Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 13 de Novembro de 2005

Dereitos de Autor

Hai xa uns meses que lle veño a dar voltas ó tema da SGAE, facer ou non facerme socio? "that is the question".

Por motivos ideolóxicos eu nunca me faría socio da SGAE, sen embargo o feito de non ser socio implica que tódolos dereitos de autor que estou xenerando permanentemente pasa a mans de Tedy Bautista e compañía que seguen a recadan os cartos dos dereitos igual, sexa o traballo que os xenera dun socio, ou dun artista alleo a eles.
A realidade é que existen enormes contradicción no referente ós dereitos de autor. Por unha banda satanizan ós vendedores do top manta que se aprobeitan do traballo de outros para sacarse un bo soldo pola cara. Moi mal feito, esto é un delicto. Sen embargo tampouco é menos "delicto" que como autor teñas que pagar canones, lease cds, dvds, cintas..., que vas empregar para xenerar novos dereitos de autor que tampouco vas cobrar se non estas afiliado.
Se te afilias, a esixencia para que che devolvan os cartos que nunca che pagaron pero que recaudaron, é presentar tódolos contratos relativos ás túas obras, algo que despois duns anos é bastante difícil. Por outra banda, eles mesmos que arquivan tódolos programas que se emiten, son incapaces, cando menos na Coruña, de atopar nos seus propios arquivos os datos dun determinado autor, ou do día no que emitiu determinado producto (é por esto que che esixen os contratos). Logo pregúntome, como efectúan o reparto de ganancias se nin sequera se aclaran cos autores e coas súas obras?
Gustaríame saber que é o que entenden por promocionar ós autores. A realidade demostra que en lugar de fomentar a cultura o único que fan é poñerlle trabas.
Existen miles de anécdotas surrealistas sobre a forma de actuar da SGAE. Fíxome gracia por exemplo, que tivesen que retirar a Banda de música do campo de futbol de Mestalla (Valencia) porque segundo a SGAE estaban a violar os dereitos de autor e debían pagar varios millóns de cuota para que se lles permitise que unha banda de música tocase os 15 minutos do descanso. Estou seguro de que esto é promoción cultural.
Tamén me resulta irónico que se queres utilizar unha peza musical para unha curtametraxe che queiran cobrar o mesmo que si se trata dunha longa. E se o artista é extranxeiro, esquécete, porque che envían á xestora de dereitos de turno que ou ben che ofrece un precio proibitivo, ou che denega directamente o uso. Por contra, se es unha televisión e pagas unha cuota anual podes usar toda a música que che pete sen ningún reparo de onde e cando. E o mellor de todo é que a cuota das televisións é en moitos casos menor que a cantidade de dereitos que deberías pagar para incluír un único tema nun filme.
Esto é a SGAE, unha empresa que se sirve da permisividade da xente, na que me incluo, e o peor de todo, do goberno, de España neste caso, para actuar con toda libertade e nalgúns casos para exercer practicas monopolistas (esto non o digo eu senón a Comisión Europea que ven de expedientalos)..
Pensade un pouco nesto a próxima vez que vexades unha desas galas con Manolo Escobar e Victor Manuel, e con María Jimenez dicindo "que me jodan pero que no me violen".
Vos diresdes, fágome socio ou non?

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (11) | Referencias (1)

Comentarios

Vamos aver, teste que facer socio por unha cuestión moi obvia. Ó teu traballo é teu, e tes uns dereitos sobre el, igual que cando mercas pan pagas a quen o amasa. Que a sgae funcione como o carallo é outro conto, e en tal caso unha vez socio, protesta polos teus dereitos como socio. Pero a mín non me parece ben que alguén use unha obra de outra persoa para beneficio propio e nunca chege un can a quen fixo a obra.
Por exemplo, os bares de copas, .. d de acordo, mosqueanse por ter que pagar un canon a sgae por dereitos de autor, pero realmente eles están cobrando as copas a seis euros mentras escoitan unha canción túa, e dicir, de repente dase o caso de que o cliente disfruta coa copa e coa música que escoita, o empresario disfruta co cliente que lle deixa seis euros na copa, pero os autores dos temas que todos están escoitando que se fodan.
Que a sgae funcione como un corpo mafioso, non nos dá dereito a decir que os dereitos de autor non son algo lexítimo.

ASK | 13-11-2005 18:29:52

Eu non son autor, só consumidor, e como tal tiro para o meu lado.
As cabezas visíbeis da SGAE metenme noxo, e os artistas que a apoian máis frecuentemente (alejandro sanz, Miguel Ríos, Bosé...) pois... non me dan moita pena.
A ver se me aclaro, para min todo este rollo tecnolóxico serviu para que eu poida ver pelis que antes non chegaban aos cines nin aos videoclús, así como escoitar música que non poñen na radio, e a miña pregunta é: Cánto protexe a SGAE ao autor máis marxinal? que ventaxas lle dá? porque penso que alejandro sanz non necesita protección, de feito aledareime de que se faga menos rico cada vez.
Un saúdo,e grazas polo blog!!

procastino | 13-11-2005 18:39:06

"A realidade é que existen enormes contradicción no referente ós dereitos de autor. Por unha banda satanizan ós vendedores do top manta que se aprobeitan do traballo de outros para sacarse un bo soldo pola cara. Moi mal feito, esto é un delicto. Sen embargo tampouco é menos delicto que como autor teñas que pagar canones, lease cds, dvds, cintas..., que vas empregar para xenerar novos dereitos de autor que tampouco vas cobrar se non estas afiliado."

Analizo por partes:

1) Aos vendedores do top manta non hai que satanizalos nin beatificalos, simplemente aplicar a lei, cousa que corresponde ás forzas de seguridade do Estado. A SGAE aí non pinta nadiña. Ao que si se dedica en cambio é a satanizar os consumidores, a confundir a poboación mesturando topmanta por p2p baixo o mesmo saco da "piratería" e a insultar o personal que non compra discos, unha das súas principais fontes de ingresos -e como ben dis tampouco a única- cunha serie de mentiras mediáticas como que os músicos morren de fame por culpa do top manta ou esa tan graciosa de que é máis lucrativo vender un quilo de CDs que un quilo de haxix. Todo iso é falso, pero é co que se quedan os titulares.

2) "como autor teñas que pagar canones, lease cds, dvds, cintas...". non o entendo: insinúas que os "autores" deberían pagar menos canon que os meros consumidores? só por xeneraren novos dereitos de autor? paréceme do máis inxusto: o autor debe vivir do seu traballo, ben sexa por conta propia ou allea, e reclamarlle a remuneración que considere adecuada ao seu patrón ou ao seu consumidor. Entendo que no caso da SGAE a xestión dos dereitos de autor dá máis problemas que solucións. Neste momento simplemente funciona como un lobby da industria cultural (sobre todo da musical) que o que está demostrando é unha xesión nefasta e unha visión totalmente equivocada sobre a cultura que vai beneficiar en moi pouco a industria e en nada os autores e o público.

3) E en consecuencia o que te debes preguntar antes de tomar a decisión é: canto me paga a SGAE (eu teño real curiosidade)? Compénsame como autor o que me amola como consumidor? Ou como creador dunha obra nova a partir de unha xa feita (caso que mencionas da curta e a banda sonora)?

En fin, se che van pagar máis de 100 polos dereitos de autor pénsao, o meu consello é que o fagas coas preguntas do punto 3. Se non eu directamente fuxiría. Logo a apostasía da SGAE é case máis difícil que a da Igrexa.

Por outro lado, teño verdadeira curiosidade por saber canto pode cobrar un guionista da tv en Galiza en concepto de dereitos de autor. Agradeceríache que concretases na medida do posíbel.

Saúdos.

María | 13-11-2005 19:07:32

Por suposto ASK, ninguén pode negar os dereitos de autor pero sí varolaros de forma lóxica. Eu creo que o tema dos bares é relativo e que habería que catalogar os locais de forma que por licencia teñan dereito a un determinado servicio ou a outro, ó igual que a tarificación dos seus productos.
Pero ese é outro tema. Evidentemente existen uns dereitos de autor e tódolos autores teñen dereito a percibilos. O que non é para nada xusto é que teñas que pasar pola SGAE. Se a SGAE se encarga de recaudar tamén se ten que encargar de distribuir todo o que recada, seas socio ou non. Se non es socio poderíache cobrar o gasto do seu traballo, pero o que non pode facer é quedarse con todo.
En todo caso, supoño que tes razón e que non me queda outra que facerme socio e despois protestar ou o que sexa.
En canto o que comenta procastino. Eu diría que os autores marxinais os protexen pouco e nada. De cando en vez editan algún cd con músicos novos, normalmente enchufados ou con algún padriño famoso. Si, a protección que necesita Alejandro Sanz tamén me da a risa.
En canto ó tema dos filmes en internet creo que habería que pensar todo cun pouco máis de lóxica. Eu son bastante flexible co tema. Por unha banda está a fase de explotación dunha película. Esto é a distribución en cines, tele de pago, video, tele en aberto, canal temático. Tanto a venda como a compra dun filme que non rematou esta fase de explotación é, ou debería ser un delicto. Agora ben, todo arte está feito para a súa difusión e con pretensións de perpetuarse no tempo. Así pois, unha vez pasada a fase de explotación non debería ser ilegal a tenencia dun producto sempre e cando non exista unha actividade económica polo medio. Unha vez que a película foi emitida, xa pagou a televisión por ti. Se un espectador a pode grabar, calquera outro a pode copiar porque ademáis todos pagamos dereitos de autor en cada copia que facemos, logo non ten porque considerarse ilegal. É máis contribúese á conservación e a difusión cultural.
Dentro duns cantos anos, haberá filmes que só poderan ser recuperados por copias piratas e senón ó tempo.

Fagot | 13-11-2005 19:26:01

Re María:
Con respecto ó punto 1 estamos dacordo.
Con respecto ó punto 2, non sei se me expliquei ben pero non creo que sexa nada inxusto. Imos ver, cando ti mercas un cd virxe pagas un canon de dereitos de autor que teoricamente vai parar ó autor da obra que foi copiada non? (o reparto fano por estimación de ventas dos artistas). Se eu fago un corto, por exemplo, e fago copias en dvd, os dereitos de autor do corto xa son meus, págome a min mesmo? non hai que pagarlle á SGAE e segundo a súa propia estimación de productos consumidos, eses canones poden ir parar a Bisbal. Paréceche esto máis xusto?
Con respecto ó punto 3 non teño nin idea, se finalmente me fago socio (fai un ano que teño os impresos na casa sen saber que facer) xa comentarei canto me pagan.

Saudos tamén a todos.

Fagot | 13-11-2005 19:35:52

Un exemplo das inversións da SGAE para a promoción musical. Xuzgade vos mesmos. O comentario está sacado do Blog "Mangas Verdes":
http://www.proyectoisla.com/mangasverdes/

Laboratorio Ñ, el Gran Hermano de la SGAE

La SGAE y la Fundación Autor han decidido gastarse parte del dinero que obtienen de sus representados en una especie de Gran Hermano musical, así al menos lo califica elmundo.es (que también aporta su granito de arena al proyecto), con el objetivo de que los chicos y chicas escogidos y escogidas, músicos todos ellos y ellas, puedan intercambiar impresiones y reflejar sus vivencias a través de un vídeo y un disco, “intercambiar experiencias y encontrar puntos de unión”.

El experimento, por llamarlo de alguna forma, se denomina Laboratorio Ñ y en él participan los españoles Amaral, Iván Ferreiro (ex líder de Los Piratas), Pereza, Deluxe y el cantautor Quique González; y los argentinos Adicta, Babasónicos, Bersuit, Kevin Johansen, Lisandro Aristimuño y Súper Ratones. El encierro tiene lugar en Buenos Aires y, en esta ocasión, para espanto de la blogosfera y sin que sirva de precedente (suplicamos), en lugar de confesionario se ha habilitado… ¡un blog!, que para algunos por lo visto viene a ser lo mismo, pero con sindicación.

Aunque la SGAE y la Fundación Autor han puesto muchas esperanzas en el proyecto, lo cierto es que por aquí no acabamos de entender muy bien el tema y qué necesidad tiene, por ejemplo, Amaral de participar en cosas de este calibre o de beneficiarse de partidas que supuestamente deberían ir destinadas a la proyección de artistas noveles o desconocidos. De los demás casi no puedo decir nada porque ni los conozco ni sé qué casting han pasado ni qué pintan allí ni sin han sido novios de la Nuria Bermúdez o algo; pero, vamos, que si lo de que se trata es de luchar contra el intercambio libre de música en la Red para organizar retiros horteroespiritumusicales de esta índole, pues casi que me desvertebro.

A dirección do Blog en cuestión:
http://www.elmundo.es/elmundo/blogs/2005/laborator...

Fagot | 13-11-2005 22:34:10

Hai un erro na dirección do blog, aí vos vai a dirección correcta:
http://www.elmundo.es/elmundo/blogs/2005/laborator...

Fagot | 13-11-2005 22:36:01

Eu, como procastino, son só consumidor e polo tanto tiro para o meu lado.

Nesto dos dereitos de autor hai cousas que se me escapan. Éntendo o concepto e incluso acéptoo pero non sei... resúltame "sospeitoso" que sempre se fale deles en relación a creación musical ou como moito audiovisual. Por poñer un exemplo na liña dos bares de copas, se ese bar de copas e de diseño ¿non debería pagar direitos de autor do que, por exemplo, diseñou as cadeiras?. E esto por manternos próximos ó que normalmente se acepta como arte, pero tamén habería que falar dos dereitos de autor do Frank Gehry por ter feito o Guggenheim. ¿En cantas postais da cidade sae, cantos hoteis e bares de copas teñen clientes que se achegaron á cidade co gaio do museo...?

Creo que é un tema moi perigoso. Se eu poño unha televisión nun salón público, resulta que teño que pagar dereitos de autor, ¿pero non os pagou xa a cadea de televisión para emitir?...

O peor de todo e que creo se está a crear unha mala imaxe no público en xeral que, en base a prexuizos, probablemente non apoie os dereitos de autor cando estes son lexítimos.

nhikinhakapu | 29-11-2005 23:57:24

Certo, creo que o tema do Guggenheim está moi ben traído. E ninguén se atreve a custionalo xustamente porque é unha fonte de riqueza para a cidade.
Do mesmo xeito, tamén é unha fonte de riqueza para a cultura o acceso a todo tipo de obras de arte, sen embargo hai quen en favor da súa propia empresa se atreve a vetar ese acceso.
Estou seguro que dentro dalgunhas décadas as únicas copias que quedarán dalgunhas obras de arte audiovisuais estarán en poder de coleccionistas que no seu día se tomaron a molestia de grabalas da televisión ou compralas en video, xa que cada vez que existe un cambio de formato se produce unha criva nas obras de arte que nin a SGAE, nin as institucións contempla. Sen embargo quéresenos facer crer e o intercambio desas obras sen que medie actividade económica é un delicto e eso é mentira. Así, intentase igualar o chamado P2P coa piratería e eso é demagoxia con ánimo de lucro.

Fagot | 30-11-2005 00:14:06

Neste enlace podedes atopar ideas interesantes:
http://www.escolar.net/MT/archives/001025.html.

Fastídiame que a SGAE se quede co 15% en concepto de gastos de administración, para logo facer as mariconadas que fai e andar por aí dándolle pan aos ricos e negándollo aos pobres. Fastídiame que eu non poda escoller outra entidade ou xestor para que cobre os meus dereitos sen a intermediación obrigatoria da SGAE.
Consello: faite socio. A pasta non che vai vir mal, porque se traballas habitualmente de guionista para series, ao mellor ao ano subes bastante dos seis mil euros en dereitos de autor (e se non os cobras ti,¿quen os vai cobrar?)Eso si, anda con mil ollos, porque non hai dios que entenda as follas de liquidación, e o mesmo che pagan de menos que de máis.
Eu confeso que non me gusta a SGAE, ainda que son socia e me gusta recibir o cheque semestral. Pero renunciaría a el con gusto se se establecera a libre difusión das obras musicais, literarias, audiovisuais... Realmente quen máis cobra en dereitos é aquel que xa está ben forrado porque polo menos no audiovisual supostamente páganche ben o traballo cando o fas. ¿Precios? As escaletas de entre 50-70 minutos andan sobre os 2000 euros (menos a retención do IRPF) e os diálogos un pouco máis. Sube ou baixa douscentos euros en función da empresa, a serie, etc. Non será unha fortuna, pero comparado co que gañan os mariñeiros do Gran Sol...que queredes que vos diga.

Nilde | 30-12-2005 15:02:30

Pois si que tedes razón. Xa me vexo buscando tódolos contratos pola casa para poder reclamarlles.

Benvida de novo Nilde :)

Fagot | 07-01-2006 15:32:29

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Quen dixo libertade de expresión? | 2006-02-08 14:31:44
[...] contradicciónsQue semaniñas tan movidas levamos. Por un lado, nos países islámicos montan en cólera por unhas viñetas publicadas en varios xornais europeos nas que se facía burla da figura de Mahoma. Os conflictos xerados fixeron que todos [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Periodico digital