Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 06 de Novembro de 2005

Somne



Título Orixinal: Somne
Ano: 2005
Nacionalidade: Galiza, España
Dirección: Isidro Ortiz
Guión: David Alonso, Cristóbal Garrido
Interpretes: Uxía Blanco, Óscar Jaenada, Chete Lera, Nancho Novo, Gary Piquer, Goya Toledo
Producción: Emma Lustres, Luís Méndez
Producción Executiva: Borja Pena, Eugenio Sánchez
Fotografía: Pedro del Rey
Dirección Artística: Carlos Bodelón
Música: Javier Cámara
Son: Julio Recueiro
Montaxe: Manel G. Frasquiel

Sinopse: Andrea é unha neuróloga nova que volta á illa de Salerma, á universidade de Linza onde estudara. Alí descobre que María, ex profesora súa, se suicidou hai pouco, víctima dunha estraña depresión. Como consecuencia un importante experimento que estaba a desenvolver, promovido polo consello reitor da universidade, ten ficado en suspenso.

Comentario:
2005. Dirixe Isidro Ortiz que xa atormentara ó mundo con "Fausto 5.0".
Está moi ben falar deste filme, sobre todo para comparar coa tan criticada "Mar Adentro".
"Somne" que non "Mar Adentro" é deses filmes que levan a etiqueta de "película galega". É unha coproducción entre unha productora galega VACA films (Non confundir coa VA-CA) e Lotus films, creo recordar que tiña unha subvención da Xunta de 30 millóns de pesetas, conta coa colaboración da TVG, e coa colaboración de Caixa Galicia. Ó igual que "Mar Adentro" tamén conta con varios actores secundarios galegos, Chete Lera e Uxía Blanco, non falan e creo que entre os dous non suman aparicións en máis de 10 secuencias das 70 que debe ter o filme. Tamén está outro galego Nancho Novo, este sí que fala co seu acento de Chamberí. Está rodada en Galiza, como "Mar Adentro", pero non fan ninguha referencia a Galiza senón que a historia transcurre nun lugar chamado "Salerna". Nin ún so plano se rodou en galego, eso sí conta coa dobraxe made in TVG á que xa estamos acostumados. Ó igual que "Mar Adentro" o director, non é galego, nin o guionista, nin a protagonista Goya Toledo, nin o co-protagonista Oscar Jaenada, a maquilladora, Raquel Fidalgo sí, pero traducíronlle o nome e agora chámase "Hidalgo" (Podedes comprobalo http://www.solopelis.com/peli1197.html) pero esta é unha peli galega.
En fin, deixémonos de rollos e falemos do filme. Somne é deses filmes que me inspiran un fondísima pena. Somne é un filme que conta cun orzamento de 3 millóns de euros (500 millóns de pesetas), está distribuída pola Warner, ten participación de Sogecable e Canal +, teno todo para dicir que é un grandísimo proxecto moi ben armado. O malo é que non hai película. Somne é un cúmulo de despropósitos. O guión raia coa estupidez, hai secuencias, diálogos, planos e ata o cartel que recordan sospeitosamente a outras películas, todas elas de éxito. A interpretación é correcta pero sen máis. E o ritmo é cansino e totalmente descompensado. Aburre tanto que Vaca films debería cambiar o nome polo de Baca films para cargar con este lastre.
Eso sí a factura é impecable, o trailer é moi bonito, e Isidro Ortiz demostra que pode seguir facendo publicidade. Este home sabe encuadrar, sabe onde poñer a cámara, ten unha concepción estética interesante, unha boa fotografía (Pedro del Rey)..., pero eso sí, de facer películas creo que non ten nin puta idea. Eu póñome na pel dos productores e desde logo hai que ter estómago para poñerse agora a promocionar semellante porcallada e aínda enriba ter que ensalzar a figura de semellante director petardo.
Non vou comentar nada do argumento xa que o filme está nos cines. Só aclarar que se vende como filme de terror pero non é tal, é un thriller de ciencia-ficción. Animarvos a todos a que a vaiades ver, porque vai facer falla un milagre para que esto non xenere pérdidas.

Nota: 2

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Esquecíame de un apuntamento. Colguei os dous carteis como curiosidade para que se vexa por onde vai o mercado.
O segundo cartel é o cartel orixinal a frase do filme era "O que dorme". O primeiro cartel é o definitivo e imaxino que é consecuencia de que Warner entrase no proxecto. Trátase dunha copia do cartel de "El sexto sentido" e a frase pasa a ser "el terror está en tus sueños" algo un pouco raro para un filme que non é de terror.

Fagot | 07-11-2005 00:57:59

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009