Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 19 de Xaneiro de 2006
Publicado en Galicia Hoxe
NUN FUTURO INCERTO
A sombra de Pérez Varela e de Dygra complícalle a Manolo González a conquista do CGAI
Redacción. Santiago
Imprimir
A situación parecía pechada. O CGAI, despois de moitas indecisións, ía permanecer baixo a éxida de Fernando Salgado. A estratexia, no seu día descrita por este periódico, segundo a cal Manolo González e Pepe Coira, os dous responsables da política audiovisual...
... durante boa parte do mandato de Manuel Fraga, quedarían respectivamente á fronte do CGAI e do Consorcio Audiovisual ficou freada cando ambas as dúas forzas políticas, BNG e PSOE, reflexionaron sobre o estraño papel de González durante a campaña electoral, como argalleiro, ó mesmo tempo, dos programas de ambos os dous partidos. Pero nos últimos días, de maneira sorprendente, o nome de González volve barallarse para a dirección do CGAI.
Sobre Manolo González pesa como un lastre o discurso de despedida do conselleiro Pérez Varela, durante o acto de presentación do libro Rodado en Galicia. Naquela ocasión, ante máis de cen convidados, Pérez Varela recoñeceu de maneira individualizada a Manolo González como o home que máis fixera polo éxito da política audiovisual deses 16 anos.
Na medida en que PSOE e BNG viñeron criticando esa política de Pérez Varela, en especial no referente ás súas subvencións, a situación de Manolo Gonzalez fíxose pouco menos que insostible.
González, ata hai uns meses directivo da produtora coruñesa Dygra, sería, a partir do próximo xaneiro, o responsable da repartición das axudas ó audiovisual desde a Consellería de Cultura. Súa sería a decisión sobre subvencións –por un valor aproximado de 5 millóns de euros– para distintas iniciativas, entre outras as desenvolvidas por el mesmo no seu recente paso por Dygra.
Daríase así a circunstancia paradoxal de que as axudas á produción audiovosual da Xunta estarían controladas por quen tivo ata este mesmo ano intereses directos nunha produtora determinada. Manolo González foi, ata os días anteriores ó seu nomeamento como asesor para o audiovisual da Consellería de Cultura, director de desenvolvemento de Dygra.
Esa acumulación de circunstancias, o seu protagonismo na etapa de Fraga e Pérez Varela, o seu papel de axente dobre electoral con PSOE e BNG na campaña de xuño e os seus intereses persoais no mundo audiovisual levaron a que tanto o PSOE como a propia UPG fixesen ver a súa desconfianza na figura de González como idónea para o cargo do CGAI. E aí foi decisiva a intervención de Fernando Salgado na súa decisión de retomar a institución.
Un centro a pleno rendemento
Alleo a esa anormal interinidade, o CGAI veu desenvolvendo o seu labor con plena normalidade. A cesión á Xunta de Galicia do patrimonio audiovosual de Julio Cortázar, que se logrou este mesmo mes e motivou a viaxe do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a Madrid, supuxo un logro de valor resaltado por todos os medios en Galicia e no Estado español. De feito, o traballo do equipo actual do CGAI recibiu unha opinión positiva das institucións representativas do audiovisual en Galicia e en Madrid. O estupor creado por esta conxelación nos nomeamentos relaciónase coas presións persoais que Manolo González podería estar a exercer sobre altos cargos do PSOE coruñés.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (2) | Referencias (2)
Que pila de lixo. Comentarios malintencionados e unha estraña concepción do que son as relacións causa-efecto. E logo, claro está, os imbéciles integristas de todas as faccións políticas. Non saio da miña perplexida vendo ata onde pode chegar a estupidez humana.
Nilde | 19-01-2006 15:29:32
Fagot | 19-01-2006 21:20:52
URL para referencias o trackbacks
Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:43
[...] A sobra de Pérez Varela complícalle a Manolo González a conquista do CGAI
Manolo Gonzalez ten case perdida a batalla polo CGAI
Mutismo en el audiovisual
Despois de ler todo esto o único que vexo claro é que Manolo Gonzalez é o que meno [...]
E esto como se come? | 2006-03-07 13:30:50
[...] A sombra de Pérez Varela sobre Manolo González
Manolo González ten perdida a batalla polo CGAI
O CGAI almacenará o legado cinematográfico de Cortazar.
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (0)
Coment [...]