fixeron en España nos últimos anos.
Que pasa? se se compara con "Johnny got his gun" sae perdendo. Pero é unha comparación cun filme que xa fixo o seu hoco na historia e creo que Mar Adentro non ten ese nivel. Dentro dos peliculóns tamén hai categorías. Seguindo con "Johnny got his gun", "Mar Adentro" parece un conto de nadal ó seu lado non?, "Johnny" é unha auténtica cabronada de película.
O que me parece relevante de "Mar Adentro" é que nos poida levar a este tipo de comparacións e por eso creo que habería que comezar a facer películas en Galiza que estivesen a ese nivel. Olvidarse un pouquiño do mercado e apostar por historias, por grandes historias que nos axuden a codearnos co cinema internacional. "Mar Adentro" non é un filme galego, pero é unha lección que temos que aprender e esa é que se pode facer cinema en Galiza, desde Galiza e que esas historias poden ter repercusión e proxección sen necesidade de estar a pensar nas puñeteras pretensións de universalidade que se traducen habitualmente en eclepticismo e en pouca credibilidade.

Fagot | 07-11-2005 00:21:00

Hmmmmmm...Precisamos dunha peli como Mar Adentro como exemplo pra facer un cinema galego serio?. Coido que non.
Evidentemente ese non é un filme galego, e ademáis está supravalorado. Fronte ás excelentes interpretazóns de Bugalho, Rivera e Bardem compre sulinhar a mediocridade coa que Amenábar trata o tema e bota man dunha ferramenta tabú: sérvese dun sentimentalismo rosa pra tratar o tema da eutanasia. Imperdoável!. Como moito é unha choqueirada ben feita e con bos actores. Unha mágoa, porque os caracteres están moi ben trabalhados e por primeira vez un actor espanhol é capaz de facer un sotaque galego digno sen intenzón de nos ridiculizar.
Amenábar non está á altura de "The Others", unha marabilha de guión cunha fin que ninguén espera. ISo é cinema: facer algo que o espectador non agarda e non meterlhe unha pastelada coa que poder engulir o pesimismo dun tema forte edulcorado ademáis cun trasfondo de galeguidade pintoresca.
Non é de estranar que a pastelada recevira o oscar no país coa audiencia máis neurótica e sentimentaloide.
Saúdos.

Bravuwsky | 07-11-2005 13:17:30

Home, ata me fai ilusión ler o dos "caracteres están moi ben traballados". Creo que si.
O do sentimentalismo eu sigo sen entendelo. Eu cando vexo o filme non sinto pena senón admiración. Creo que o filme vai por ese lado, establecer un contraste entre o entorno rural e o urbano e o ensalzamento dunha persoa que partindo do rural é capaz de facer reflexións máis fondas e perfectamente argumentadas que colectivos que se erixen a si mesmos como elite. Ramón Sampedro tal e como está dibuxado ten un sentido da ética máis evolucionado que o sector "culto-urbano" por chamalo dalgunha forma.
En canto a "The Others", uf, uf... (vou coller un café) Non creo que sexa un bo guión. Vina recentemente e gustoume máis que cando a vin no cine de onde saín puteando contra a película. Véxolle dous problemas, o primeiro de "racord" (continuidade, hai demasiados fallos). O segundo de guión. Deixaba un apuntamento antes. Non hai sucesos colaterais que apoien a trama principal. Eso por un lado, por outro a historia está escrita en forma de gradación pero en certas fases non se aprecia unha evolución clara do conflicto, poderías cambiar a orde de moitas secuencias e non pasaría nada. Eso é un erro grave. Por outra banda algunhas secuencias son moi, moi, moi parecidas a unha das películas favoritas de Amenábar "Al final de la escalera" o que fai que cheire un pouquiño.
En todo caso, e volvendo ó tema de "Mar Adentro", deixando a un lado as preferencias persoais, quen nos dera un filme así aquí, en serio, estou seguro de que rebitalizaría e cambiaría toda a visión que hai do cinema galego. Eu creo que sería ó cinema o que "Mareas Vivas" foi á televisión, un acontecemento que provoca que comecen a facerse máis cousas. Aparecería a competencia e esto sairía do pozo.
Benvido de novo!

Fagot | 07-11-2005 14:13:59

En liñas xerias estamos dacordo, insisto en que é un bo filme e en que ogallá se fixera outro así aquí. O que ocorre é que entroque de un 8,5 eu probablemente a deizaría nun 7 ou 7,5.

Saudiños

nhikinhakapu | 07-11-2005 16:38:13

Pois o do sentimentalismo-topicazo está ben claro na minha opinión e mesmo a boa interpretazón de Bardem non pode salvar o pastel zucrado que é a película. Por non falar de certas frases que dí aquela estranxeira "Galicia no nos quiere" e máis adiante cando lhe da cartos a Mabel Rivera, queeee xenerosidade!, grazas, bwana, grazas, estabamos esperando que aparecera voce coa bilhetada!. Uuuuuuffff!!. Un topicazo sentimentaloide, creo que Amenábar vive o seu enamoramento dun galego dunha maneira moi zucrada, non se pode facer pelis coas gafas rosas. Esa peli non representa Galiza, como moito a vida familiar de Sampedro está moi ben posta en escea pero non se ve como as está a pasar putas e que por iso quere morrer. Ademáis, a fin é precipitada, non se para en amosar a complicidade dos amigos ao preparar en etapas cadanseu o suicidio e esa parte sería primordial.
No audiovisual galego pódense facer películas milhores que esta, a cal está dirixida claramente a un público americano e sentimentaloide.
Amenabar debería ver máis a Lars von Trier (Dogville
Sigo a pensar que The Others é moito milhor.

Saudinhos.

Bravuwsky | 08-11-2005 15:07:05

Como diría o meu avó "Vas acabar comigo" Bravuwsky :)
Despois de ler este post coíncidimos en máis cousas pero está calro que non lle damos a mesma importancia.
Evidentemente non creo que sexa un filme que representa a Galiza. E eso importa?
O de ofrecer cartos creo que se debe a diferencias culturais, entre as personaxes, e en todo caso á visión do espectador non son os galegos os que quedan mal.
E con respecto ó da precipitación..., Se te metes en como se prepara o suicidio, igual te metes en terreo pantanoso porque aí si que se pode caer no morbo con facilidade. A min gústame que non profundice.
Deixando a un lado esto, supoño que o tema esta nesa suposta representación de Galiza que creo que se está a sobrevalorar, tanto no filme como na importancia de facer obras que fagan acopio de simbolos de identidade dun país. Sempre que ambientas unha obra nun determindado lugar, se caracterizas ben ás túas personaxes van existir marcas de identidade. Sen embargo nunca vai ser unha representación do país senón dun determindao sector, entorno físico... Ó igual que na literatura, cando se fala das obras identitarias, so podemos consideralas no caso das epopeias e non é bo para a saude estar facendo epopeias todo o tempo aínda que nalgún momento se poñan de moda. En todo caso tamén se podería discutir cal sería a gran epopeia galega e que apartado da nosa historia podería definir mellor o que somos. Para algúns podería ser o mito celta, para outros igual as loitas secesionais e a perda da unión con Portugal (Sobre Inés de Castro xa hai un filme, moi malo "Inés de Portugal") ou porque non, unha epopeia recente é a emigración. Atendendo a esto, está claro que o gran relato cinematográfico galego segue a ser "Sempre Xonxa" que no fondo tampouco é un retrato da sociedade, senón unha historia de amor. Esto xa se fixo, agora hai que mirar de evolucionar. Que se fagan filmes mellores aquí, eso espero, é unha visión optimista e agradécese.
Por certo, agardo a túa lista das 100 mellores películas, a ver que sae daí.
Pd: Dogville tamén me parece un peliculón.

Fagot | 09-11-2005 14:01:58

Tenho que cavilar encol das cen milhores, tés daquela un apartado especial ne túa site?

Bravuwsky | 09-11-2005 16:24:43

Si. Está en "Aportanos cousas" hai un fio para o ranking. De tódolos xeitos creo que se tardará algún tempo porque esixe algo de traballo. Veremos que sae daquí.

Fagot | 09-11-2005 16:53:13

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Primeiras valoracións sobre o "Day and Date" | 2006-02-12 16:58:02
[...] Mar adentro y Lucía y el sexo, coincide en muchos aspectos con el director. "Bubble es una iniciativa vanguardista. Yo creo que la industria se va a resistir en un primer momento, pero considero que ésa es la dirección en la que se acabará [...]

A noticia cinematográfica "chorra" do día. | 2006-03-25 12:58:09
[...] Mar adentro (Oscar en el 2004) es gallega en personajes, historia y localizaciones. Por su parte, el Dépor es una garantía de taquillazo... cinematográfico. Uno de los « concetos» vitales que Pazos, el personaje interpretado por Manquiña, [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009