Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 11 de Novembro de 2005

Woyzeck

Máis Herzog.



Título Orixinal: Woyzeck
Ano: 1979
Nacionalidade: Alemania
Dirección: Werner Herzog
Guión: Werner Herzog, sobre texto teatral de George Büchner
Interpretes: Klaus Kinski, Eva Mattes, Wolfgang Reichmann, Willy Semmelrogge, Josef Bierbichler
Producción: Werner Herzog
Producción Executiva: Walter Saxer
Fotografía: Jörg Schmidt-Reitwein
Música: Varios
Son: Harald Maury
Montaxe: Beate Mainka-Jellinghaus

Sinopse: Un inxenuo soldado é victima da crueldade, e por conseguinte, a loucura vaino levar á morte.

Comentario:
1979. Non traduciron o título porque se trata dun nome de persoa (o protagonista neste caso). Dirixe Werner Herzog.
Esta é a adaptación da obra póstuma de Georg Büchner que xa fora levada ó cine en 1947 por Georg C. Klaren. É un drama sobre un soldado con problemas mentais que se ve humillado por toda a xente que o rodea. Como se pode apreciar no cartel todo remata en traxedia. Recoñezo que lles faltou algo de gusto ós da distribuidora á hora de escoller o cartel do filme, pero tendo en conta que se trata dunha obra xa coñecida do teatro alemán, hai moita xente que xa coñece o desenlace.
Personalmente non é un filme que me apasione pero é correcto. Nalgúns momentos decisivos nótanse carencias de orzamento. En todo caso a personaxe principal ten o seu atractivo. Trátase dun soldado cunha deformidade mental que o fai manterse constantemente nun pensamento único. É algo máis alá da cabezonería e a verdade é que resulta angustioso ver a alguén que non pode poñerse a pensar noutra cousa distinta á que lle pasa pola cabeza nun determinado momento. De feito a todos nos pasa o de agobiarnos cando non podemos quitarnos algo da mente. Pois este Woyzeck é así permanentemente.
Para a interpretación están os coleguillas de Herzog que sempre responden ben a estes retos. Klaus Kinski interpreta a Woyzeck e creo que é do mellor do filme. Ten un punto de sobreactuación que concorda perfectamente coa mentalidade autómata da personaxe. Por outra banda está Eva Mattes, que repite con Herzog despois de Stroszeck, e que da ese punto de beleza natural, imperfecta, e absolutamente real.
É un deses filmes nos que se aprecian as marcas de estilo de Herzog, a descripción dunha personaxe inusual na que profundiza ata que chegamos a comprendela. Gran música para guiarnos na historia, e ese punto de intromisión na intimidade para que cheguemos á identificación plena e a percibir o que realmente pasa pola cabeza do noso protagonista.

Nota: 6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009