Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 10 de Novembro de 2005

Que fué de Baby Jane?

Ou que foi do glamour de Hollywood?



Título Orixinal: What Ever Happened to Baby Jane?.
Ano: 1962
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Robert Aldrich
Guión: Henry Farrell, Lukas Heller
Interpretes: Bette Davis, Joan Crawford, Victor Buono, Wesley Addy, Julie Allred, Anne Barton,Marjorie Bennett, Bert Freed, Anna Lee, Maidie Norman, Dave Willock, William Aldrich, Ernest Anderson, Russ Conway, Maxine Cooper
Producción: Robert Aldrich
Producción Executiva: Kenneth Hyman
Fotografía: Ernest Haller
Dirección Artística: William Glasgow
Música: Frank De Vol
Son: Jack Solomon
Montaxe: Michael Luciano

Sinopse: Dúas estrelas infantís de Hollywood agora xa maduras, as irmáns Jane e Blanche Hudson, tiveron diferentes traxectorias artísticas. Mentres a primeira ó medrar foi esquecida polo público, a segunda conseguiu labrarse una exitosa carreira. Tras un misterioso accidente de coche, Blanche queda postrada nunha cadeira de rodas ó coidado da súa irmá Jane. As dúas actrices viven agora retiradas o final das súas vidas, complacéndose a unha en atormentar á outra, inválida.

Comentario:
1962. "Whatever happened to Baby Jane?" é o título orixinal. Dirixe Robert Aldrich e está baseada na novela do mesmo título de Henry Farrell. A adaptación é de Lukas Heller. Tivo 5 nominacións ós Oscar e conseguiu 1, ó mellor vestiario.
En Hollywood deberon pensar que Robert Aldrich estaba tolo cando lle planteou ós grandes estudios facer este filme. Éra unha historia sobre a vellez de dúas ex-estrelas de cinema que nalgún momento tiveran fama, unha na súa infancia, e outra na súa xuventude, pero que na actualidade se debatían entre a invalidez e o alcolismo. Aquel entorno de ruína e decadencia non convencía ós estudios e o pobre de Aldrich estivo rulando durante varios anos coa novela de Farrell debaixo do brazo sen que ninguén lle fixera moito caso. Ó final, non se sabe moi ven como, pero dou convencido a alguén da Warner. O estudio non ía perder moito cun filme de orzamento baixo para eles e con acrices que xa tiñan o seu caché moi devaludado. Aínda así, non as tiñan todas consigo.
Pero Aldrich púxose mans á obra. As actrices foron Joan Crawford e Bette Davis e dándolles nos fuciños á metade da industria, aquelas vellas glorias coas que ninguén contaba xa, firmaron unha das interpretacións máis memorables das súas carreiras. Especilamente, Bette Davis, sobrenatural.
O filme, cun argumento de gran profundidade psicolóxica, conta a historia dunha estrela infantil que decaeu prematuramente por causa do alcohol, e a da súa irmán que despois de sorportar unha dura infancia conseguei a fama na súa adolescencia. Un accidente de coche marcará a vida das dúas estrelas, a primeira continuará fundida no alcochol, a segunda quedará paralítica e á mercede dos coidados da súa desequilibrada irmán. E ata aí se pode contar.
Sen embargo hai moito que se podería dicir, de entrada que se existise o terror psicolóxico como xénero este filme sería o seu máximo expoñente. Tamén hai que destacar o guión demoledor que atrapa desde o primeiro momento, a súa economía de recursos, o valor ben dado que se lle dá ós obxetos e o gran rendemento que se lle saca a feitos cotidiáns para crear o suspense ou o pánico.
Rodada en branco e negro, en pleno apoxeo da cor, o filme non perdeu nin a máis mínima actualidade xa que serviría, agora mesmo, como ilustración da situación que viven estrelas do cine americano acabadas.
O final ten ese gusto amargo de realidade ben contada e a sensación de ter visto unha gran historia que non deixa indiferente e que che deixa unha ferida máis ou menos fonda e das que tardan en cicatrizar.

Nota: 9,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Nasa