Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 17 de Novembro de 2005

Celebración

É verdade que cada familia ten as súas cousas.



Título Orixinal: Festen
Ano: 1998
Nacionalidade: Dinamarca
Dirección: Thomas Vinterberg
Guión: Thomas Vinterberg, Mogens Rukov
Interpretes: Ulrich Thomsen, Henning Moritzen, Thomas Bo Larsen, Trine Dyrholm, Paprika Steen, Birthe Neumann, Helle Dolleris, Bjarne Henriksen
Producción: Birgitte Hald
Fotografía: Anthony Dod Mantle
Música: Lars Bo Jensen
Montaxe: Valdís Óskarsdóttir

Sinopse: O cabeza de familia cumple 60 anos e na festa de celebración, o seu fillo Christian está a piques de pronunciar un discurso que sabe que fará que esta sexa unha noite que nainguén poderá esquecer... a pesares de que queiran facelo.

Comentario:
1998. "Festen". Dirixe Thomas Vinterberg. Corría o ano 1995 cando un grupo de cineastas non se sabe se con fins publicitarios ou simplemente por extravagancia firmaban un manifesto que se deu en chamar Dogme 95. Persoalmente eso do "Dogma" sempre me pareceu unha ladronada, especialmente cando me puxen a ler o seu decálogo e as estúpidas normas que aparecen, como a necesidade de rodar en 35 mm., algo realmente contradictorio si o que se pretende é retratar máis fielmente a realidade (eu sempre crin que a realidade non entendía de formatos).
En todo caso, e deixando pasar esto por alto, esta é unha grandísima película. Das mellores. Con permiso dos "Idiotas" de Lars Von Trier, é o mellor filme dogma feito ata o momento.
A idea é moi sinxela, varias deceas de persoas se reunen nunha mansión para celebrar o 60 cumpleanos dun ricachón, e no medio da comida, o fillo primoxénito espétalles a todos nos fuciños que o seu pai abusaba sexualmente del e da súa irmá xa falecida. Non hai máis que contar.
O filme está narrado con crudeza e podería dicir que é adictivo. E destas películas que che manteñen atado ó sofá porque che resulta imprevisible as reaccións que poidan ter as personaxes en cada momento.
Por outra banda, é un filme dogma, logo eso garantiza que o señor director fai os tiros de cámara máis raros que se lle ocorren, algunhas veces con acerto xa que provocan sensacións particulares en cada espectador, outras veces chegas a preguntarte que necesidade habería de mandar a cámara a semellante sitio. Todo esto acompañado por obxetivos aberrantes e planos temblorosos, eso dogma.
O que non admite crítica é o traballo de guión de Vinterberg e Mogens Rukov que son os que firman esta historia. Tamén hai que destacar ó actor principal, Ullrich Thomsen, que ten a expresividade dunha marmota pero ó que o papel lle ven que nin pintado.
En fin, filme de visionado obrigado.

Nota: 9

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Ben pola película e ben polo comentario, coincido tanto nas loubanzas como nas críticas.

nhikinhakapu | 29-11-2005 23:37:56

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009