Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 12 de Novembro de 2005
Sangue e salitre nas veas.

2003. Dirixe Marcos Nine. Produce IB. Cinema. Aquí si que non podo ser demasiado obxetivo porque estiven algo implicado neste proxecto, aínda así procurarei manter as distancias.
Carcamáns é, por dicilo dalgunha forma, a visión máis positiva (a medias) da catástrofe do Prestige. A que nos ensina a unión entre as persoas, a capacidade de loita, e o amor ó mar. A visión que tiveron os mariñeiros desde os seus barcos.
Está rodado case que integramente na Illa de Arousa, aínda que fai un pequeno percorrido por Aguiño, Ribeira e O Grove, é dicir, a visión na Ría de Arousa. O docu arranca cunhas declaracións do Conselleiro de Pesca en Tele Salnés Barbanza (A tele local da Ría) na que afirma que o fuel nunca chegará á Ría de Arousa, pouco despois desatábase a crise.
A partires daí a historia constrúese como o relato dos problemas que tiveron que pasar os mariñeiros para facer fronte ás enormes manchas de fuel que cercaban a Ría.
Servíndose dunha lenda local, a dos Carcamáns (piratas que foron os primeiros poboadores da Illa), o documental cóntanos a unión e a loita porque o fuel non entrase na ría, cun desenlace un tanto imprevisible.
En contra do documental, xogan as enormes carencias técnicas que ten. Nótase falta de orzamento. Non é do máis estético, aínda que a visión do fuel tampouco o é. E quédase algo curto, dura só 40 minutos e quedas con ganas de saber un pouco máis.
Por outra banda é un docu moi axil e con bo ritmo. Tamén correcto e o máis importante é que en determinados puntos é capaz de emocionar e de facerche sentir admiración pola xente.
Ó igual que "Muxía" tamén se vai emitir en Galicia Documental. Non se sabe aínda se o día 19N ou o sábado seguinte. Visión tamén recomendada.
Nota: 5
Por: Fagot | Documentais | Comentarios (0) | Referencias (0)