Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 08 de Decembro de 2005
O cinema máis maravilloso do mundo
![]()
Título Orixinal: The Apartament
Ano: 1960
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Billy Wilder.
Guión: Billy Wilder e I.A.L. Diamond.
Interpretes: Jack Lemmon (Calvin Clifford Baxter), Shirley McLaine (Fran Kubelik), Fred MacMurray (Jeff D. Sheldrake), Ray Walston (Joe Dobisch), Jack Kruschen (Dr. Dreyfuss), Edie Adams (Srta. Olsen), David Lewis (Al Kirkeby), Hope Holiday (Margie MacDougall), Joan Shawlee (Sylvia), Naomi Stevens (Mildred Dreyfuss).
Producción: Billy Wilder
Fotografía: Joseph LaShelle.
Dirección Artística: Alexander Trauner
Música: Adolph Deutsch.
Montaxe: Daniel Mandell
Sinopse: C.C. Buxter é un ambicioso empregado dunha firma de seguros de Manhattan. É solteiro e vive só nun discreto apartamento que presta ocasionalmente ós seus superiores para que se atopen coas suas amantes; él confía que os sucesivos favores lle sirvan para mellorar a súa posición na empresa. Propoñeno para un ascenso e Sheldrake, o director, descubre o motivo. Tamén este solicita as chaves do seu estudio para citarse con Fran, unha ascensorista da cal Buxter está namorado. Ó regresar una noite á súa casa, Buxter descubre a Fran desvanecida por sobredose de somníferos; a xoven intentou suicidarse tras discutir con Sheldrake.
Comentario:
1960. The apartament. Dirixe Billy Wilder. Tamén firma o guión xunto con I.A.L. Diamond. E resulta indispensable lembrar as citas inmortais de Wilder como que o máis importante nun filme é "conflicto, conflicto, conflicto" ou como que "para ser un bo director non é importante saber escribir pero si é util saber ler". Un xenio, o mellor discípulo de Lubitch, dos mellores cineastas da historia.
5 Oscars levou este filme, dirección, guión, dirección artística, montaxe e comedia (daquela cando había categoría). Absolutamente merecidos.
O problema, actualmente é que o conflicto do filme igual está algo caduco neste tempo. Sen embargo, vendo o filme eu creo que segues a poder entrar nese universo no que atopar un sitio para manter relacións sexuais con alguén, é todo un problema. Eso é o apartamento, un picadeiro, falando mal e con termos castizos, e ese é o conflicto e a solución, simple é directo.
A partires de aquí Wilder, sírvese deste elemento para contarnos unha historia de amor entre un trepa e unha ascensorista. E a gran métafora na que cantos máis pisos sube este no ascensor, máis descende no amor. E o maior dos conflictos posibles, a rapaza que che gusta, é a rapaza do xefe. Outro guión asombroso, onde cada elemento conta.
É moi complicado resumir o que representa o apartamento polo senfin de gags, de diálogos con dobre sentido, de chistes sumerxidos e de situacións delirantes que presenta. Quizais a frase de resumo é o "toque Lubitch" esta presenta un dos máis gloriosos.
Por describir dalgún xeito o que é o "toque Lubitch" podemos esplicalo dun modo sinxelo en varios pasos: 1.Darlle ó espectador máis información da que ten o protagonista. 2.Concentrar esa información nun elemento ou acción. 3. Chegar ó momento no que (sin que sexa explicado) por medio de ese obxeto ou acción o protagonista decátase desa información que el non tiña pero o espectador si. 4. O espectador é consciente de que o protagonista se acaba de enterar desa información que o protagonista descoñecía pero que xa era coñecida polo espectador.
Neste filme, todos estes puntos se concentran nun espello de man que remata significando que Shirley McLaine se está deitando con Fred McMurray ou o que é o mesmo o xefe de Jack Lemon (o noso prota). Facer esto é algo que queda só para o alcance dos xenios.
E non me extendo máis nas alabanzas aínda que as merece todas. Quizais sinalar como apunte final que tódolos actores están fantásticos, que Wilder luciuse na dirección e que AMO a Shirley McLaine!!!!
Nota: 9,9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)