Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 08 de Decembro de 2005

Ser o no ser

Facédeo como faría Lubitsch.



Título Orixinal: To be or not to be
Ano: 1942
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Ernst Lubitsch
Guión: Ernst Lubitsch, Edwin Justus Mayer
Interpretes: Carole Lombard, Jack Benny, Robert Stack, Stanley Ridges, Felix Bressart, Lionel Atwill, Sig Rumann, Tom Dugan, Charles Halton, George Lynn
Producción: Ernst Lubitsch
Producción Executiva: Alexander Korda
Fotografía: Rudolph Maté
Dirección Artística: Julia Heron
Deseño de Producción: Vincent Korda
Música: Werner R. Heymann
Montaxe: Dorothy Spencer

Sinopse: Segunda Guerra Mundial. Varsovia, durante a ocupación alemana. O profesor Siletsky, un espía ó servicio da Xestapo, está a punto de entregar unha lista co nome dos colaboradores da resistencia. Joseph Tura, actor polaco intérprete de Hamlet e esposo de María Tura, tamén actriz, intentará solucionar esta peligrosa situación e, coa axuda dos actores da sua compañía, farase pasar sucesivas veces polo cruel coronel Erhardt e por Siletsky para entrar no cuartel xeral das SS.

Comentario:
1942. To be or not to be. Dirixe Ernst Lubitsch. Pois eso, remito ó cartel que tiña Billy Wilder no seu estudio no que poñía "Facédeo como faría Lubitsch", pois eso, eu tamén vou poñer un deses enmarcados no meu lugar de traballo por aquelo da idolatría absoluta deste home.
Noi sei como comentar un filme que comeza con Hitler paseándose alegremente por rúas polacas nos inicios da 2ª guerra mundial. A situación xa de inicio é surrealista e rematadamente cómica. Eso é o mellor de Lubitsch, a súa capacidade para o humor que non ten límites e que é capaz de crear situacións absolutamente cómicas das situacións máis dramáticas.
Despois descubrimos que aquel Hitler é parte do elenco dunha compañía teatral que está a preparar a obra "Gestapo" pero atópase coa guerra así que teñen que renunciar a esta obra para representar "Hamlet". Só este breve apunte xa causa gracia.
E a continuación o "toque Lubitsch" que dou orixe ó termo en si, dado a extención do monólogo de Hamlet, cada vez que o actor protagonista pronuncia a frase "ser ou non ser" é a marca para que un dos espectadores se deite coa súa muller mentres dura o monólogo.
Adorámoste mestre e necesitámoste. Hoxe en día non hai ninguén que faga un humor como o de Lubitsch, tan intelixente como comprensible e sobre todo con tan poucos prexuízos e sen a tan extendida autocensura.
E desde logo non podemos deixar de lado a súa capacidade para dirixir actores neste caso Jack Benny e Carole Lombard que morría nun accidente aéreo pouco despois da rodaxe.
E tamén como non o guión, que é o que remata marcando as diferencias moitas veces entre o grande cinema clásico e o actual. Neste caso, parte dunha idea do propio Lubitsch escrita por un xenial Edwin Justus Mayer.
Canto talento emigrado ós EE.UU.!!!

Nota: 10

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009