Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 11 de Novembro de 2005
Mini ciclo de Herzog para quen non o coñeza.

Título Orixinal: Invincible
Ano: 2001
Nacionalidade: Reino Unido, Alemania
Dirección: Werner Herzog
Guión: Werner Herzog
Interpretes: Tim Roth (Hanussen), Jouko Ahola (Zishe Breitbart), Anna Gourari (Marta Farra), Max Raabe (Mestro de Cerimonias), Jacob Wein (Benjamin), Gustav-Peter Woehler (Landwehr), Udo Kier (Conde Helldorf), Herbert Golder (Rabino Edelmann), Klaus Stiglmeier (Director do circo), Rudolph Herzog (Mago).
Producción: Gary Bart, Werner Herzog e Christine Ruppert
Fotografía: Peter Zeitlinger
Dirección Artística: Ulrich Bergfelder
Música: Klaus Badelt e Hans Zimmer
Son: Slamm Andrews
Montaxe: Joe Bini
Vestiario: Jany Temime
Sinopse: Zishe Breitbart é o fillo dun ferreiro de Polonia que causa sensación no Berlín de Weimar como forzudo de tempos mitolóxicos. O seu xefe, Hanussen, soña con establecer un todopoderoso Ministerio do Oculto no Goberno de Hitler. Mentres Hitler se vai consolidando día a día no poder e en Berlín estala o furor antisemita, a Zishe atorméntano terribles pesadelos: pide consello a un rabino local e chega ó convencemento de que foi elixido por Deus para avisar á súa xente do grave perigo que están correndo.
Comentario:
2001. "Invincible". Dirixe Werner Herzog. Falemos de bo cinema que anda escaso ultimamente e por recomendación fagamos un pequeno ciclo dedicado a Herzog. Para quen non o coñeza, este home é un alemán nacido en Minich que leva xa uns 40 títulos ás súas costas, ademáis de dirixir tamén algunhas óperas, algo que queda moi presente na súa filmografía.
E comezamos polo final, por un filme recente pero xa mítico, "Invencible". Unha historia sobre unha personaxe máis que popular entre os xudíos de Alemania e Polonia, Zishe Breinbart, unha lenda. Interpreta a personaxe de Breinbart un dos actores fetiche de Herzog nos seus últimos filmes, Jouko Ahola, un forzudo de rostro infantil e que non como outros actores da súa embergadura (poñamos de 120 a 150 Kg) sabe actuar.
O filme narra a historia dun forzudo polaco que se traslada a Berlín a comezos da ascensión do nazismo para traballar na industria do espectáculo. A partires de aí surxen as confrontacións e os dilemas. Por un lado a contraposición, aldea-cidade, o dilema de ser un xudío ó servicio do divertimento dos nazis. Por outro, os conflictos de identidade, o contraste entre sentido da ética e sentido do escpectáculo, e o amor, o de parella e o da familia.
Ademáis conta con varios puntos dun humor ácedo, como retratar a Himler como un borracho putero, ou as contradiccións humanas encarnadas case que totalmente na personaxe interpretada por Tim Roth, o ocultista Hanussen. Roth está soberbio ofrecendo un deses papeis raros que soe interpretar. Neste caso Herzog púxolle en bandexa unha personaxe con enormes conflictos internos e cheo de matices e Roth estivo á altura.
Destacar tamén como na maioría dos filmes de Herzog, a música, de Klaus Badelt e Hans Zimmer, e a fotografía, de Peter Zeitlinger. A foto é realmente boa, marca da casa dos países do leste.
Nota: 9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)