Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 08 de Decembro de 2005

Anatomia de un asesinato

É posible facer un filme de xuizos que sexa divertido.



Título Orixinal: Anatomy of a Murder
Ano: 1959
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Otto Preminger
Guión: Wendell Mayes (Novela: Robert Traver)
Interpretes: James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Arthur O'Connell, George C. Scott, Eve Arden, Kathryn Grant, Joseph N. Welch
Producción: Otto Preminger
Fotografía: Sam Leavitt
Dirección Artística: Howard Bristol
Deseño de Producción: Boris Leven
Música: Duke Ellington
Montaxe: Louis R. Loeffler

Sinopse: Un policía asasina friamente ó violador da súa muller. Tras ser detido, lévano a xuízo, onde se verán todo tipo de emocións humanas, desde os ciumes á rabia.

Comentario:
1959. Anatomy of a murder. Dirixe Otto Preminger. Este é un deses filmes que cando estás cómodo na túa casa e con ganas de dárlle pouco á cabeza, non apetece ver (a priori). A min, polo menos sempre me tiran algo para atrás os filmes que duran como este 2h e media e o peor de todo, que van de xuizos á americana. Erro.
Neste caso, o señor Preminger fai unha exibición de como levar o tempo do discurso e que este sexa máis que atractivo para o espectador. Certo é que mimbres tiña, xa que a novela de Robert Traver na que se baseou o filme foi un deses best sellers da época. E tiña a James Stewart en pleno apoxeo da súa carreira, e Ben Gazzara soberbio no seu papel secundario, e ela, Lee Remick, inquietante e chea de conflictos de principio a fin. Os actores do filme fan que a posta en escea sexa tan potentente que case obviamos a fantástica música de Duke Ellinton que está, que conduce o filme, e que é cautivadora.
Pero como din na miña terra, "vamos co boi", o filme arranca cun abogado frustrado (Stewart) que perdeu o seu posto de fiscal do distrito pese a ter gran talento, cargo que recaeu sobre un burócrata semi analfabeto pero supostamente con mellor talante político. Ó noso prota ofrecenlle un caso que ninguén acepta, defender a un militar (Gazzara) que lle pegou 5 tiros a un camareiro porque supostamente violou á súa muller (Remick). O lío xa está montado, por unha banda temos ó prota para o que o caso é a oportunidade de enfrentarse ó home que o apartou do seu cargo. Por outra temos a un asasino do que desconfiamos da súa inocencia, pero que está do lado dos bos. E para concluir está a muller do asasino que non sabemos nunca a que xoga. Con estes mimbres e en clave de xuizo, Preminger xoga co espectador deixando dúbidas en tódolos aspectos. O filme é unha eterna disxuntiva na que por un lado non sabes cal vai ser a resolución do caso, pero por outro tampouco sabes se o acusado merece ou non estar no cárcere.
É un filme moi bo, moi moi bo. Tivo 5 nominacións ós Oscar no 59, non levou ningún pero hai que dicir que se atopou ese ano con "Ben-Hur" que arrasou con todo e tanto este filme como "Con faldas y a lo loco" foron os grandes sacrificados. Desde logo, produce nostalxia ver anos non que no cinema coíncicían nas carteleiras tres títulos coma eses.

Nota: 9,3

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Telecomunicaciones