Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 09 de Novembro de 2005

Crise económica na TVG

Antes de facer ningún xuizo de valor, nin de falar das posibles repercusións para o audiovisual galego, deixovos aquí as informacións publicadas nos distintos xornais para que quen quiera poida facerse unha idea da situación actual.

Vieiros

ANUNCIOU UNHA AMPLIACIÓN DO CATÁLOGO E A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS
O novo director xeral da CRTVG cualifica de "grave" a situación finaceira e patrimonial da compañía


[09/11/2005 12:10] A CRTVG vive unha grave situación económica, financeira e patrimonial, segundo declarou o novo director xeral da compañía, Benigno Sánchez, na comisión de economía do parlamento. Sánchez informou que a débeda da CRTVG a finais do exercicio de 2004 se elevaba a 84,1 millóns de euros, o que supón 7,4 millóns máis cá do ano anterior e representa un aumento do 9,7 por cento. Tamén lembrou que entre os elementos que propiciaron este desequilibrio patrimonial figuran "a compra por riba das súas posibilidades de material audiovisual e as contratacións de traballadores a través de empresas de traballo temporal". Os representantes do PP na comisión solicitarán a comparecencia urxente do director xeral da CRTVG para que explique no Parlamento os detalles da auditoría realizada pola nova dirección sobre o estado económico-financeiro do ente público.

Benigno Sánchez asegurou que a CRTVG "vive unha grave situación económica, financeira e patrimonial, con importantes problemas de tesourería a curto prazo, orixinados polos acumulados desvíos orzamentarios dos últimos anos".

Segundo Europa Press, Benigno Sánchez dixo que tras a súa toma de posesión encargou unha auditoría para coñecer a situación patrimonial e financeira real da compañía, cuxo resultado lle entregaron onte e do que se desprende que a CRTVG sofre un desequilibrio financeiro e patrimonial grave.

Lembrou que a evolución do endebedamento da compañía foi de 63,9 millóns no ano 2000, 66,5 en 2001, 80 en 2002, 76,7 no ano 2003 e 84,1 millóns en 2004.

O director xeral da CRTVG indicou que esta situación de endebedamento se agrava porque 74,5 millóns (90%) é débeda a curto prazo. A evolución do fondo de manobra operativo da compañía, que no ano 2000 era negativo en 15,4 millóns de euros, situouse no ano 2004 en menos 61,3 millóns de euros.

Entre os elementos que propiciaron este desvío orzamentario figuran "a compra por encima das súas posibilidades de material audiovisual e as contratacións de traballadores a través de empresas de traballo temporal (ETT)".

Neste sentido, explicou que a "CRTVG gastaba anualmente 6,3 millóns de euros en contratacións a través de ETT, que non estaban orzamentados". Anunciou que a partir do 1 de xaneiro do ano 2006 non se ía contratar a ninguén máis a través das ETT, senón que será de forma directa.

Benigno Sánchez dixo que para tentar solucionar esta grave crise é urxente tomar decisións que afecten á tesourería, para garantir o bo funcionamento da compañía nun futuro inmediato. O director xeral tamén quere pór en marcha os mecanismos de control interno que garantan, no futuro, unha execución orzamentaria rigorosa.

Sobre a inestabilidade laboral na compañía Benigno Sánchez anunciou un "novo modelo de relacións laborais que ten como obxectivo conseguir maiores niveis de estabilidade laboral", para o que anunciou a ampliación do catálogo de postos de traballo estruturais e a convocatoria de concurso oposición para cubrir eses postos.

Concluíu o director xeral asegurando que a situación crítica pola que atravesa a Compañía de Radio Televisión de Galicia "non nos permite pagarlles ós provedores".
Pola súa banda, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, dixo que os nacionalista sempre denunciara a situación da CRTVG e que os medios de comunicación públicos galegos "sempre estiveron ó servizo do Goberno do PP", a pesar da crítica situación económica da CRTVG.

Joaquín Fernández Leiceaga, portavoz do grupo parlamentario do PSdeG, dixo que por fin os organismos oficiais, cos seus informes, poñen de manifesto que este non é o "país marabilloso" que desde o anterior Executivo nos estiveron a vender ó longo dos últimos anos.

Recalcou que é aínda máis grave e preocupante esta situación de crise financeira e de tesourería porque é consecuencia dunha mala política empresarial, na que primaron máis os intereses partidistas que os de xestión empresarial.

Pola súa parte, a CRTVG contará cun orzamento de 134,65 millóns de euros para 2006; 11,2 para a compañía; 10,1 para a Radio Galega (RG) e 134,6 para a TVG.

O PP pide a comparecencia urxente de Benigno Sánchez no parlamento
O PPdeG solicitará a comparecencia urxente do director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Benigno Sánchez, para que explique no Parlamento os detalles da auditoría realizada pola nova dirección sobre o estado económico-financeiro do ente público.

Nun comunicado, os populares destacaron que non descartan presentar unha "batería de solicitudes de comparecencias", incluída a do presidente da Xunta, o conselleiro de Economía e o secretario xeral de Comunicación para que fixen a súa posición respecto do organismo público.

Esta petición prodúcese tras a comparecencia onte, no Parlamento, de Benigno Sánchez, quen segundo Manuel Ruiz Rivas (PP), "vulnerou o dereito da Cámara" ao dedicarse onte a "criticar a situación herdada" da CRTVG tras presentar un informe dunha auditoria "e non presentar os orzamentos" do organismo que dirixe.

"Esta manobra resulta reprobable e absolutamente sospeitosa, na medida en que os discursos dos dous partidos que sosteñen a acción do goberno parecía que foran elaborados a partir do documento do que foi privado o PPdeG", apuntou. Por iso, esta formación política reclamou que se lle remita "con urxencia" unha copia íntegra desta auditoria que onte presentou Benigno Sánchez ao tempo que presentou outro escrito á presidenta da Cámara no que critica a actitude do director xeral da CRTVG.

La Voz de Galicia

El bipartito sorprende al PP al cifrar en 84 millones la deuda de la TVG
09/11/2005 | Galicia
d.s. | santiago |

La deuda nunca bien ponderada de la Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) dio ayer un nuevo coletazo en el Parlamento. El director xeral del ente, Benigno Sánchez, aprovechó una comparecencia en la que iba a explicar el nuevo presupuesto de la compañía para sorprender al PP con los resultados de una auditoría, que da cuenta de la «grave situación económica» de la CRTVG y cifra su endeudamineto en 84,1 millones de euros.
El informe exhibido por Sánchez, que repasa el quinquenio 2000-2004, destaca que la deuda de la compañía matriz de la televisión gallega se elevó en un 31,6% durante dicho período, en gran medida debido a «constantes desviacións orzamentarias», por un valor de 54,7 millones y que se utilizaron para realizar «dudosas compras masivas» de material audiovisual.
Plan de saneamiento
El viceportavoz del BNG, Bieito Lobeira, calificó de «auténtico escándalo» la situación financiera del ente, y reclamó que se depuren las responsabilidades políticas, e incluso penales, a que hubiera lugar. El socialista Fernández Leiceaga consideró «imprescindible» la elaboración de un plan de saneamiento para darle un horizonte de estabilidad a la televisión pública.
El grupo del Partido Popular, no obstante, se tomó la presentación del informe como una provocación y falta de cortesía. Su viceportavoz, Manuel Ruiz Rivas, utilizó un tono encendido para remarcar que Sánchez quedó «incapacitado» para dirigir un ente público cuyo fin es respetar la pluralidad. De hecho, Ruiz Rivas se quejó de que no se le remitiesen antes los datos de la auditoría y durante la sesión solicitó que el director xeral de la CRTVG vuelva a comparecer, con carácter de urgencia.

Faro de Vigo

La CRTVG atraviesa "una grave crisis" con una deuda de 84 millones de euros

El director del ente público, Benigno Sánchez, anuncia un plan para sanear las cuentas.

Redacción / santiago

La Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) sufre un "grave desequilibrio financiero y patrimonial" con una deuda que asciende a 84 millones de euros. El director del ente público, Benigno Sánchez, alertó de que la compañía incurre incluso en uno de los supuestos que la Ley de Sociedades Anónimas recoge como causa de disolución. Para paliar la situación, se pondrá en marcha un plan para sanear las cuentas de este organismo.
Según explicó ayer Benigno Sánchez en la Comisión de Economía del Parlamento, la causa de la "grave crisis" que atraviesa la CRTVG son las "importantes desviaciones presupuestarias de los últimos años". "Se gastó por encima de los presupuestado", resume el director del ente público.
En concreto, la compañía compró material audiovisual "por encima de sus posibilidades". "Y existen dudas razonables sobre el estricto carácter profesional y empresarial de esa compra masiva de material", cuestionó.
Como consecuencia de estos "desequilibrios" en los últimos cuatro años se superó el presupuesto de la CRTVG en 54,7 millones de euros. Este déficit se financió mediante créditos bancarios, lo que a su vez supuso un retraso en el pago a proveedores.
El ente público terminará además este año con un déficit de tesorería de 46 millones de euros, es decir que el balance entre ingresos y pagos pendientes arroja un saldo negativo.
Como primera medida para corregir esta situación, la compañía tratará de saldar sus deudas con los proveedores. Sánchez explicó que también ha iniciado conversaciones con el conselleiro de Economía para diseñar un plan que corrija estos "desequilibrios financieros". Por último, el director de la CRTVG anunció que pondrá en marcha mecanismos de control internos para vigilar los presupuestos.
Otro de los compromisos del responsable de la compañía es el de acabar con la precariedad laboral en la radio y la televisión pública. Así, explicó que a partir de 2006 se abandonarán las contrataciones por ETTs, se ampliará el catálogo de puestos fijos mediante la convocatoria de concurso oposición y se pondrá en marcha una bolsa de empleo temporal basada en criterios objetivos.
Tras escuchar el balance de cuentas de la CRTVG el PP pidió la comparecencia de Benigno Sánchez en el pleno del Parlamento y elevó una queja a la Mesa de la Cámara por no haber sido informado de que el director del ente público iba a presentar en comisión un informe económico de la compañía.
A la Comisión de Economía acudió ayer también el secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, que se comprometió al despliegue de las radios y las televisiones digitales.

Actualización en Vieiros

O PP ACUSA A SÁNCHEZ DE MANIPULAR OS DATOS CONTÁBEIS DA CRTVG
Sánchez inisite en que o anterior equipo directivo da CRTVG coñecía a grave situación económica da compañía
[09/11/2005 14:33] O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, insistiu en que a débeda da compañía ascende en 2004 a 84 millóns de euros e precisou que esta "grave" situación "xa era coñecida" pola anterior dirección, encabezada por Francisco Campos. "Teño fundadas sospeitas de que as persoas ás que se dirixían as críticas de onte non lles quedou outro remedio que convivir con ese problema". Pola súa parte, o PP continúa teimando na defensa da xestión do equipo de Francisco Campos e acusou ao actual director xeral de "ocultar deliberamente un ingreso de 45 millóns de euros, correspondente á devolución de IVE que a UE obriga a reintegrar ás empresas e sociedades públicas que o ingresaron a partir de 1997" co obxectivo de "debuxar unha situación caótica, pero irreal, das contas da CRTVG nun intento de deslexitimar a xestión do equipo anterior".



Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

non é nada novo, non si? todo isto xa o supoñiamos

montse | 13-11-2005 23:16:57

Non é novo, é oficial.

Fagot | 14-11-2005 02:09:34

Comentar


Recordar datos