Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 12 de Novembro de 2005
Verbena, bocadillo e Virxe da Barca.

2003. Dirixe Ricardo Llovo. Produce Zopilote, empresa dedicada ata o momento ó desenvolvemento e escritura de guións e que no seu momento, cando menos algúns deles foron parte activa de Burla Negra.
O título xa o di todo. O docu conta as primeiras eleccións celebradas en Muxía despois da catástrofe do Prestige. Arranca coa pegada de carteis e remata co reconto. Entre medias vemos a situación da xente desta zona 0 e se nos presentan algunhas claves da política galega dos últimos anos.
Persoalmente, penso que é un documental moi digno, correcto e que se deixa ver, aínda que ten algúns problemas. En algúns momentos faise redundante e vemos opinións repetidas en distintos momentos da fita, eso provoca que falle algo o ritmo e en determinados momentos quede algo longo. Por outra banda, é un documental só entendible na Galiza. "Muxía", non fai ninguha descripción da situación, non fala case do Prestige e sírvese da información que a xente xa ten para arrancar o seu relato. Esto provoca que cando alguén de fora ve este docu, non se entere de nada.
Por outra banda, este documental ten secuencias absolutamente gloriosas, cun sentido do humor amargo. A aparición de Fraga nas festas da Virxe da Barca é absolutamente xenial. O arranque coa pegada de carteis é máis que atractivo, e hai algunhas declaracións de señores da zona que non teñen desperdicio.
A mensaxe é bastante pesimista. O sentimento que che queda despois de ver "Muxía" é fundamentalmente de rabia e de pena. A pena polas persoas comprometidas nas que podes apreciar o seu sufrimento, a rabia por quenes antepoñen o materialismo á vida, maioría (absoluta), e que é imposible comprender a súa lóxica.
Desde aquí recomendamos o seu visionado. Vaise emitir no espacio Galicia Documental da TVG (Tódolos Sábados entre 15.30-16.00 h. Uns días comeza antes e outros máis tarde). Non estou seguro pero creo que o van emitir o vindeiro sábado 19N coincidindo co aniversario.
Nota: 5
Por: Fagot | Documentais | Comentarios (2) | Referencias (0)
Creo que este documental realizado na nosa terra é moi digno e incluso ten momentos bastante brillantes, se ben é certo que se poderían ter esforzado en explicar o cerne do asunto. O audiovisual galego traballa de mais en clave unicamente interna, cun target onde son os propios galegos os destinatarios da obra. Deberemos, pois, intentar facer tamén produtos que, sen deixar de seren galegos, poidan ser exportables a outros mercados. É unha idea que empata coa exposta por fagot, referente á falla dunha explicación mais exhaustiva sobre o Prestige neste documental.Retrata fielmente moitos aspectos da nosa cultura humana,e creo que podería ser incluso parte dun estudo mais amplo con vocación antropolóxica. nunca esquecerei a frase dun dos protagonistas: "dos ricos ainda se pode esperar algo.Dos pobres....pois nada", para argumentar o seu voto ao partido popular.
A miña nota é un pouco maior que a de fagot. Doulle un 6,5.
rokurota | 25-11-2005 23:00:21
Si, esa frase é un punto. A min tamén me parece moi digno e paraece que a súa emisión acaba de provocar unha pequena revolución en Muxía.
Hai que darlle os parabens a Ricardo Llovo porque ademáis acaba de conseguir un 18% de Share conseguindo un incremento do 100% na audiencia de Galicia Documental que ata o momento estaba nun modesto 9%.
Fagot | 26-11-2005 12:18:50