Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 08 de Novembro de 2005

Halloween

Algún tributo hai que render ó pasado mes dos mortos.



Título Orixinal: Halloween
Ano: 1978
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: John Carpenter
Guión: John Carpenter, Debra Hill
Interpretes: Donald Pleasence (Dr. Sam Loomis) Jamie Lee Curtis (Laurie Strode) Nancy Kyes (Annie Brackett), P.J. Soles (Lynda VanDerclork) Charles Cyphers (Sheriff Leigh Brackett) Kyle Richards (Lindsey Wallace) Brian Andrews (Tommy Doyle), John Michael Graham (Bob Simms), Nancy Stephens (Marion Chambers), Arthur Malet (Graveyard Keeper), Mickey Yablans (Richie), Brent Le Page (Lonnie Elamb), Adam Hollander (Keith), Robert Phalen (Dr. Terence Wynn) Tony Moran (Michael Myers)
Producción: Debra Hill
Producción Executiva: Moustapha Akkad
Fotografía: Dean Cundey
Dirección Artística: Craig Stearns
Deseño de Producción: Tommy Lee Wallace
Música: John Carpenter
Son: Peter Bergren, William L. Stevenson, Thomas Causey
Montaxe: Charles Bornstein, Tommy Lee Wallace

Sinopse: Fai 15 anos, un mozo apuñalou á súa irmá na noite de Halloween. Agora fuxiu do psiquiátrico no que estaba recluído.

Comentario:
1978. Dirixe John Carpenter. O título orixinal é Halloween aínda que aquí no la fixeron tragar como "La noche de Halloween" que ten máis conotacións de terror pero que rebaixa a contundencia do título :(
Probablemente este sexa un dos títulos que máis dano lle fixo ó cine de terror (Hai un par deles máis que sen pensar moito xa veñen á cabeza). Sen embargo eu creo que é este o que lanzou ós asasinos psicópatas imcomprensibles que fan as delicias de adolescentes regordechos que se ceban a palomitas mentres pegan pequenos botes en butacas que rematada a sesión necesitan un reforzo.
E eu discrepo coa maioría dos meus colegas e recoñezo que o paso pipa con este filme que se pode considerar non sei se unha homenaxe ou unha parodia de Psicosis (hai cantidade de similitudes). Sobre todo porque me parece divertido. Carpenter é capaz de mesturar a tensión con secuencias absolutamente ridículas e delirantes que che deixan un pouco descolocado. Lembro esa aparición do asasino, mítico Michael Mayers, vestido de fantasma con gafas (que coña) ou a do estrangulamento co teléfono mentres Jamie Lee Curtis pensa que se tratan de xadeos sexuais. É marabilloso. E o máis fantástico é que pese a estas trangalladas segues metido dentro do terror do filme.
Sempre se lle bota en cara que non se explique a orixe de Michael Mayers claramente, que de boas a primeiras apareza un tipo que quere matar... e que máis dará.
Por outra banda e continuando os eloxios hai que destacar non só a Jamie Lee Curtis que debutaba no cinema, senón tamén a Donald Pleasance que xa forma parte das personaxes de culto para tódolos frikis coa súa interpretación do Doutor Loomis. Tamén merece mención a música, composta polo propio Carpenter, o tema central de Halloween é mítico, creo que dentro do xénero so comparable por repercusión á aportación de Mike Oldfield ó Exorcista.
Deixo un link a IMDB onde poderedes ver o trailer do filme se vos interesa:
Halloween
Un último apuntamento musical como curiosidade. Un dos temas que soa no filme "Don't Fear The Reaper" de Blue Oyster Cult foi utilizado con posterioridade en outras películas do xénero como "Apocalipsis" de Mick Garris, "Agárrame esos fantasmas" de Peter Jackson o "Scream" de Wes Craven.
Esquecíame da nota.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009