Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 29 de Novembro de 2005

Audiencias (Ese fenómeno que nunca entenderei)

O pasado sábado era para min un día que me producía certa ilusión. Un documental no que participei, "Carcamáns", ía ser emitido pola TVG no espacio "Galicia Documental". Tódolos que participamos nel estábamos contentos, despois de 2 anos co docu baixo terra por culpa de que non gustaba ver as declaracións dun determinado conselleiro, por fin, se ía emitir. E a hora, non era mala, as 15.30 dun sábado chuvioso. Ademais había un dato esperanzador, o sábado anterior, co documental "Muxía, política na Costa da Morte" o espacio Galicia Documental duplicara a súa audiencia chegando a un meritorio 18% de share.
Sen embargo a cousa rematou en ostia. O luns volvemos á realidade do 7,8% de share e uns 57.000 estoicos espectadores que foron segundo os audímetros os que viron o noso docu. Pode que influíse que a TVG non nos promocionase en toda a semana, ou que ver "Spy Kids" en Antena 3 fose máis agradecido que falar dunha marea negra, ou que mandase o tirón de María Isabel co-presentando Euro Junior que foi o programa máis visto da tarde do sábado (chegou ós 5 millóns de espectadores ás 6 da tarde).
O caso é que a audiencia é a que é e a min persoalmente quedóuseme cara de parvo. Realmente, é un deses momentos nos que dubidas do teu traballo como profesional, xa que non dependes de facer ben ou mal o teu traballo senón de criterios arbitrarios que non teñen que ver coa calidade senón moitas veces coa pura sorte.
De igual modo, onte, Antena 3 anunciaba que ía retirar da súa grella "Los hombres de Paco", unha serie que nunca cheguei a ver pero que estaba conseguindo un meritorio 18% de audiencia. Neste punto xa descoñezo os criterios cos que se manexan as teles, creo que a miña experiencia xa non sirve de nada e desde logo, o que xa todo o mundo sabía pero moitas veces nos negamos a crer, o público vai por libre.
Desde logo, polo que a min respecta, non penso cometer o erro de facer cousas pensando nos favores da audiencia, por outra banda esto tamén nos serve de cura de humildade e nos deixa a lección de que o noso criterio non é sempre o compartido pola maioría.

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (10) | Referencias (0)

Comentarios

Eu como potencial consumidor de documentarios tampouco olhei os de esse dia.
Acho que somos muitos os que ainda não temos mudado o "chip" e não consideramos a TVG entre as ofertas televisivas.
Para mim é uma TV que não existe a não ser a series de ficção.
Levo anos sem olhar nada , pois o mau cheiro a manipulação sempre me botou para atrás. Agora há que acostumar-se e começar a olhar a TVG como um lugar onde podem sair coisas interesantes.
Pouco a pouco pode que mude o tema...

Amaeo | 30-11-2005 10:47:47

home, eu creo que non tivo audiencia porque a audiencia tiña curiosidade por ver o 1º docu, e ver a nova orientacion da tvg, pero dous xa eran demasiados... e houbo un especial sobre o prestige tamén en informativos... o tema estaba saturadete en emisión. é so unha posible explicación.

mon | 10-01-2006 19:25:14

se o teu fora o 1º en emitirse de seguro que tiña o 18 por cento do outro. fixo.

mon | 10-01-2006 19:27:09

Non sei. En todo caso hai algo que non mudou na TVG e segue a ser a pouca promoción dos seus propios productos. Esto é parte dunha mala política de empresa.
En todo caso, igual muda esta tendencia, hoxe estréase "A vida que che espera" a nova serie de Voz Audiovisual e de momento xa se puderon ver varios anuncios para promocionala. Espero que esta sexa a tendencia normal na TVG xa que así gañamos todos os que facemos tv e non nos dedicamos exclusivamente a encher horas de programación.

Fagot | 10-01-2006 19:32:53

si, a verdade é que me pareceu sorprendente a cantidade de promos que lle emitiron a esa serie. cousa rara.
pero esa serie xa levaba tempo feita, non?

mon | 15-01-2006 22:35:37

Pois creo que se están facendo máis episodios desa serie. Por certo, ¿que tal está? Eu esquecinme de gravala.

Nilde | 16-01-2006 16:42:21

Non comezouse a gravar a finais do verán pasado, creo. O que sei é que remataron de gravar o mes pasado e que o primeiro episodio tivo un 24% de share que está moi ben. En canto a novos episodios non teño idea pero paréceme moi raro porque que eu saiba non se estaban a escribir novos episodios. Eu tamén me perdín o episodio porque ese día estiven a ver a serie de Campanela que poñen en T5 e que tampouco está mal.

Fagot | 17-01-2006 00:39:57

Aseguráronme que estaban a escreber máis episodios, pero tampouco teño a certeza absoluta. Tamén me dixeron que a mesma empresa vai facer máis Celavella e máis Miranda. Supoño que é máis barato sacarlle partido a series que xa están funcionando que embarcarse en aventuras novas. ¿Que tal a serie de Campanella? Tampouco a vin que teño problemas coa antena.

Nilde | 18-01-2006 13:04:05

Pois logo pode ser que se estexa a preparar unha nova tempada. De Celavella non sei nada tampouco. Miranda sí que ten novos episodios, dirixidos por Jorge Coira e por Alex Sampaio. E nesto creo que é unha gran noticia a confianza que se lle dá a un director novo como Sampaio que pode demostrar moitas cousas.
A serie de Campanella está bastante ben a pena é que foi un desastre de audiencia e os de T5 están a marear a perdiz cambiandoa de día e de hora, non sei se durará moito.

Fagot | 18-01-2006 13:37:44

Eu non o coñezo, pero paréceme unha noticia excelente que se lle dea cancha aos rapaces e rapazas novos. E con novos quero dicir novos, non xente de trinta e tantos (que son os que teño eu e que non teñen nada de malo, pero hai que poñer as cousas no seu sitio). Se os rapaces que empezan a currar teñen que facer virguerías para conseguir un oco na profesión, é que algo non funciona neste país e nesta industria.

Nilde | 19-01-2006 15:20:11

Comentar


Recordar datos