Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 11 de Decembro de 2005
Teño que confesar que me estou a divertir bastante coa historia do Ranking, así que agardo que se sigan a enviar listas. Os que xa mandáchedes a vosa, convencede a alguén para que faga unha :)
Para que nos divirtamos todos, ou cando menos para satisfacer curiosidades, vou comezar a dar algún dato. De momento foron puntuadas 556 películas, non está mal. E non vou dicir cales mandan senón as 50 que están a piques de entrar nas 100 favoritas pero que polo momento non entran no Top. Aí as van:
101. A chaqueta metálica. 102. Gatopardo. 103. Historias de Filadelfia. 104. En construcción. 105. Un dos nosos. 106. Elisa, miña vida. 107. Un, dous, tres. 108. O baile dos vampiros. 109. Rocco e os seus irmáns. 110. 1984. 111. Quen teme a Virginia Wolf?. 112. Cinema Paradiso. 113. O oso Vermello. 114. O home elefante. 115. A dilixencia. 116. Adeus á miña concubina. 117. Exotica. 118. Thelma & Louis. 119. A dama de Shangai. 120. Farenheit 451. 121. A Pegada. 122. Que foi de Baby Jane? 123. Veludo azul. 124. Bowling for Columbine. 125. Horizontes de grandeza. 126. O Gabinete do Doutor Caligari. 127. Arsénico por compaixón. 128. Cantando baixo a choiva. 129. Manhatan. 130. Cabaret. 131. Casablanca. 132. Morte entre as flores. 133. Primeira plana. 134. Chinatown. 135. Dogville. 136. Gato negro, gato blanco. 137. Era unha vez en América. 138. Misterioso asasinato en Manhatan. 139. O espíritu da colmea. 140. As pontes de Madison. 141. Magnolia. 142. Non Amarás. 143. Que fermoso é vivir!. 144. O quimérico inquilino. 145. O soño eterno. 146. A raíña de África. 147. O Cazador. 148. Vacas. 149. O resplandor. 150. Annie Hall. 151. Johny colleu o seu fusil.
Estas son as que de momento non entran no top pero están preto. Moito nivel o que se queda fora. Daremos cumpridas novas do ranking nos vindeiros días. Mentres tanto podedes opinar que vos parece como vai a cousa.
Saudos :)
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)