Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 11 de Novembro de 2005
Como está el cine gallego!!!!

Título Orixinal: La promesa
Ano: 2004
Nacionalidade: Galiza
Dirección: Héctor Carré
Guión: Héctor Carré, José Antonio Félez
Interpretes: Carmen Maura (Gregoria/Celia), Ana Fernández (Dorita), Juan Margallo (Roberto), Santiago Barón (Daniel), Evaristo Calvo (Leandro), Xulio Lago (Senén), Luisa Merellas (Felisa), Antonio Simón (Don Damián), Luis Iglesia (Doctor), Víctor Mosqueira (Cura), Chete Lera
Producción Executiva: Moncho Varela, Antonio Varela e José Antonio Félez
Fotografía: Juan Carlos Gómez
Dirección Artística: Ana Alvargonzález
Música: Suso Rey e Manuel Varela
Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
Vestiario: Eva e Asunción Arretxe
Sinopse: Un matrimonio desgastado polo paso dos anos, o desamor dun marido insensible e agresivo, a falla de fillos e una práctica irracional e enfermiza da relixión son os pilares que sosteñen a atormentada vida de Gregoria, pese ó intento de escapar dela ó amparo dunha Providencia que parece indiferente á súa dor. Sen embargo, o encontro cun home ó borde da morte faralle ver que todavía pode alcanzar a felicidade. As palabras do moribundo, proféticas e esperanzadoras, faranlle tomar una decisión que cambiará para sempre o seu destino. Libre do lastre que soportou os últimos 20 anos, Gregoria lanzase ó encontro dunha nova identidade. Co nome de Celia emprenderá una vida diferente, lonxe da que ata agora fora a súa casa, no seo dunha acomodada familia galega cun fillo de sete anos que se convertirá no motor da súa vida. A intensa relación que se establece entre eles despertará en Celia un extrano instinto que a incita a protexer ó neno de calquera persoa e circunstancia que considere ameazante, aínda a costa da súa propia vida. O que Celia non sabe é que o verdadeiro perigo non se atopa en quenes conviven co pequeno, senon nela mesma, atormentada polos súas particulares pantasmas.
Comentario:
2004. Titulo orixinal "La promesa". Dirixe Héctor Carré. Imos seguir afondando un pouquiño máis no "cine galego" e no aquel do mes dos mortos. O ano pasado extreouse, con ostiazo de taquilla incluído, "La promesa" ou "A promesa" en versión subvencionada. De feito este é deses paradigmas de peli subvencionada. Apoian o filme a TVE, TVG, Canal +, a Xunta, e o ICAA, aí é nada. E cando se dan estes casos eu, inocente de min, pregúntome: que lle verían á puñetera película para que a apoien todos estes?
Como se ve no cartel, a prota é Carmen Maura á que puxeron ben grande porque hai que explotar os valores de producción. E aparece tamén Chete Lera que é o indicativo de que se trata dun filme galego. Xunto a Chete Lera hai unha recua de figurantes galegos con frase, Rosa Álvarez, Antonio Simón, Pico, Evaristo Calvo e uns cantos máis, vaia que botaron por fora.
O argumento non ten desperdicio. A personaxe de Carmen Maura é unha beata amargada á que o seu home maltrata. Entón saca a conclusión de que tódolos homes son uns fillos de puta (ata aí a cousa vai máis ou menos por cauces lóxicos). E empeza o delirio. Un pintor desnúcase diante da prota e cóntalle que ten que ir a San Andrés de Teixido porque vai de morto o que non vai de vivo. Así que a prota mata ó seu marido e fai as maletas cara San Andrés de Teixido (non invento nada, este é o argumento). O caso é que San Andrés de Teixido vai agudizar as ansias de matar homes da nosa prota.
Non digades que na Galiza non somos creativos.
Máis alá da imaxinación desbordante que se palpa no argumento, que ten gracia porque grada algúns puntos de similitude con "Somne", o filme ten moitas máis cousas. Para comezar unha visión absolutamente pailana dos galegos, que si nos dedicamos ó mar ou á construcción debemos ser auténticos retrasados mentais. Non se pode definir doutra forma ós personaxes interpretados por Chete Lera e por Pico, son auténticos pailáns. E despois a xente mosquéase porque Torrente di que Viana do Bolo é unha vila de merda, é que hai que joderse...
Por outra banda está a dirección absolutamente desastrosa. Hai momentos nos que non sabes se este home quixo facer videocreación ou que, porque hai planos que non pegan uns con outros. Por non falar de movementos de cámara fora de lugar ou sen ningún tipo de sentido narrativo. A verdade é que non sei como Héctor Carré chegou a rodar o seu terceiro largo cometendo estes erros. Ata dá reparo dicilo pero os seus dous filmes anteriores eran mellores.
En fin, peli im-perdible para todos aqueles que teñan unha boa frikiteca.
Nota: 2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)