Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 17 de Novembro de 2005

Aguirre, la cólera de Dios

Detrás da sombra de Pizarro.



Título Orixinal: Aguirre, der zorn gottes
Ano: 1972
Nacionalidade: Alemania
Dirección: Werner Herzog
Guión: Werner Herzog
Interpretes: Klaus Kinski (Don Lope de Aguirre), Cecilia Rivera (Flores de Aguirre), Ruy Guerra (Don Pedro de Ursua), Helena Rojo (Inés de Atienza), Del Negro (Hermano Gaspar de Carvajal), Peter Berling (Don Fernando de Guzmán), Daniel Ades (Perucho), Armando Polanah (Armando), Edward Roland (Okello), Alejandro Chávez, Antonio Márquez, Daniel Farfán, Julio Martínez, Alejandro Repullés e os indios da Cooperativa Lauramarca.
Producción: Werner Herzog
Fotografía: Thomas Mauch, Francisco Joan, Orlando Macchiavelo
Música: Popol Vuh
Son: Herbert Prasch
Montaxe: Beata-Mainka-Jellinghaus

Sinopse: S. XVI. Os soldados Españois ás ordes de Don Gonzalo de Pizarro proseguen o seu destructor paso por sudamérica. Entre eles Don Lope de Aguirre, quen personaliza a espada coa que someten sen piedade ós indíxenas de aquelas terras.
Chegados a un punto acuciados polos insectos,a maleza e o barro, a expedición se atopa exhausta.Nese momento Pizarro decide mandar un grupo de exploración cos máis valentes soldados, co fin de obter alimentos y atopar o ansiado Dorado, todo baixo o mando de Don Pedro de Ursúa. Aguirre, ávido de riquezas e gloria, non tardará en rebelarse e tomar o mando da expedición levando a esta baixo a sua loucura a unha viaxe polo Amazonas sen retorno, quedando á merced de indíxenas, enfermidades e fame.

Comentario:
1972. "Aguirre der zorn gottes". Que eu teña constancia, creo que é o primeiro filme que dirixe Werner Herzog.
Primeiro filme e lección de estilo para o que serían os seguintes: Historias marcadas por unha persoaxe principal sobresainte, de gran personalidade e con profundos conflictos internos, gran música e gran fotografía.
Neste caso, Herzog, métese na cabeza dun conquistador español, Lope de Aguirre, nunha das expedicións de Pizarro. A expedición non sae como eles pensaban e quedan perdidos no medio da xungla. É un filme con tintes épicos, pero non se reduce á típica película de aventuras na procura de El Dorado. Aguirre é unha reflexión sobre a cobiza e sobre as ansias desmedidas de gloria e riqueza. Herzog dibuxa neste filme o perfil do mercenario, indispensable para a colonización, a imaxe dunha persoa que actúa por intereses propios, profundamente individualista e profundamente efectivo na súa labor. Ó final sufrimento e traxedia como xa ven sendo habitual nos filmes de Herzog.
Como non podía ser doutro modo, o filme foi rodado integramente en Perú e interviñeron varios actores do lugar. Como anécdota, os indixenas do filme son interpretados pola Cooperativa de indios de Lauramarca. O actor principal é por suposto Klaus Kinski que iniciaba aquí a súa fructífera relación con Herzog.
A modo de resumo, podemos dicir que en liñas xerais o filme está ben pero ten o problema de ter envellecido moi mal. Está feito cun orzamento moi baixo e eso nótase a leguas. A verdade é que agora mesmo resulta cutre, nalgúns momentos os expedicionarios son realmente ridículos. Unha pena porque podería ser unha gran película.

Nota: 6,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos