Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 08 de Decembro de 2005
Ó final todos pasamos polo barrio chino

Título Orixinal: Chinatown
Ano: 1974
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Roman Polanski
Guión: Robert Towne
Interpretes: Jack Nicholson, Faye Dunaway, John Huston, Perry Lopez, Burt Young, John Hillerman, Darrel Zwerling, Roman Polanski
Producción: Robert Evans
Fotografía: John A. Alonzo
Dirección Artística: W. Stewart Campbell
Deseño de Producción: Richard Sylbert
Música: Jerry Goldsmith
Montaxe: Sam O'Steen
Sinopse: Os Anxeles, 1937. O detective Gittes, especializado en divorcios, recibe a visita da esposa de Mullwray, o xefe do Servicio de Augas da ciudade. Ela cree que el a engana, pero ademais Gittes descubre que a Mulwray os agricultores o acusan de corrupción por negarse a construir un pantano que paliaría a sequía que sofren. Pouco despois, o escándalo salta á prensa, pero a cousa complicase cando unha muller se presenta no despacho de Gittes cunha sorprendente revelación
Comentario:
1974. Titulo orixinal, Chinatown. Dirixe Roman Polanski que despois dalgúns meses volve pasar por esta páxina.
Podo parecer atrevido, pero afirmo con rotundidade que este é o mellor filme de Polanski e creo que é moi difícil chegar a este nivel. A clave o guión, firmado por Robert Towne e o propio Polanski. E case imposible atopar un guión tan perfecto como o deste filme, é de manual, dos que non te cansas de ler e dos absolutamente obrigados para todo aquel que queira iniciarse como guionista.
Dito esto, eu tiña unha mestra que lle chamaba a esto "Cine negro recauchutado" e a min váleme o calificativo, pero creo que supera calquera filme de cine negro orixinal. Pero tamén foi un filme con mala sorte con respecto ós premios, esta gañou o Oscar ó mellor guión orixinal (máis que lóxico) pero cruzouse no seu camiño "El Padrino II" e "La noche Americana", tremendo cartel do ano 74.
Falando xa do filme, un argumento a priori simple, unha misteriosa muller contrata a un detective (Jack Nicholson) para que investigue ó seu marido. O detective descubre un escándalo pero resulta ser que a auténtica muller do investigado (Faye Dunaway) non é a que contratou ó detective. O detective por orgullo, decide tirar da manta e descubre un caso de especulación de importantes proporcións o que nos leva ó final?
Non se pode contar máis por si alguén non a veu. En todo caso é deses filmes que hai que ver 4 ou 5 veces para apreciar a sutilice e a importancia dos elementos de ambientación, como o propio barrio chino, como a calor asfisiante que se respira. Cada elemento ambiental ten unha relevancia directa no argumento do filme, desde os escarceos amorosos, ata a auga. Incluso un feito tan aleatorio como o encontronazo entre Polanki (que fai de matón) e Nicholson no que o primeiro lle corta o nariz ó segundo, adquire unha especial relevancia no discurrir da historia. Podería estar mil anos falando deste filme, hai que debullalo secuencia por secuencia. Este si que é desdes filmes que merecen o calificativo de OBRA MESTRA con tódalas letras.
Nota: 9,8
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)